Mini e Mero falan da musicalidade dos poemas de Manuel María

Desde Mini e Meroo Zig-zag da Televisión de Galicia:
“O programa ZigZag Diario conta coa presenza no estudio dos músicos Xosé Luis Rivas, “Mini”, e Baldomero Iglesias, “Mero”, integrantes de A Quenlla, para falar da súa relación co escritor chairego Manuel María. Eles contribuíron a espallar coa música os versos do autor ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. A entrevista pode verse aquí.”

Sobradelo, Xunqueira de Ambía: programa do III Tangaraño Cultural

III Tangaraño Cultural

Cambados: presentación de Liquidación de existencias e Xeografías do deserto, de Ramón Caride

ORamón Caride venres 13 de maio, ás 20:00 horas, no Pazo Torrado, en Cambados, terá lugar a presentación dos libros Liquidación de existencias, publicado en Xerais, e Xeografías do deserto (libro CD), de Ramón Caride. No acto participan, xunto ao autor, Domingo Tabuyo, María Leyra e Manuel Bragado, e tamén contará coa actuación musical dos participantes en Xeografías do deserto: Ramón Núñez, Sito Suárez e Sara Caride.

Viveiro: charla-coloquio sobre Manuel María, con Xoán Neira e Xosé Lois García

CARTEL_CHARLA MANUEL MARÍAO Seminario de Estudos Terra de Viveiro homenaxea a Manuel María, o venres 13 de maio, ás oito da tarde, no salón multiusos do Concello, cunha charla-coloquio do escritor e amigo seu Xosé Lois García. Seguidamente o propio Xosé Lois García e Xoán Neira recitarán poemas do autor chairego.
O acto, presentado por Carlos Nuevo, rematará coa actuación do coro do Colexio Lois Tobío que, dirixido por Manuel Rodríguez, interpretará pezas (O cuco, O carro… ) do poeta de Outeiro de Rei.

Burela: VI Maratón de Lectura. Manuel María, poeta do pobo

cartel manuel maria buril O Maratón de Lectura de Burela, organizado polo Colectivo Cultural Buril chega este ano á súa sexta edición. Dada a alta participación acadada nas pasadas edicións, así como o interese mostrado por parte das entidades participantes, apostamos por manter esta cita coa lingua e a literatura galega que se vai consolidando ano a ano. Desta volta o Maratón de Lectura será o día 13 de maio, para celebrar Día das Letras Galegas, que este ano están dedicadas ao poeta da Terra Chá Manuel María. A cita terá lugar en Burela, no salón de plenos do Concello, como vén sendo habitual.
O Buril quer sumarse deste xeito aos distintos actos que se desenvolven por todo o país dedicados ao autor chairego. O Maratón de Lectura terá lugar no Salón de plenos do Concello, de 10:00 a 14:00 e horas, e contará coa participación dos centros educativos de primaria e secundaria de Burela.

Pontevedra: Camiño aberto. 100 anos do nacemento de Manuel Lueiro Rey 1916-2016

Lueiro Rey 1Lueiro Rey 2Lueiro Rey 3Lueiro Rey 4

Compostela: presentación de Três Tempos, de Luís Mazás López

ATrês Tempos Luís Mazás quinta feira 12 de maio, ás 20:00 horas, na Ciranda (Rúa Travesa, 7, baixo), en Santiago de Compostela, terá lugar a presentación de Três Tempos, de Luís Mazás López, publicado pola Porta Verde do Sétimo Andar. No acto participan, acompañando ao autor, Iolanda Aldrei e Ramiro Vidal Alvarinho, xunto á música de Miguel Alonso.