A
novela infantil Palabras de auga, de Marcos Calveiro, Premio Merlín de Literatura Infantil 2012, acaba de ser incluído nas Listas de Honra do IBBY, entre os nove libros que presentou á selección a OEPLI (Organización Española para el Libro Infanil y Juvenil).
Arquivo da categoría: Narrativa
Betanzos: presentación de Bícame, Frank, de Miguel Anxo Fernández
O
martes 27 de agosto, ás 20:00 horas, na Libraría Biblos (Rúa Santiago, 4) de Betanzos, preséntase a nova novela de Miguel Anxo Fernández, Bícame, Frank, publicada en Galaxia. No acto, xunto ao autor, participa Raúl Veiga.
Carballo: actividades do sábado 24 e domingo 25 na Praza dos Libros
Finaliza
esta nova edición da Praza dos Libros, organizada polo Concello de Carballo, que terá lugar no Xardín Municipal neste fin de semana, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h. Dentro dos actos previstos destacamos os seguintes para cada día:
Sábado 24
– 19:30 h. Presentación de Viaxe polo corazón de Bergantiños, de Xosé Pumar Gándara, publicado por Embora. No acto, xunto ao autor, participan Miguel Toval, Xosé Manuel Varela e Evaristo Domínguez
– 20:30 h. Presentación, recital poético e concerto musical de Versus, coa participación, entre outros, de Antón Borrazás, Miguel Queipo e Óscar de Souto.
Domingo 25
– 12:00 h. Manuel Rivas asinará exemplares de As voces baixas e do resto das súas obras.
– 18:00 h. Xosé Neira Vilas presenta os seus libros Cancela aberta, publicado por Xerais e Aquel neno, publicado por Embora. Xunto co autor, participarán no acto Manuel Bragado e Miguel Toval.
– 20:00 h. Presentación e concerto de Rosalía pequeniña, de Uxía, publicado en Galaxia, coa participación, xunto á súa autora, de Samira Remuiñán, Xan Remuiñán e Rosalía Fernández Rial.
Monforte: presentacións do sábado 24 na Feira do Libro
O
sábado 24 de agosto finaliza a Feira do Libro de Monforte (na rúa Cardeal, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas). Dentro dos actos programados, destacan as seguintes presentacións:
– 20:00 h. Presentación de As pontes do Ego Sum, de José Manuel Ledo Santiso, publicado por Ir Indo.
– 21:00 h. Presentación de libro Nada se esquece, de Puri Ameixide, publicado por Redelibros.
Xabier López López achégase en 1989 á novela xeracional
Entrevista
de Xesús Fraga a Xabier López en La Voz de Galicia:
“A finais da pasada década dos 80 por Bergondo correuse a voz da inminente chegada dun home de negocios xaponés disposto a investir na industria da xoiería do concello coruñés. Aínda que non sabe como concluíu aquela historia, a anécdota quedou no maxín do escritor Xabier López López, daquela un adolescente, ata agroma agora como punto de partida do seu libro 1989 (Biblos).
A novela regresa a aquel ano para tecer coas narracións en primeira persoa dos seus cinco personaxes principais unha historia na que conflúen o individual e o colectivo. Trátase dun adolescente, un bibliotecario, un sindicalista, a dona dunha pensión e unha figura que o autor define como un clochard ou bufón. De idades e con experiencias distintas, comparten a pertenza a un momento que une ás xeracións: a transformación dun mundo coñecido noutro novo. «A historia transcorre ao longo de 15 días de decembro de 1989», describe Xabier López: a caída do muro de Berlín e a de Ceaucescu en Romanía sinalan a desaparición da URSS e a ideoloxía do «socialismo real». «É a primeira vez que escribo sobre algo que me resulta tan próximo», admite López, referíndose tanto ao tempo como ao espazo. 1989 está ambientada en O Vilar, unha vila ficticia que toma elementos de Bergondo e Betanzos, que o escritor coñece ben, xa que naceu no primeiro e reside no segundo, onde ademais foi concelleiro.
