Pontevedra: comeza o Salón do Libro

O venres 10 de marzo comeza o Salón do Libro de Pontevedra 2017, que se celebra no Pazo da Cultura, cos seguintes horarios: de luns a venres, de 17:00 a 20:00 h., e sábados, domingos e festivos, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h.

O propio venres 10 terá lugar o seguinte acto destacado dentro do seu programa:
– 19:30 h. Presentación do libro Escaquis e Romeu, de Antonio Manuel Fraga e Jacobo Fernández Serrano.

E o domingo 12:
– 13:00 h. Sinatura de libros de Ledicia Costas. Cos ilustradores: Andrés Meixide, Óscar Villán e Víctor Rivas.

Mondariz: presentación de Aníbal e a Pintora, de Xabier Paz

O venres 10 de marzo, ás 20:00 horas, na Biblioteca Municipal de Mondariz (Rúa Meuroces, s/n), terá lugar a presentación da novela Aníbal e a Pintora, de Xabier Paz, publicada por Xerais. No acto, xunto ao autor, participa Isabel Blanco.

Tabela dos Libros de marzo de 2017, por Armando Requeixo

Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Co primeiro luns do mes, chega a nova Tabela dos Libros que ofrece a lista de títulos que Francisco Martínez Bouzas, Inma Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas e eu estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas.”

Lugo: presentación de A dúbida, de María Reimóndez

O luns 6 de marzo, ás 19:30 horas, na Libraría Trama (Avenida da Coruña, 21), de Lugo, terá lugar a presentación do libro A dúbida, de María Reimóndez, publicado en Xerais. No acto acompañan á autora Noelia Darriba e Naiara González, educadoras sociais de AtalaiA.