O
venres 13 de setembro, ás 20:00 horas, na Libraría Biblos (Rúa Santiago, 4) de Betanzos, preséntase As Crónicas de Bran (I). A revolta dos Mestres, de Xosé Duncan, publicado por Contos Estraños. No acto, xunto ao autor, participa Tucho Calvo.
Arquivo da categoría: Narrativa
Betanzos: presentación de A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval
O
mércores 11 de setembro, ás 20:00 horas, na Libraría Biblos (Rúa Santiago, 4) de Betanzos, preséntase a novela A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval, publicada en Xerais. No acto participa, xunto ao autor, Xabier López.
A Coruña: obradoiro De literatura e outras artes, impartido por Dores Tembrás
Desde
o blogue de Dores Tembrás:
“Arrinca este outono, dentro do programa de lecer do Ágora, un curso que leva por título: De literatura e outras artes.
Había tempo que quería traballar neste sentido. Prestar atención ao contacto de determinadas obras da literatura universal con outras disciplinas artísticas como cine, pintura, arquitectura… Coido que dita conexión permite contextualizar a palabra e aprofundar nas características que singularizan determinados movimentos. O que me interesa é reparar nos fíos, máis ou menos explícitos, entre disciplinas.
Como dialogan a literatura e outras manifestacións da vangarda histórica? Cal é a relación entre o personaxe de Ana Karenina de Dostoievski e a protagonista da última adaptación que se levou ao cine? E entre De sobremesa e a pintura prerrafaelita? Ou entre a cerámica de Sargadelos e a obra de Luís Seoane?
Dende clásicos do século XIX, pasando pola vangarda, ata autores recén publicados, o percorrido sinalará conversas, apuntará fontes comúns e espazos transitados pola interdisciplinaridade.
O prazo de matrícula será os días: 9, 10 e 11 de setembro na conserxería do Ágora (9:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00 h.).”
Betanzos: presentación de Infiltrados, de Alfonso Eiré
O
venres 6 de setembro, ás 20:00 horas, na Libraría Biblos de Betanzos (Rúa Santiago, 4), preséntase Infiltrados, de Alfonso Eiré, publicado por Biblos Clube. No acto, xunto ao autor, participa Tucho Calvo.
O sábado 7 de setembro, ás 12:30 horas, presentarase o libro Nicomedes, o Pelado, de Pinto & Chinto, publicado en Kalandraka.
Marina Mayoral: “Sempre estou en Brétema“
Entrevista
de Ramón Nicolás a Marina Mayoral en Qué Leer, desde o seu blogue, Caderno da crítica:
“A última proposta da escritora de Mondoñedo, polo de agora editada só en lingua galega, é O anxo de Eva (Xerais). Falamos sobre este libro e a súa traxectoria literaria. (…)
– Ramón Nicolás (RN): Dende os seus comezos literarios alternou o uso do galego e o castelán. Que proceso o conduce a escoller un ou outro idioma para escribir?
– Marina Mayoral (MM): Eu vivín nunha familia na que o meu pai era castelán, de Toledo, e a miña nai e a miña avoa eran galegas e, naturalmente, entre elas falaban entre elas en galego. Eu vivín con naturalidade esta duplicidade, aínda que a miña nai me falaba sempre en castelán polas convencións sociais daquela época. Para min, así pois, o natural é escribir nas dúas linguas. (…)
– RN: A presenza de narradoras na literatura galega contemporánea é moi estimable, ao meu xuízo, en calidade e cantidade… vostede, que foi pioneira neste ámbito, como valora esta realidade?
– MM: Ao meu parecer o movemento das mulleres é imparable. Eu creo que non é algo específico de Galicia: é un movemento universal, somos o último movemento emerxente. As mulleres, como colectivo que estivo moi reprimido durante moitos anos, toman conciencia delas mesmas.
Vigo: VIII Ciclo de mesas redondas Escritoras/es na Universidade: Unha outra literatura para un outro tempo
Do
26 de setembro ao 7 de novembro terá lugar o VIII Ciclo de mesas redondas Escritoras/es na Universidade, baixo o título de Unha outra literatura para un outro tempo, actividade da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a colaboración da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.
Terá lugar a partir das 12:00 horas dos días sinalados, no Salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución.
26 de setembro. Narrativa.
– Ser ou non ser posmoderno? As oportunidades perdidas e os ciclos pechados. Con Alberto Lema e Samuel Solleiro.
Sobre a relación coa posmodernidade.
3 de outubro. Poesía.
– Furia estratéxica para un tempo salvaxe? Precariedade e poesía. Con Berta Dávila e Gonzalo Hermo.
Da incidencia da situación económica e política no modo en como se concibe o discurso poético.
7 de novembro. Teatro.
– Teatro impuro para tempos bastardos. Con Antía Otero e Vanesa Sotelo.
Sobre o hibridismo de linguaxes nas novas tendencias escénicas.
Manuscritos: Xosé Neira Vilas (III)
Desde o blogue Caderno da crítica, de Ramón Nicolás.
João Tordo: “Tenho a sensação de em Portugal termos estado sempre à rasca”
Entrevista
a João Tordo en Sermos Galiza:
“João Tordo (Lisboa, 1975) é, junto com José Luís Peixoto, Valter Hugo Mãe ou Gonçalo M. Tavares, um dos seletos galardoados com o Prémio Literário José Saramago, que obteve em 2009 pelo seu terceiro romance: As três vidas. O último saiu do prelo este mesmo ano com o título O ano sabático. Mais o autor não descansa: desfruta com o seu trabalho na residência literária da editora Axóuxere em Leiro (Rianxo). O Concelho de Rianxo cofinanciou o ateliê de escrita criativa que ministrou a semana passada. (…)
– Sermos Galiza (SG): Que é então escrever em Rianxo?
– João Tordo (JT): É ótimo. Escrevo umas seis horas ao dia. Esta é uma casa bonita, cheia de livros e de coisas antigas… Tenho calma contínua e poucas distrações.
– SG: Você tem tido residências literárias em Nova York ou Montreal, por quê elegeu agora Galiza?
– JT: Eu já estivera algumas vezes na Galiza. Parte do meu novo romance, cuxo protagonista é um galego, estará ambientado em Pontevedra, Santiago de Compostela e Brión (Rianxo).
– SG: Por quê um galego?
– JT: Porque para mim um galego é um português com acento. E porque Galiza me tem inspirado.”
Manuel Veiga: “A miña novela é a memoria dos que nos fixemos adultos na Transición”
Entrevista
a Manuel Veiga en La Voz de Galicia, desde Xerais:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): ¿Que supón este libro [Os xornalistas utópicos] no conxunto da súa obra?
– Manuel Veiga (MV): A visión do autor con respecto aos seus libros é máis subxectiva e tamén máis arriscada, pero creo que esta é a miña obra máis elaborada e a que máis satisfeito me deixou ata agora. A fin de contas, escribir non deixa de ser un oficio e como en todos os oficios, cos anos aprendes a profundizar e a facer mellor as cousas, e creo que iso se nota nesta novela. Espero que sexa un salto na miña obra, por dicilo así. (…)”
Betanzos: presentación de Todos os días, de Alberto Ramos
O
venres 30 de agosto, ás 20:00 horas, na Libraría Biblos (Rúa Santiago, 4) de Betanzos, preséntase a novela Todos os días, de Alberto Ramos, publicada en Sotelo Blanco. No acto, xunto ao autor, participan David Lombao e Ánxela Gracián.


