Celanova: acto de presentación da edición facsimilar de LF

O xoves 11 de abril, ás 19:00 horas, na Biblioteca do IES Celanova Celso Emilio Ferreiro, preséntase a edición facsimilar de LF, documento de 1939, pertencente ao arquivo familiar de Celso Emilio, do que realizou unha edición limitada a Fundación Celso Emilio Ferreiro en 2012, e que contén as sinaturas de 544 presos do convento de Celanova. O acto, organizado pola Fundación, en colaboración coa Biblioteca do IES e a Coordinadora comarcal ENDL Terra de Celanova – Baixa Limia, ten o seguinte programa:
– Olladas dos homes que ao lonxe espreitan – Xoán Carlos Domínguez Alberte (profesor e escritor).
– A edición de LF. – Luís Ferreiro Loredo (membro da Fundación Celso Emilio Ferreiro).
– Ideas coas que non puideron acabar – Xosé Manuel Cid Fernández (profesor, especialista no maxisterio da Segunda República).
– Poemas musicados de Celso Emilio Ferreiro – voz, Teresa Elvira López Martínez (alumna da ESO do IES Aquis Querquernis – Bande) / piano, Irma Fernández (profesora de música do IES de Celanova).
– Recitado de textos de Celso Emilio Ferreiro – alumnado do IES de Celanova.
– Presentación do logotipo do IES Celanova Celso Emilio Ferreiro, elaborado polo poeta e pintor celanovés Baldo Ramos.
– Letras da Baixa Limia – presentación do audiovisual elaborado por alumnado de Bacharelato do IES Aquis Querquernis (Bande) sobre o patrimonio literario da Baixa Limia.

Ferrol: presentación da banda deseñada Bóveda, un alegato pacifista contra a inxustiza

O mércores 10 de abril, ás 19:00 horas, no Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena, 202-204, Ferrol) preséntase o libro de banda deseñada Bóveda, un alegato pacifista contra a inxustiza, escrito por María Xesús Arias, con debuxos de Carlos Sardiña.

Vigo: presentación de Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez

O luns 8 de abril, ás 20:00 horas, na Libraría Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12) de Vigo, preséntase o libro Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez, publicado en Xerais. No acto, xunto ás autoras, participan Belén Martín e Manuel Bragado.

Aveiro: lectura poética e presentación de Flutuando, de Xavier Frías Conde

A quinta feira 4 de abril, ás 21:30 horas locais, no Biscoito-Atelier Galeria Café de Aveiro (Rua D. Jorge Lencastre, 7), terá lugar unha lectura poética e lanzamento do libro Flutuando, de Xavier Frías Conde, publicado por A Porta Verde do Sétimo Andar, nun acto organizado polo Grupo Poético de Aveiro.

Santiago: presentación de Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez

O mércores 3 de abril, ás 20:00 horas, na Libraría Lila de Lilith (Rúa Travesa, 7) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez, publicado en Xerais. No acto, xunto ás autoras, participan Belén Martín e Manuel Bragado.

A Coruña: presentación de Bandeiras negras, de Ana María Galego Gen

O mércores 3 de abril, ás 12:30 horas, na Libraría Lume (Rúa Fernando Macías, 3), preséntase a obra de Ana María Galego Gen, Bandeiras negras, gañadora do 5º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil-Xuvenil, publicado en Baía Edicións. No acto de presentación, no que se servirá un pequeno almorzo, a autora, que, como gañadora da obra publicada por Baía Edicións na súa colección Meiga Moira, recibirá neste acto 2.500 euros, cantidade coa que está dotado o Premio, tamén intervirá Belén López Vázquez, directora editorial de Baía Edicións, que farán unha aproximación crítica da novela. Deixamos aquí unha foto de dita entrega:

Preséntase o Catálogo de Literatura Infantil e Xuvenil 2013

Desde Cultura Galega:
“A Asociación Galega para o Libro Infantil e Xuvenil, Galix, en colaboración coa Asociación Galega de Editores e mais a Consellaría de Cultura, presentaron o Galician Books for Children & Young Adults 2013. Este catálogo recolle as 144 novidades que tiraron 40 editoras galegas para os máis novos ao longo do pasado ano. O volume, do que se editaron 500 copias e que estará tamén dispoñible na rede, será a carta de presentación das firmas e mais dos autores do país en feiras internacionais como as de Boloña, que se celebra entre os vindeiros días 25 e 28, Bos Aires, Guadalaxara ou Frankfurt, que se reincorpora ao calendario internacinal dos editores galegos, entre outras citas internacionais.
Segundo destacou Francisco Castro, de Galix, o proxecto achega sinopses en tres linguas e ilustracións de cada unha das obras, así como o contacto tanto dos editores como dos autores. Pola súa banda, Manuel Bragado, da Asociación Galega de Editores, destacou a importancia da LIX no mercado galego, que supón o 20% das vendas das editoras, apuntando o éxito internacional do álbum ilustrador e a aposta crecente pola banda deseñada entre os editores do país.”