Hoxe remata o ciclo Miradas alleas. Como nos viron, como nos ven, organizado pola Secretaría Xeral de Comunicación. A partir das 19 horas no Casino de Santiago o escritor Xesús Alonso Montero falará da presenza de Galicia na obra de Azorín. Presenta e clausura este primeiro ciclo Fernando Salgado, secretario xeral de Comunicación.
Arquivo da categoría: Palestras
Café literario con Carlos G. Reigosa
Hoxe martes 10 de febreiro ás 19 horas no Casino de Santiago (Santiago de Compostela) o escritor Carlos G. Reigosa mergullarase na obra de Gabriel García Márquez e a súa relación literaria con Galicia nunha nova entrega do ciclo Miradas alleas. Como nos viron, como nos ven. Presentará o acto Arturo Larena, delegado da Axencia Efe en Galicia. A entrada é libre.
Café literario con Juan Carlos Fernández Iglesias
Hoxe luns 9 de febreiro ás 19 horas no Casino de Santiago o ciclo Miradas alleas. Como nos viron, como nos ven revisa a figura do escritor Ernest Hewingway e a súa relación con Galicia da man de Juan Carlos Fernández Iglesias. A entrada é libre.
Café literario con Francisco Fernández Naval
O venres 6 de febreiro ás 19 horas no Casino de Santiago o escritor Francisco Fernández Naval falará sobre Julio Cortázar dentro do ciclo Miradas alleas. Como nos viron, como nos ven. A entrada é libre. O ciclo continuará a semana que vén con cafés literarios a cargo de Juan Carlos Fernández Iglesias, Carlos G. Reigosa e Xesús Alonso Montero.
Ourense: coloquio con Manuel Vicent e Ángel Sánchez Harguindey
Rematan os Encontros Literarios organizados pola Sección de Literatura do Liceo de Ourense cunha conferencia-coloquio que reunirá ao escritor Manuel Vicent e o xornalista Ángel Sánchez Harguindey arredor do tema Relato corto y articulismo. Será mañá venres 6 de febreiro ás oito e cuarto da tarde na Aula de Cultura da entidade, con entrada libre.
Manuel Vicent, escritor e xornalista valenciano, publicou en Alfaguara Tranvía a la Malvarrosa (1994), Jardín de Villa Valeria (1996), Las horas paganas (1998), Son de Mar (Premio Alfaguara 1999), La novia de Matisse (2000), Cuerpos sucesivos (2003) e Verás el cielo abierto (2005). Colaborador habitual do xornal El País, unha escolma dos seus artigos están recollidos en Nadie muere la víspera (2004).
Viajes, fábulas y otras travesías (2006) e Comer y beber a mi manera (2006) son os seus últimos libros publicados.
Ángel Sánchez Harguindey é adxunto á dirección de El País, xornal no que traballou desde a súa fundación, sempre vencellado á área de Cultura e Espectáculos. É autor do libro Memorias de sobremesa. Conversaciones con Rafael Azcona y Manuel Vicent.
Café literario con Fernando Scornik
O xoves 5 de febreiro ás 19 horas no Casino de Santiago o ciclo Miradas alleas. Como nos viron, como nos ven celebra a terceira sesión dos seus “Cafés literarios” coa presenza de Fernando Scornik, que impartirá unha conferencia co título Los intelectuales gallegos que yo conocí en Buenos Aires. A entrada é libre.
A Coruña: conferencia de Jurjo Torres Santomé
Mañá mércores 4 de febreiro o Catedrático de Didáctica e Organización Escolar na Universidade da Coruña Jurjo Torres Santomé participará dentro do ciclo Língua, Literatura e Naçom organizado por O Facho cunha charla titulada A Educaçom em Tempos de Neoliberalismo. Será a partir das 20 horas no local de Fundación Caixa Galicia, no Cantón Grande da Coruña.
Café literario con Víctor Freixanes
O mércores 4 de febreiro ás 19 horas no Casino de Santiago o ciclo Miradas alleas. Como nos viron, como nos ven celebra a segunda sesión dos seus “Cafés literarios” coa presenza de Víctor Freixanes, que falará de Ernesto Sábato. A entrada é libre.

