Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Santiago: presentación de Xardín de inverno, de Ledicia Costas
O
mércores 18 de xullo, ás 20:30 horas, na Librería Lila de Lilith (Travesa, 7, baixo) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Xardín de inverno, de Ledicia Costas, publicado por Everest Galicia. No acto, xunto á autora, participan Daniel Puente Bello e Montse Pena Presas.
Vigo: presentación de Castelao na luz e na sombra, de Valentín Paz Andrade
O
martes 17 de xullo, ás 20:00 horas, no Museo do Mar de Galicia (Avenida da Atlántida, 160) de Vigo, preséntase a reedición de Castelao na luz e na sombra, de Valentín Paz Andrade, publicado en Galaxia. No acto participan Xesús Vázquez, Alfonso Paz Andrade, Víctor F. Freixanes e Miguel Anxo Seixas Seoane.
Cotobade: proxección-presentación de Dúas letras, de Eloy Varela e Fina Casalderrey
O
venres 13 de xullo, ás 21:00 horas, na sede da Asociación Canón de Pau (Igrexario, Loureiro) de Cotobade, proxectarase a película e presentarase o libro Dúas letras, de Eloy Varela e Fina Casalderrey, publicada en Galaxia.
A Coruña: presentación de Para unha crítica do españolismo, de Camilo Nogueira
O
xoves 12 de xullo, ás 20:00 horas, no Circo de Artesáns (Rúa San Andrés, 36) da Coruña, preséntase o libro Para unha crítica do españolismo, de Camilo Nogueira, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Xabier P. DoCampo e Manuel Bragado.
Rianxo: presentación de Pranto Matricial na voz do seu autor, Valentín Paz-Andrade
A Coruña: presentación de Letras de amor e guerra, de Ramiro Vidal Alvarinho
Vigo: presentación de O destino de Clarescura Lens, de Alfonso Álvarez Cáccamo
O
martes 10 de xullo, ás 20:00 horas, na Casa do Libro de Vigo (Rúa Velázquez Moreno, 27), preséntase a novela O destino de Clarescura Lens, de Alfonso Álvarez Cáccamo, publicado por Biblos. No acto, xunto ao autor, participa Marta Dacosta.
Vigo: presentación de Tinta, de Inma López Silva
O
mércores 11 de xullo, ás 20:00 horas, na Libraría Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12) de Vigo, Inma López Silva presenta o seu novo libro de relatos, Tinta, publicado en Galaxia. No acto estará acompañada por Carlos Lema e Xesús Alonso Montero. Reportaxe posterior en Galaxia.
Sabarís, Baiona: presentación de Iria, de Anxo Angueira
O
venres 6 de xullo, ás 20:00 horas, no Mercado Tia Ni en Sabarís-Baiona, preséntase a novela Iria, de Anxo Angueira, publicada en Xerais. No acto, organizado polo Club Marítimo Marisma da Ramallosa e a editora, participan Xosé Manuel Crego e o autor.


