O 29 de setembro, ás 19:00 horas, no Almacén da Horta das Chas (Corredoira das Fraguas, 37), en Santiago de Compostela, espazo espefísico creado por Chan da Pólvora Editora, Lorena Souto perseguirá a través da súa obra os fíos que nela deita ese nobelo-teima que é a construción e autopercepción do eu.
Arquivo da categoría: Poesía
Bertamiráns: conversas arredor de venecia abandonada, de Eduardo Estévez
Gres, Vila de Cruces: Encontro Literario con Antía Otero
O domingo 25 de setembro ás 17:00 horas, a poeta e editora Antía Otero será a convidada no Encontro Literario, dedicado desta volta á poesía, que terá lugar na Casa do Romano, sede da Fundación Xosé Neira Vilas, en Gres (Vila de Cruces).
Autora de obras como O branco non pinta!, (Retro)visor ou O cuarto das abellas, pertence a unha nova xeración de galegas que veñen destacando na creación poética dos últimos anos. Haberá ocasión de falarmos do proceso creativo, da súa faceta no eido da videopoesía e mesmo da súa amizade con Neira Vilas e Anisia Miranda.
O encontro será conducido por Rosalía Morlán, secretaria da Fundación Xosé Neira Vilas.
Ponte Sampaio: presentación de Auga nómade, de Eva Veiga
As Pontes: conversas arredor de venecia abandonada, de Eduardo Estévez
Cee: presentación de Atlántico Norte, chamádeme Ismael, de Xosé Iglesias
Carballo: lectura poética de Xavier Rodríguez Baixeras
Vigo: encontro arredor de Intimidación
O 22 de setembro, ás 19:30 horas, na sede da Fundación Euseino? (Rúa México, 37, baixo), en Vigo, terá lugar un encontro arredor do poemario Intimidación, do Colectivo Maiakovski, publicado por Edicións Xerais. Con Inma Otero Varela, filósofa e crítica literaria, Fran Alonso, director de Edicións Xerais, e os membros do colectivo. A entrada é libre.