A historia está narrada en clave de comedia, aínda que López cita a Celestino Fernández de la Vega -«o humor é froito da desesperación»- para advertir de que 1989 tamén contén «algunhas cargas de profundidade» que tamén poden ter unha lectura actual. «Fálase moito da xente que deixou os estudos por un traballo na construción, pero en Bergondo iso tamén pasara con moitos mozos que cambiaran o instituto polos obradoiros de xoiería», lembra. (…)”
Monforte: presentación de Os xornalistas utópicos, de Manuel Veiga
O
venres 23 de agosto prosegue a Feira do Libro de Monforte (na rúa Cardeal, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas), coa presentación, a partir das 20:00 horas, do libro Os xornalistas utópicos, de Manuel Veiga, publicado en Xerais. Xunto ao autor, participan no acto César Lorenzo e Manuel Bragado.
Gondomar: curso de creación literaria impartido por Elvira Riveiro
“Dende
o Instituto de Estudos Miñoranos andamos a darlle voltas a novas iniciativas culturais para ofrecerllas ás persoas asociadas ou non, na nosa teima de potenciar, divulgar e participar na creación da cultura de noso. Andamos agora a argallar varios cursos dos que vos iremos informando sucesivamente. Para comezar pretendemos darlle forma a un Curso de Creación Literaria (poesía e prosa) que se desenvolvería os xoves de 18:30 a 19:30 horas na nosa sede (Aula de Cultura Ponte de Rosas, situada en Avda da Feira,nº 10 (Gondomar).
O curso empezaría o xoves 19 de setembro, cunha duración de 8 sesións.
O custo da matrícula sería de 20 euros e admitiríase un máximo de 25 participantes.
O curso sería impartido pola escritora Elvira Riveiro.Xa que logo, animámosvos a reservar praza canto antes mediante correo a oficina@minhor.org, chamada telefónica ao 986360575 (luns a venres de 18:00 a 22:00 horas), ou persoalmente na sede en horario de 18:00 a 22:00 horas.”
Betanzos: presentación de 1989, de Xabier López
O
martes 20 de agosto, ás 20:00 horas, na Libraría Biblos (Rúa Santiago, 4) de Betanzos, preséntase a novela 1989, de Xabier López López, publicada por Biblos Clube. No acto acompaña ao autor Francisco X. Fernández Naval.
Cee: actividades destacadas do sábado 17 e domingo 18 na Feira do Libro
Chega á súa fin a Feira do Libro de Cee, que se celebra na Praza da Constitución (con horarios de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 22:00 horas). Destacamos destes derradeiros días as seguintes actividades literarias:
Sábado 17
– 12:30 h. Diante do Museo Fernando Blanco, presentación da obra A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval, editada por Xerais, que estará acompañado por Víctor Manuel Castiñeira Castro.
Domingo 18
– 12:30 h. Na Praza da Constitución, Un anaquiño de contos con Beatriz Maceda: Man. O alemán de Camelle, e obradoiro de materiais creativos.
Viveiro: actos do xoves 15 na Feira do Libro do 2013
O
xoves 15 de agosto continúa a Feira do Libro de Viveiro (nos Xardíns de Noriega Varela, con horario de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 22:00 horas). Dentro dos actos para ese día, destacan a asinatura de libros, a partir das 19:00 horas, de Olalla Cociña, e a presentación, a partir das 20:30 horas, de Bágoa de Lúa, de Sabela González, publicado en Galaxia, coa presenza da autora, acompañada por Bernardo Penabade. Finaliza a xornada coa presentación de Podería falar de nubes, de Francisco Castiñeira, publicado por Redelibros.
Previamente, o mércores 14, ás 19:30 horas, preséntase o libro-DVD Morreu o demo, acabouse a peseta, publicado por Urco Editora, coa participación de Comba Campoy e Anxo García.