Arquivo da categoría: Obradoiros
Xira chinesa de Yolanda Castaño
Dende
o pasado 1 de agosto e ata o 21 de setembro, Yolanda Castaño encóntrase na China convidada como ‘escritora en residencia’ e participando nun bo número de manifestacións literarias internacionais. Ademais da bolsa concedida polo Home of International Poets como poeta residente no Centro Artístico Shangyuan (Beijing), ao longo dos case dous meses de xira polo país asiático, a poeta compostelano-coruñesa ten xa intervido ou vai intervir en tres festivais de poesía, unha feira do libro, tres universidades e un acto no Instituto Cervantes.
Máis en concreto, do 2 ao 6 deste mes tiña lugar o Forum-Mesa Redonda en Qinghai (xeograficamente situado na meseta tibetana) contando cunha ponencia e lectura de poemas tanto por parte de Castaño como pola doutros autores chegados de Canadá, Sudáfrica, Turquía, Polonia, Quenia, Romanía ou China. O 15 de agosto, a galega facía parte da Noite de Gala Poética celebrada na Feira do Libro de Shanghai, a carón do Premio Nobel de Literatura V. S. Naipaul, os premios Pulitzer americanos Robert Hass e Robert O. Butler ou o húngaro Péter Esterházy. Este vindeiro 1 de setembro, Castaño intervirá na Universidade de Nanjing dentro do Departamento de Lingua e Literatura Españolas, e cara mediados de mes farao na Academia Central de Belas Artes da China. Ademais, do 6 ao 11 de setembro, participará no Festival Poético de Medio Outono en Beijing e Hefei (provincia de Anhui), e do 14 ao 18, no Festival Internacional de Poesía de Pequín –que incluirá intervencións na Universidade Capital Normal de dita cidade e un obradoiro de tradución na Universidade de Beijing. Por último, na sede do Instituto Cervantes da capital do país terá lugar o 17 de setembro a conversa e o recital poético entre Yolanda Castaño e a chinesa Ming Di.
Escola de Escritoræs: Obradoiro en Compostela a cargo de Mario Regueira, desde o 7 de agosto
A escaleira de incendios do verso é
un novo obradoiro de creación literaria da Escola de Escritoræs da AELG, coa colaboración da Biblioteca Pública de Santiago de Compostela “Ánxel Casal” e o patrocinio da Consellaría de Cultura, impartido polo escritor Mario Regueira.
Información básica sobre a actividade.
Contidos
Repasando as distintas fases históricas da poesía (tanto galega como universal), o obradoiro procurará o coñecemento e ampliación dos seus distintos recursos técnicos e expresivos, así como a indagación nas súas posibilidades creativas, mostrando e afondando nas distintas opcións estilísticas que existen.
Preténdese tamén explorar os seus territorios anexos, tanto as concepcións máis vangardistas da arte poética como a relación con outras artes ou formas de expresión.
A idea da escaleira de incendios remite á posibilidade de atopar camiños inesperados e novos, que sirvan tanto para unha fuga de emerxencia como para xogar gañando a rúa pola vía menos pensada.
O obradoiro contará nunha das súas sesións coa presenza dun escritor-a convidado-a, que expoñerá o seu proceso creativo e atenderá as preguntas dos-as participantes.
Lugar, datas e horas
As sesións terán lugar todos os xoves, do 7 de agosto ao 9 de outubro no Salón de Actos da Biblioteca Pública de Santiago de Compostela “Ánxel Casal”.
- No mes de agosto, o horario será de 12:15 a 14:15 horas.
- Nos meses de setembro e outubro as sesións desenvolveranse de 16:30 a 18:30 horas.
Prégase presentarse 10 minutos antes do comezo de cada sesión.
A quen se dirixe
20 prazas para maiores de 16 anos.
Inscrición
O prazo para anotarse comeza o 11 de xullo ás 8:30 h. e remata o 6 de agosto ás 14:00 horas. Os medios para inscribirse son:
- Presencialmente no mostrador de información da Biblioteca en horario de mañá, de 8:30 a 14:15 horas, de luns a venres.
- Por teléfono, chamando ao 881 999 401.
