O
venres 27 de abril, ás 20:30 horas, no Centro Cívico Cultural de Arteixo, preséntase o libro Perspectivas sobre Bóveda: ensaios e poemas polo seu 75º cabodano, onde participan Xurxo Couto e o editor do libro, Xosé Manuel Sánchez Rei.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Santiago: presentación de Nos muros do Mundo, de Amauta Castro
O
xoves 26 de abril, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o poemario Nos muros do Mundo, do autor galegocatalán afincado en Girona Amauta Castro, acto no que participarán Fernando M. Cimadevila e Antía Marante. O venres 27, ás 20:00 horas, fará o propio na Libraría Cartabón (Rúa Urzáiz, 125) de Vigo, onde o autor estará acompañado por Francisco Táboas.
Vigo: presentación de Do idilio á diáspora, de Xosé Carlos López Bernárdez
O
mércores 25 de abril, ás 20:00 horas, na Fundación Laxeiro (Rúa Policarpo Sanz, 15-3º) de Vigo, preséntase o libro Do idilio á diáspora. Modernidade e compromiso na pintura galega de Castelao a Seoane, de Xosé Carlos López Bernárdez, publicado en NigraTrea. No acto, xunto ao autor, participarán Javier Pérez Buján e Nieves Loperena.
A Coruña: presentación de Ruínas ao espertar, de Manuel Vilariño
O
mércores 25 de abril, ás 19:30 horas, na FNAC (Praza de Lugo) da Coruña, preséntase o libro Ruínas ao espertar, de Manuel Vilariño, publicado en Espiral Maior. No acto, xunto ao autor, participan César Antonio Molina e Miguel Anxo Fernán-Vello.
Redondela: IV Semana do Libro. A festa das palabras, até o 29 de abril
Ribadeo: presentación de Tres mulleres galegas de armas tomar
O
martes 24 de abril, ás 20:00 horas, na Casa das Letras (Rúa Rodríguez Murias, 8) de Ribadeo, o Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza a presentación do libro Tres mulleres galegas de armas tomar: María Balteira, María Castaña e María Soliña, de Guillermina Domínguez e Felicia Estévez, publicado en Baía Edicións.
Chantada: presentación de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón
O
luns 23 de abril, ás 18:30 horas, na Casa da Cultura de Chantada, preséntase Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto, organizado pola Mesa pola Normalización Lingüística, intervirá, xunto ao autor, André Sánchez Labandeira.
Vigo: presentación de Contos para ir durmir, de Roi Méndez
O
martes 24 de abril, ás 20:00 horas, na Libraría Andel (Pintor Lugrís, 10) de Vigo, preséntase o primeiro libro de Roi Méndez, Contos para ir durmir, publicado en Galaxia. No acto estará acompañado por Francisco Castro.
Ferrol: presentación de Outono aquí, de Mario Regueira, na Feira do Libro
O
sábado 21 de abril continúa a Feira do Libro de Ferrol (no Cantón de Molíns), onde, a partir das 19:00 horas, Mario Regueira falará sobre a súa novela Outono aquí, publicada en Sotelo Blanco, gañadora do último premio Lueiro Rei. No acto estará acompañado por Verónica Martínez Delgado.
Ferrol: actividades do venres 20 na Feira do Libro
O
venres 20 de abril continúa a Feira do Libro de Ferrol (no Cantón de Molíns), cos seguintes actos literarios:
– 19:00 horas. Sinatura de Luces, bicos e cores, de Concha Blanco, publicado en Embora.
– 19:30 horas. