Homenaxe poética a María do Carme Kruckenberg, o 7 de xullo, na Feira do Libro de Vigo

DendeMaría do Carme Kruckenberg a Editorial Galaxia infórmannos que se está a organizar unha Homenaxe Poética á nosa compañeira e Socia de Honra, recentemente finada, María do Carme Kruckenberg, no marco dos actos da Feira do Libro de Vigo, concretamente o vindeiro 7 de xullo ás 20:30 h. O acto consistirá na lectura dun texto da autora que cada participante pode libremente escoller.
Para poder organizar as intervencións, agradécese que quen queira participar envíe un correo electrónico a galaxia@editorialgalaxia.com

A Coruña: presentación de Ode à Madison Ivy e outras coisas de meter, de Verónica Martínez Delgado

OVerónica Martínez Delgado 2 venres 12 de xuño, ás 20:00 horas, na Librería Sisargas (Rúa San Roque, 7, baixo) da Coruña, preséntase Ode à Madison Ivy e outras coisas de meter, de Verónica Martínez Delgado, publicado pola Asociación Cultural Caldeirón. No acto participa, xunto á autora, Paco Souto.

Noia: presentación de Remontar o río, de Helena Villar

OHelena Villar venres 12 de xuño, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura Avilés de Taramancos de Noia, preséntase o poemario Remontar o río, de Helena Villar Janeiro. No acto, organizado pola Lanzadeira de Alcor, participa, xunto á autora, Manuel L. Rodríguez.

“Adeus a Chuchi. Á poeta amiga Mª do Carme Kruckenberg no seu pasamento en Vigo”, por Luz Pozo Garza

Never More

A Chuchi e a Cristina

*

Deixounos no silencio
No momento máis íntimo

Entraba o Día das Letras Galegas
onde ela tiña un lugar reservado
despois de tanto amor á súa Terra…

Escribía con paixón da súa cidade
das súas xentes
da inxusta sociedade en que vivía

Quixo arranxar o mundo
e as súas leis

facer un paradiso
dun inverno confuso e insalvable
daquela sociedade conformista

e transformalo todo
noutras mil e unha noites
da pura transparencia
esclarecida…

**

E recollía enigmas
e soidades
nas páxinas alerta
da memoria diaria da cidade
aaaaaaaaaaaaaaaaaaa que amaba

E todos coñecían seu estilo
de admirar as escuras golondrinas
no parque de Castrelos
aaaaa no mirador da Guía
aaaaaaaaaaa ou nas praias do Vao…

A súa voz implacable
nos libros e en directo
poñía resonancias
nas fisuras do tempo

que un astro persoal afianzaba
en liñas de esperanza
aaaaaaaaaaaaaaaa e de futuro…

***

A filla, a única gloria compartida,
Cristina …
aaaaaaaaaaaa estaba lonxe…

nunha distancia
que se resolve en bágoas
en quebranto…

e o corazón de entrambas,
nai e filla,
entraba día a día
na infinita saudade do silencio

saudades que os poemas encubrían
en dramáticas sombras
e ausencias develadas…

Decidiu redactar un testamento
poético. unha lámpada insomne.
un universo intenso. apaixonado.
libérrimo.

un verso roto pero acrisolado:

****

Ti sabes. miña filla:

“que as nais nunca morren
nin se esquecen nunca
se deixan na terra algún fillo bo…”

o corazón á súa filla
entrambas desoladas
ambas feridas

nesa patria de Amor que permanece:

nunca máis añorar
xa estou na Gloria
E ti es a miña Gloria
aa estamos xuntas

e nunca máis penar
aaa nunca máis
aaaa nunca máis

aaaaa Cristina

aaaaa filla miña

aaaaaaa nunca
aaaaaaaa máis

aaaaaaaa Never more…

Luz Pozo Garza
20. Maio-2015