Arquivo da categoría: Narrativa
A Coruña: presentación de Soño de infancia, de Moncho Rouco
Moaña: charla-encontro con Francisco Castro, arredor de Tes ata as 10
Monterroso: II Feira do Disco e do Libro Galego
Toda a información aquí.
Coiro, Cangas: Conversando con… Xosé Vázquez Pintor
O
venres 17 de marzo, ás 20:15 horas, no Centro Cultural de Coiro (Cangas), a Asociación Cultural Cacarexo organiza Conversando con… Xosé Vázquez Pintor, arredor da súa vida e obra, dentro do ciclo Venres Culturais.
Marín: presentación de Os nenos da varíola, de María Solar
Sabela González publica a terceira entrega de As crónicas de Landereina
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“As crónicas de Landereina. Libro III: Sangue de Lúa é a terceira entrega da saga fantástica que asina Sabela González. Coa apócema da destrución da Pedra de Lúa nas mans de Berenguela e Güenaela, a escritora Sabela González retoma as aventuras destas dúas veciñas de Landereina, que agora deben escapar da illa dos sabios para volver á capital do reino e rescatar o príncipe Ohn, onde a traidora segue a gañar terreo aterrorizando a todos co seu goberno tiránico. Pode accederse á entrevista aquí.”
Xosé Ramón Mariño Ferro, antropólogo, autor de Autobiografía dun labrego
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“O profesor de Antropoloxía Cultural da Universidade de Santiago de Compostela, Xosé Ramón Mariño Ferro, visita o programa para falar do seu libro Autobiografía dun labrego. Estudo novelado de Antropoloxía. Trátase do relato real da vida dun campesiño desde o seu propio punto de vista. Este innovador formato permítelle ao lector descubrir os costumes e cultura popular de Galicia en eidos coma o noivado, o sexo, o casamento, a morte, as aparicións ou a enfermidade. Pode accederse á entrevista aquí.”
Vigo: presentación de 4 xinetes, de Anxo Fariña
O
xoves 16 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Libro de Vigo (Rúa Velázquez Moreno, 27), terá lugar a presentació do libro 4 xinetes, de Anxo Fariña, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participa Anaír Rodríguez. Haberá unha sorpresa doce de “La Artesa. Pastelería creativa” e uns agasallos para as persoas asistentes.