- Por correo electrónico: biblio.publica.santiago@xunta.es.
En ningún caso unha persoa poderá inscribir a outra. Cada comunicación de inscrición debe ser individual.
Unha vez cubertas as 20 prazas, abrirase unha lista de agarda.
A selección dos/as participantes realizarase atendendo unicamente á orde de inscrición. Os/As usuarios/as poden anotarse mediante calquera das tres modalidades, sen que supoña unha preferencia dunha sobre a outra. Só contan o día, hora, minuto e segundo en que se inscriben. A lista de agarda seguirá ese mesmo criterio.
Normas básicas para o correcto funcionamento da actividade
Prégase aos/ás participantes que, en caso de non poder seguir asistindo ás sesións, avisen á Biblioteca coa suficiente antelación para que as vacantes queden cubertas polos inscritos/as na lista de agarda.
Faltas de asistencia
O control realizarase en cada sesión mediente unha folla na que os/as asistentes deben asinar. A finalidade deste control é que, se algunha persoa falta de forma reiterada, outras que estean na listaxe de agarda poidan formar parte do mesmo no seu lugar.
Faltas non xustificadas: O número máximo será de 2 sesións (4 horas). En caso de superar esta cifra, a praza pasará automaticamente á primeira persoa da lista de agarda.
Faltas xustificadas: Non se contabilizarán sempre que estean xustificadas mediante un documento acreditativo (parte de baixa ou informe médico no caso de enfermidade, informe dun/dunha superior en caso de ausencia por motivos laborais, etc.):
a) Faltas xustificadas non consecutivas: Ao chegar á segunda falta xustificada a biblioteca poderá formular ao/á participante no obradoiro a posibilidade de seguir ou de ceder a súa praza (aínda que sexa temporalmente) a algunha persoa na listaxe de agarda. En caso de que o/a participante no obradoiro non ceda a súa praza e volva ausentarse, o seu posto pasará automáticamente á primeira persoa da lista de agarda.
b) Faltas xustificadas consecutivas: Se o/a participante no obradoiro prevé que vai faltar durante máis de dúas sesións seguidas, pode ceder a súa praza temporalmente a outra persoa que estea na listaxe de agarda. O/A participante poderá reincorporarse ao obradoiro tan pronto como saiba que pode asistir ás sesións.
Compostela: aberta a inscrición para o Curso de literatura práctica, impartido por Camilo Franco
A
Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Santiago de Compostela, coa colaboración da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega organiza unha nova edición dos obradoiros de literatura para adultos que veñen realizándose estes últimos anos durante o outono.
Nesta ocasión, o programa, que leva por título Curso de literatura práctica, estará conducido polo escritor Camilo Franco e ofrecerá unha aproximación á literatura a partir de reflexións sobre onde comezan as historias ou a quen debe convencer o escritor ou escritora. Contará tamén coa participación doutros autores convidados.
O curso, gratuíto, componse de dez sesións, os sábados de 11:30 a 13:30 horas, na aula de didáctica do Museo-Fundación Eugenio Granell (praza do Toural) e comeza o 13 de setembro.
A inscrición cómpre facela por correo electrónico, enviando os datos persoais (nome, enderezo e teléfono de contacto) ao Departamento de Lingua Galega (dlg@santiagodecompostela.org). A data límite é o 5 de setembro e o número de prazas, que se asignarán por orde de chegada das inscricións, é de 25.
Ribeira: Curso de escritura creativa impartido por Xabier López Marqués
Desde
a Concellería de Educación de Ribeira proponse a participación nun Curso de escritura creativa, que se desenvolverá do 7 ao 17 de xullo, da man do profesor e poeta Xabier López Marqués. Os datos son os seguintes:
Actividade: Curso de escritura creativa. 24 horas facendo literatura.
Docente: Xabier López Marqués.
Datas: Do 7 ao 17 de xullo.
Horario: De luns a xoves, de 10:00 a 13:00 h.
Lugar: Salón de actos do Centro Cultural Lustres Rivas (R/ Manuel Lustres Rivas, nº 20, 2º) de Ribeira.
Dirixido a: Maiores de 16 anos.
