O
xoves 8 de novembro, ás 21:00 horas, na Casa da Música de Moaña, preséntase o novo poemario de Xosé Daniel Costas, Monicreques, que obtivo o X Premio de poesía Novacaixagalicia. Tras a presentación o autor recitará poemas da obra acompañado da intervención musical da Zalo Carballo e a presenza de Xosé Manuel Millán Otero.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Santiago: presentación de A noiva e o navio, de Susana Sánchez Arins
A
quinta feira 8 de novembro, ás 20:30 horas, na Libraría Lila de Lilith (Rúa Travesa, 7) de Santiago de Compostela, preséntase A noiva e o navio, de Susana Sánchez Arins, publicado por Através Editora.
Pontevedra, Santiago e Vigo: presentacións de Letras de amor e guerra, de Ramiro Vidal Alvarinho
O
xoves 8 de novembro, ás 20:15 horas, na Libraría Paz (Rúa da Peregrina) de Pontevedra, preséntase o libro Letras de amor e guerra, de Ramiro Vidal Alvarinho, publicado polos Cadernos Q de Vian. O sábado 10 de novembro, ás 12:30 horas, fará o propio na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago, e ás 20:30 horas, na Cova dos Ratos (Rúa Romil, 3) de Vigo.
Santiago: presentación de Nântia e a Cabrita d’Ouro, de Concha Rousia
A
cuarta feira 7 de novembro, ás 20:30 horas, na Libraría Lila de Lilith (Rúa Travesa, 7), de Santiago, preséntase Nântia e a Cabrita d’Ouro, de Concha Rousia, publicado en Através Editora. No acto, xunto á autora, participa Marilar Aleixandre.
Santiago: presentación do número 5 da revista Roteiros. Arumes de pensamento crítico
O
mércores 7 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o número 5 da Revista-Anuario de Filosofía Roteiros. Arumes de pensamento crítico, editada por 3C3 Editores e a Asociación Cultural de Pensamento Filosófico. No acto intervirán os profesores e membros do Comité de Redacción Manuel Rivas García e Moisés Lozano Paz, Manuel Dios Diz e X. Amancio Liñares Giraut. O volume con artigos de Manuel Dios Diz, Miguel Á. Martínez Quintanar, Luís G. Soto, Moisés Lozano Paz, Manuel Rivas García, X. Luís Martínez Costas, Gonzalo Navaza e María Bascuas.
Lugo: presentación de Prisciliano e o priscilianismo, coordinado por Victorino Pérez Prieto
Crónica posterior en El Progreso.
Santiago: presentación de A verdadeira historia da mosca da tele, de María Solar
O
martes 6 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, María Solar presenta o seu novo libro, A verdadeira historia da mosca da tele, publicado en Galaxia. No acto estará acompañada polo seu editor, Francisco Castro.
Guitiriz: presentación de Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria, de Francisco Rodríguez
O
sábado 3 de novembro, ás 20:00 horas, na Escola Habanera de Guitiriz, preséntase Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria, de Francisco Rodríguez, publicado pola AS-PG, nun acto organizado pola A. C. Xermolos e a A. C. Rosalía de Castro de Barakaldo, e no que intervirá o propio autor.
Pontevedra: presentación de A boca da galerna, de Xosé María Álvarez Cáccamo
O
mércores 31 de outubro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Casa das Campás (Rúa de Don Filiberto, 9-11) de Pontevedra, preséntase o libro A boca da galerna, de Xosé María Álvarez Cáccamo, publicado en Espiral Maior. No acto, coorganizado polo Ateneo de Pontevedra e a editora, participan, xunto ao autor, Domingos Antom Garcia Fernandes e Miguel Anxo Fernán-Vello.
Lugo: presentación de Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro
O
mércores 31 de outubro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos (Praza de Santo Domingo, 4) de Lugo, a Asociación Cultural Alexandre Bóveda presenta o libro Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario (1912-2012). No acto participan cinco dos seus autores, Carmen Blanco, Darío Xohán Cabana, Ánxeles Penas, Claudio Rodríguez Fer e Alberte Suras.

