Arquivo da categoría: Poesía
O Corgo: recital de poesía, con Ánxela Gracián
A Coruña: presentación de Outra Volta de Rodicio, de Ricardo Seixo
Vieiros, O Courel: recital poético con Séchu Sende e Vicente Reboleiro e exposición fotográfica de Mercedes Vázquez Saavedra
Compostela: presentación de mapa.gal, de Eva Teixeiro
Malpica: Cea das Letras 2023, o 11 de novembro
IX Congreso de Poesía Nova. Novas Voces da Poesía

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) organiza o IX Congreso de Poesía Nova. Novas Voces da Poesía, co apoio da Deputación da Coruña e CEDRO, 24 e 25 de novembro de 2023, no Pazo de Mariñán (Bergondo).
O programa é o seguinte:
Venres 24 de novembro:
– 12.00 Conferencia de prensa na Deputación da Coruña
Tarde
– 16:00 Recepción dos/as congresistas
– 16:15 Inauguración do Congreso
– 16:30 Mesa redonda (grupo de traballo) Os novos públicos da poesía e vínculos con outras artes e soportes
Moderadora: Rosalía Fernández Rial
Relatoras/es: Nuria Vil, Lucía Aldao e O Rabelo
– 18:30 Mesa redonda (grupo de traballo) Edición, profesionalización. Novos camiños?
Moderadora: Antía Otero
Relatoras/es: Berta Dávila, Alba Cid e Brais Lamela
Sábado 25 de novembro
Mañá
– 10:30 Mesa redonda (grupo de traballo) Internacionalización da poesía galega e diálogo con outros sistemas poéticos
Moderador: Eduard Velasco
Relatoras/es: Lara Dopazo Ruibal, Jesús Castro Yáñez e Samuel Solleiro
– 12:30 Mesa redonda (grupo de traballo) Poesía. Unha visión de xénero e identidades
Moderadora: Andrea Nunes Brións
Relatoras/es: Daniel Asorey, Diana Kurich e Ánxela Lema París
Tarde
– 16:30 Mesa redonda (grupo de traballo) Poesía e lingua
Moderadora: Patricia Torrado Queiruga
Relatoras/es: Daniel Irimia Yáñez, Martiño Maseda e Branca Trigo Cabaleiro
– 19.00 Acto poético-musical.
Vigo: presentación de Onde ferve a memoria, de Xavier Rodríguez Baixeras
Vals da lingua, do grupo Crúas, baseado nun poema de Darío Xohán Cabana
Verso a verso con Yolanda Castaño, premio Nacional de poesía 2023: «Estou máis preto da loita das nais críticas que de moitas que deciden non ser nais»
Entrevista de Ana Abelenda a Yolanda Castaño en La Voz de Galicia:
“(…) A poesía de Yolanda Castaño (Santiago, 1977) ten dende o pasado 27 de setembro o Premio Nacional de Poesía 2023 por Materia, pero leva trinta anos levedando como materia rebelde, abrindo e ampliando o campo para o debate social. Falamos coa escritora, cun feixe de versos escollidos deste poemario, da familia, da amizade, da memoria, da maternidade como escolla consciente, como lousa e como renuncia, como sistema desigual contra as mulleres. «A poesía é o xénero menos dogmático, é un xénero que permite crear realidades máis hospitalarias, vivibles», di. «Conciliación, saúde mental e neurodiverxencia» son temas poéticos, amosa a autora que se revelou con Elevar as pálpebras (1995). Materia é unha poldra nese camiño de pedras sobre o río revolto da vida que é a obra de Yolanda Castaño.
«O corpo está neste poemario nun sentido moi amplo. O corpo son tamén os nosos sentidos. Na poesía desactívase a parte máis racional e actívanse a impresión, as sensacións. Á vida e ao traballo enfrontámonos a través do corpo, non de maneira etérea», sinala. Iso enlaza, segue, «coa raíz dalgunhas das nosas preocupacións sociais, como son os coidados e o papel da muller na sociedade e na esfera privada». (…)”