Inscrición: Desde o día 26 de xuño ao 4 de xullo de 2014.
As prazas cubriranse por orde de inscrición (20 máx.)
Descrición da actividade: Curso “práctico” de escritura creativa.
Aprenderase a escribir textos literarios, preferentemente líricos, partindo de presupostos xerais e básicos: Que é Poesía? Que é prosa?
Información e inscrición: normalizacion@riveira.com e teléfono 981835650.
NOTA: A asistencia ao curso é gratuíta.
Pontevedra: festival PontePoética 4, do 27 ao 29 de xuño
Compostela: obradoiro de creación literaria con Luz Fandiño
Compostela: obradoiro de creación literaria da A. C. O Galo, con Marica Campo
Boiro: IV Romaría das Letras no Barbanza
Compostela: XI Curso de Formación Continua: Movementos migratorios na Literatura Infantil e Xuvenil. Visións do feminino, do 1 ao 4 de xullo
O
presente curso ten como finalidade formar e informar sobre a evolución das Literaturas Infantís e Xuvenís do marco ibérico e iberoamericano. Esta formación está xeralmente excluída, ou pouco ofertada, nos planos de estudo de licenciaturas, diplomaturas e graos, malia a súa transcendencia en ámbitos básicos como a formación e comprensión lectora e escrita. Analízanse estas literaturas desde un enfoque comparativo para dar a coñecer que axentes literarios se presentan máis débiles en cada ámbito lingüístico, as narracións visuais a partir da ilustración que axuda ou complementa a narración textual e a súa influencia na innovación educativa, tendo en conta sempre as visións do feminino para contribuír á non discriminación por cuestións de xénero. O tema específico a tratar é Movementos migratorios na Literatura Infantil e Xuvenil. Visións do feminino.
A AELG colabora neste curso, mediante o patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, coa Universidade de Santiago neste curso.
– Carga lectiva: 30 horas recoñecidas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria como formación permanente do profesorado.
– Datas de realización: Do 1 ao 4 de xullo de 2014.
– Lugar:
– Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Rúa San Roque, 2, Santiago de Compostela). Día 1 de xullo.
– Biblioteca Novacaixagalicia (Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16, Santiago de Compostela). Días 2, 3 e 4 de xullo.
– Requisitos de acceso: Mestres e profesorado de secundaria e bacharelato. Calquera interesado/a no tema.
– Matrícula: Ata o 30 de xuño de 2014. Descargue aquí a folla de inscrición.
– Formalización da inscrición:
– Por correo electrónico: enviar xustificante de pagamento e folla de inscrición ao enderezo: icesecretaria@usc.es
– Por correo postal: Instituto de Ciencias da Educación. Avda. das Ciencias,s/n. Chalé nº 3 Campus Vida. 15782 – Santiago de Compostela
– Prezo: 50 €
– Nº de conta para efectuar o ingreso: BANCO SANTANDER CENTRAL HISPANO, C/C da USC nº: 0049.2584.90.2214002210. Concepto: XI Curso de Formación Movementos migratorios na Literatura Infantil e Xuvenil. Visións do feminino.
– Prazos de pagamento de matrícula: Un único prazo.
– Número de prazas: 150.
Martes 1 de xullo
Lugar: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Rúa San Roque, 2, Santiago de Compostela).
– 9:30-10:30 h. Recollida do material.
– 10:30-11:00 h. Inauguración: Representante da Xunta de Galicia e do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Directora do ICE. Directora do curso e Director da Biblioteca Novacaixagalicia.
– 11:00-12:30 h. Os movementos migratorios na LIX do ámbito castelán. Visións do feminino. Jesús Díaz (ULL. España).
Os movementos migratorios na LIX do ámbito catalán. Visións do feminino. Caterina Valriu (UIB. España).
Os movementos migratorios na LIX do ámbito vasco. Visións do feminino. Mari Jose Olaziregi (UPV. España).
– 12:30-13:00 h. Pausa.
– 13:00-14:00 h. Os movementos migratorios na LIX do ámbito portugués. Visións do feminino. Sara Reis (UMinho. Portugal).