Ourense: conferencia de Bieito Iglesias
Proseguen os “Encontros Literarios” organizados pola Sección de Literatura do Liceo de Ourense. Mañá martes 3 de febreiro ás oito e cuarto da tarde na Aula de Cultura da entidade o escritor galego Bieito Iglesias impartirá a conferencia Conto contado burro aparellado. Os Encontros están patrocinados pola Cátedra Carlos Casares da Universidade de Vigo, financiada pola Vicerrectoría do Campus de Ourense desta Universidade e a Diputación Provincial de Ourense.
Bieito Iglesias Araúxo (Quintián, Coles, 1957). Licenciado en Historia Contemporánea. Profesor de Ensino Secundario en Santiago de Compostela. Colaborador literario en diversas publicacións (La Voz de Galicia, Tempos novos e Dorna). Como tradutor realizou en colaboración con Manuel Vázquez a versión galega da serie de Sherlock Holmes de Arthur Conan Doyle (1995). Como ensaista participou no volume Catro ensaios sobre a esquerda nacionalista (1991). Como narrador ten publicado Luanda (1990), relato policial; Aventura en Nassau (Xerais 1991), contos; Vento de seda (Xerais 1992), novela; Miss Ourense (1994), relatos policiais; Conta os latidos (1995), novela curta; Non sabía que doía tanto, incluído no volume Antoloxía do conto galego de medo (1996); O mellor francés de Barcelona (1999), relatos; A noite das cabras do aire (Xerais 1999), Premio Merlín 1999; A vida apoteósica (Xerais 2001), novela; A historia escríbese de noite (2001), novela, premio García Barros; e os relatos Hotel Arriaga publicado en Materia prima (Xerais 2002) e Momentos decisivos publicado en Longa lingua (Xerais 2002). En 1999 obtivo o premio Ciudad de Salamanca coa novela en castelán Bajo las más bellas estrellas (Algaida 1999).
Ourense: conferencia de José María Merino
O luns 2 de febreiro ás oito e cuarto da tarde na Aula de Cultura, comenza unha nova edición dos “Encontros Literarios” no Liceo de Ourense, organizados pola Sección de Literatura da Entidade, coa conferencia do escritor José María Merino Sánchez “Del cuento popular al cuento literario”. Este Encontros están patrocinados pola Cátedra Carlos Casares da Universidade de Vigo, financiada pola Vicerrectoría do Campus de Ourense desta Universidade e a Diputación Provincial de Ourense. Os Encontros continuarán ao longo da semana e contarán coa participación de Bieito Iglesias (o martes) e Manuel Vicent e Ángel Sánchez Harguindey (o venres).

José María Merino (A Coruña, 1941) residiu durante moitos anos en León e vive en Madrid. Empezou escribindo poesía e deuse a coñecer como narrador en 1976 coa “Novela de Andrés Choz”, libro co que obtivo o Premio “Novelas y Cuentos”. O escorregadizo da identidade, as súas conexións co mito, o soño e a literatura, e moitos elementos da tradición fantástica caracterizan a súa obra narrativa. A sua novela “La orilla oscura” (Alfaguara, 1985) recibiu o “Premio de la Crítica”. Ademáis, recibiu o “Premio Nacional de Literatura Juvenil” (1993), o “Premio Miguel Delibes de Narrativa” (1996) e o “Premio NH” para libros de relatos editados (2003). En Alfaguara ten publicado, entre outros, “Las crónicas mestizas”, un volume que recolle o seus relatos: “50 cuentos y una fábula” (1997), a novela “El heredero” (2003), “Premio Ramón Gómez de la Serna de Narrativa”, os “Cuentos de los días raros” (2004) e os “Cuentos del libro de la noche” (2005). “El lugar sin culpa” levou en 2007 o premio de narrativa “Gonzalo Torrente Ballester” 2006.
Manuel Vicent, escritor e xornalista valenciano, publicou en Alfaguara Tranvía a la Malvarrosa (1994), Jardín de Villa Valeria (1996), Las horas paganas (1998), Son de Mar (Premio Alfaguara 1999), La novia de Matisse (2000), Cuerpos sucesivos (2003) e Verás el cielo abierto (2005). Colaborador habitual do xornal
Viajes, fábulas y otras travesías (2006) e Comer y beber a mi manera (2006) son os seus últimos libros publicados.