A Coruña: recital de Berta Dávila e Alvin Pang no Ciclo Poetas Di(n)versos

OBerta Dávila luns 20 Alvin Pang por Silvestar Vrljicde outubro, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Cultura da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Berta Dávila e o poeta do Singapur Alvin Pang. Máis información aquí: Folleto Di(n)versos outubro 2014.

Lugo: presentación de Transfusión oceánica, de Xosé Iglesias

OXosé Iglesias 2 venres 17 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Biblos de Lugo (Rúa Salvador de Madariaga, 1, Local 4), preséntase Transfusión oceánica, de Xosé Iglesias, publicado pola A. C. Caldeirón. No acto, xunto ao autor, participan Antonio Reigosa e Paco Souto.

Cork, Irlanda: Readings from the periphery, con Marta Dacosta, Isaac Xubín e Harkaitz Cano

Este acontecemento reúne tres escritores de Euskadi e Galiza para falar da importancia de escribir hoxe en día nas chamadas linguas minoritarias. A xornada comezará con dous seminarios sobre aspectos diferentes das literaturas vasca e galega contemporáneas, seguidos dunha lectura de poesía. Organizado polo Centro de Estudos Galegos de Irlanda e o Departamento de español, portugués e estudos americanos latinos, UCC, esta actividade conta coa participación da AELG, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. A admisión ás dúas sesións é libre.

Copy-of-READINGS-36-624x882“O Centro Irlandés de Estudos Galegos da University College Cork organiza o venres 17 de outubro un seminario de investigación sobre literatura galega con Marta Dacosta, titulado Huellas de Rosalía, sobre a influencia de Rosalía na poesía galega e as voces actuais das mulleres na poesía galega: Como son as voces das poetas galegas hoxe en día? Son as estratexias de comunicación coas editoriais as mesmas que as que se utilizaban na época da célebre escritora? A continuación realizarase un seminario sobre literatura vasca con Harkaitz Cano: La literatura vasca: un mapa de los márgenes, ao que seguirá unha lectura de poemas en galego e éuscaro cos poetas Marta Dacosta, Harkaitz Cano e Isaac Xubín na Biblioteca Central de Cork, acompañado por unha recepción con viño.”

Betanzos: recital poético con Manuel Álvarez Torneiro e Luís Rei Núñez

OManuel Álvarez Torneiro xoves 16 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Biblos (Rúa Santiago, 4) de Betanzos, terá lugar un recital poético coa participación de Manuel Álvarez Torneiro e Luís Rei Núñez, quen lerán poemas dos seus libros, publicados en Faktoría K, Os ángulos da brasa e Onde nunca é mañá, e Estrela do norte.

Madrid: recital poético coa participación de Oriana Méndez, dentro de Tinta Roja

OOriana Méndez mércores 15 de outubro, ás 19:30 horas, na libraría La Central (Callao) de Madrid, terá lugar un recital poético coa participación de Oriana Méndez e Noni Benegas, nunha nova edición de Tinta Roja, coordinada por Ana Cibeira. A entrada é libre e gratuíta para o público interesado.

Pontevedra, Vigo e Redondela: Con barqueira e remador

Con barqueira e remadorO Obradoiro Internacional de Tradución Poética Con barqueira e remador reúne na súa terceira edición e durante unha semana na Illa de San Simón, en Redondela, sete recoñecidos poetas e, á vez, tradutores literarios procedentes de diversos países.
Baixo a coordinación de Yolanda Castaño e do vindeiro 13 ao 18 de outubro, Karlis Verdins (Letonia), Katerina Rudcenkova (República Checa), Leire Bilbao (Euskadi), Marilar Aleixandre (nacida en Madrid e cuxa obra literaria desenvolveu en galego), Alvin Pang (Singapur), Catharina Gripenberg (Finlandia) e Cosmin Perta (Romanía) terán oportunidade de compartir un enriquecedor traballo de transvasamento lingüístico dos seus textos aos distintos idiomas presentes no obradoiro, co inglés como lingua vehicular.
O Obradoiro Internacional de Tradución Poética Con barqueira e remador constitúe unha iniciativa pioneira en Galicia, concibida a semellanza das que se realizan noutros países, que se completa cunha programación de actividades abertas a todo o público e gratuítas. A primeira delas terá lugar o 15 de outubro, ás 20:00 horas na Casa das Campás de Pontevedra, onde terá lugar un recital poético multilingüe en colaboración coa AELG e o Concello de Pontevedra, cunha mostra do traballo poético dos autores e autoras do obradoiro como do labor de tradución ao galego durante o proxecto.
Ao día seguinte, ás 13 horas, celebrarase na Facultade de Filoloxía e Tradución de Vigo unha mesa redonda sobre a tradución poética, que se acompañará cun recital. Outra lectura poética, neste caso de cada un dos poetas no seu idioma orixinal xunto coas versións en galego dos textos recitados, poralle o broche de ouro ao obradoiro o venres 17 de outubro, ás 20:00 horas, no Multiúsos da Xunqueira de Redondela.

Nova York: participación en recitais e presentación de Memoria de abril, de Francisco X. Fernández Naval

EntreFrancisco X. Fernández Naval o 15 e o 17 de outubro, en Nova York, Francisco X. Fernández Naval participará en diversos recitais poéticos multilingües. O día 17 tamén se presentará o libro bilingüe galego-castelán Memoria de abril, publicado por Artepoética Press, editado por Teresa Seara. O programa completo pódese descargar aquí: Programa Nova York outubro 2014 Francisco X. Fernández Naval.