Os movementos migratorios na LIX do ámbito galego. Visións do feminino. Mar Fernández (ICE.USC.CRPIH. España).
– 16:00-17:00 h. Os movementos migratorios na LIX en Brasil. Visións do feminino. Alice Áurea Penteado Martha e Vera Teixeira de Aguiar (PUC. Rio Grande do Sul. Brasil).
Os movementos migratorios na LIX en México. Visións do feminino. Laura Guerrero (UIA.MX.México) e Marta Neira (ICE.USC.EU-CEU-UVigo.CRPIH. España).
– 17:00-18:00 h. Encontro cos escritores Alfredo Gómez Cerdá e Antonio García Teijeiro. Blanca-Ana Roig (ICE.USC.CRPIH. España).
– 18:00-18:30 h. Pausa.
– 18:30-19:30 h. Encontro co escritor António Mota. Sara Reis (UMinho. Portugal).
– 19:30-20:30 h. Presentación do libro Inmigración/Emigración na Literatura Infantil e Xuvenil. Interveñen: Representantes institucionais, Karina Oliveira (Brasil), Manuel Bragado e Blanca-Ana Roig.
Mércores 2 de xullo
Lugar: Biblioteca Novacaixagalicia (Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16, Santiago de Compostela).
– 9:30-10:30 h. Inmigración/emigración a partir das manifestacións artísticas. Visións do feminino. María Jesús Agra e Carmen Franco (USC. España).
– 10:30-11:30 h. Encontro cos escritores galegos Concha Blanco e Rafael Lema. Carmen Ferreira Boo (ICE. USC.EU-CEU.UVigo.CRPIH. España).
– 11:30-12:00 h. Pausa.
– 12:00-14:00 h. Encontro co escritor galego Fran Alonso. Berta Dávila (ICE.USC.CRPIH. España).
– 16:00-18:00 h. Movementos migratorios: unha proposta de traballo nas aulas de primaria e secundaria. Berta Dávila e Eulalia Agrelo (ICE.USC.CRPIH. España).
– 18:00-18:30 h. Pausa.
– 18:30-20:00 h. Taller de creación literaria. Francisco Castro (AELG).
Xoves 3 de xullo
– 10:00-11:30 h. Taller de ilustración de Inés Fernández Mallada. Presenta José María Mesías (UdC. España).
– 11:30-12:00 h. Pausa.
– 12:00-14:00 h. A Literatura infanto-juvenil no Plano Nacional de Leitura em Portugal. Fernando Fraga de Azevedo (UMinho. Portugal).
– 16:30-18:30 h. Innovación educativa a partir da Literatura Infantil e Xuvenil. Unha proposta. Ana María Porto e María Josefa Mosteiro (ICE. USC. España).
– 18:30-19:00 h. Pausa.
– 19:00-20:30 h. Innovación educativa e narrativa visual. Inés Sánchez Díaz-Marta e Iria Méndez Neira (USC. España).
Venres 4 de xullo
– 10:30-12:00 h. Como contar un conto? Celso Fernández Sanmartín.
– 12:00-12:30 h. Pausa.
– 12:30-13:30 h. Clausura: Reitor ou representante do Reitor. Representante da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Directora do ICE. Representante da AELG. Directora do curso.
– 13:30-14:30 h. Avaliación e entrega de certificacións.
Información:
– Universidade de Santiago de Compostela. Instituto de Ciencias da Educación (ICE). Telf. 881814470/881814475/881814478; icesecretaria@usc.es, blanca.roig@usc.es
– Universidade de Vigo/Universidade de Santiago de Compostela. Marta Neira Rodríguez; marta.neirarodriguez@ceu.es, marta.neira@usc.es
– Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG); oficina@aelg.org
– Biblioteca Novacaixagalicia. Telf. 981 59 34 67; bibliofundacion@caixagalicia.es
Colaboran
– Biblioteca Novacaixagalicia.
– Rede Temática “As Literaturas Infantís e Xuvenís do Marco Ibérico e Iberoamericano” (LIXMI).
– Centro de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes (CIPPCE) – USC.
– Asociacións: ANILIJ-ELOS; ELOS-GALICIA; Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC.







