A Pobra do Caramiñal: presentación de Cando o mundo é azul, de Óscar Reboiras Loureiro

Desde Galaxia:
“O venres 30 de maio, ás 12h00, celebrarase, no Auditorio da Biblioteca Victoriano García Martí, na Pobra do Caramiñal, o acto de presentación da obra Cando o mundo é azul, de Óscar Reboiras, gañadora do VII Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro 2024.
No acto participarán Patricia Lojo, concelleira de Cultura da Pobra do Caramiñal; Marcos Calveiro, director de edicións de Editorial Galaxia; Chus Blanco, presidenta da Asociación Cultural Barbantia; e o propio autor, Óscar Reboiras.
A presentación contará coa asistencia do alumnado de 5º de Primaria do CEIP Salustiano Rey Eiras, que terá a oportunidade de coñecer de primeira man unha historia chea de maxia e tenrura.”

“Manuel Rivas: No confín, a boca da literatura”, por María López Sández

Na páxina web da AELG pode consultarse o traballo divulgativo Manuel Rivas: No confín, a boca da literatura, elaborado por María López Sández, con versións en galego e inglés, que contou coa colaboración de CEDRO. Pode descargarse e lerse libremente nesta ligazón.