O escritor Xavier Alcalá fará entrega oficialmente á Real Academia Galega de documentación orixinal relativa á súa obra. Será o martes 17 de decembro ás 13:00 horas no segundo andar da sede da Real Academia Galega na Coruña (Rúa Tabernas, 11).
A Real Academia Galega (RAG) e a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) asinaron o 16 de setembro de 2005 un Acordo Marco de Colaboración baseado no común interese na normalización cultural e lingüística de Galiza, procurando unha aplicación práctica do coñecemento da lingua e literatura galegas dentro e fóra das nosas fronteiras.
A filosofía que inspirou o acordo concrétase, entre outras accións, na constitución na propia sede da Real Academia dun Centro de Documentación dos Escritores/as da AELG, con documentación proporcionada pola Asociación, quen á súa vez a recada dos seus propios socios e socias, para pesquisa de investigadores, estudosos e especialistas.
Despois da primeira entrega efectuada pola Aelg o pasado setembro, nesta ocasión será o escritor Xavier Alcalá quen cederá á Real Academia Galega un primeiro conxunto de material relativo á confección das seguintes obras, todas elas ben importantes no noso sistema literario:
1) Tertúlia: Manuscrito e primeiro orixinal a máquina.
2) Alén da desventura: Esquemas e primeira versión con correccións a man.
3) Latitude Austral: Primeira versión con correccións a man.
4) La habana flash: Primeira versión con correccións a man.
5) Nos pagos de Huinca Loo: Primeira versión.
6) Código Morse: esquemas, notas, manuscrito, versión penúltima.
Dado que a Real Academia é depositaria dun importantísimo fondo arquivístico documental dos escritores en lingua galega, a AELG considera esta institución como a mellor garantía de conservación dos arquivos entregados e agradece a súa colaboración.
Será o Presidente da Real Academia Galega, Sr. D. Xosé Ramón Barreiro, quen recibirá a documentación da man do propio Xavier Alcalá e coa presenza do presidente da Aelg, Cesáreo Sánchez Iglesias.
O Consello Directivo da Aelg
«Despois da primeira votación entre as candidaturas presentadas ao Premio Xosé Neira Vilas ao Libro infantil e xuvenil do ano, co que se pretende recoñecer un libro infantil ou xuvenil editado polos membros da AGE e publicado orixinalmente en lingua galega entre o 1 de decembro de 2006 e o 30 de novembro de 2007, resultaron finalistas as seguintes obras: “Minimaladas”, de Carlos López (Edicións Xerais de Galicia), “O único que queda é o amor”, de Agustín Fernández Paz (Edicións Xerais de Galicia) e “Xela volveuse vampira!”, de Fina Casalderrey (Baía Edicións). Trala derradeira votación resultou gañadora EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA por “O único que queda é o amor”, de
«Despois da primeira votación entre as candidaturas presentadas ao Premio Ánxel Casal ao Libro do ano, co que se pretende recoñecer un libro editado polos membros da AGE e publicado orixinalmente en lingua galega entre o 1 de decembro de 2006 e o 30 de novembro de 2007, resultaron finalistas as seguintes obras: “De provincia a nación. Historia do galeguismo político”, de Justo Beramendi (Edicións Xerais de Galicia), “Made in Galiza”, de Séchu Sende (Editorial Galaxia) e “¿Para que serve a Historia de Galicia?”, de José Carlos Bermejo Barrera (Edicións Lóstrego). Trala derradeira votación resultou gañadora EDITORIAL GALAXIA por “Made in Galiza”, de Séchu Sende.» (

