Vigo: Papeis mollados, recital poético de Manuel M. Romón

OManolo Romón venres 14 de novembro, ás 19:30 horas, no Museo do Mar de Galicia (Avenida Atlántida, 160) de Vigo, terá lugar o recital poético Papeis mollados, de Manuel M. Romón, que vai contar co colaboración do músico Suso Cortegoso, no espazo da exposición Océano, de Antón Patiño. Unha proposta que mantén a radicalidade vangardista da lendaria aportación do autor a Rompente, mais vinculada á experimentación das novas linguaxes poéticas.

Madrid: recital poético coa participación de Estíbaliz Espinosa, dentro de Tinta Roja

OEstíbaliz Espinosa 2 mércores 12 de novembro, ás 19:30 horas, na libraría La Central (Callao) de Madrid, terá lugar un recital poético coa participación de Estíbaliz Espinosa e Sofía Castañón, nunha nova edición de Tinta Roja, coordinada por Ana Cibeira. A entrada é libre e gratuíta para o público interesado.

Madrid: presentación de Tántalo, de Yolanda López

OYolanda López xoves 13 de novembro, ás 19:00 horas, na Casa de Galicia de Madrid (C/ Casado del Alisal, 8), terá lugar a presentación de Tántalo, de Yolanda López López. No acto, onde tamén haberá un recital de poesía e música, participan, xunto á autora, Vicente Araguas e Manuel Pereira Valcárcel, acompañados polo guitarrista Pablo Pollo.

Ars dedicandi: Manuel Leiras Pulpeiro

Desde o blogue de Armando Requeixo, Criticalia:
“(…) Agora que andamos a cruzar a data do seu pasamento, deixo aquí a dedicatoria que Leiras Pulpeiro fixo da edición dos célebres Cantares gallegos (1911) ao seu compañeiro de angueiras profesionais, un documento centenario que se mantiña inédito ata o de agora co que Criticalia quere homenaxear a quen, sen dúbida ningunha, ‘amou a Verdade e practicou o Ben’, como nos lembra a súa campa.”

dedicatoria-leiras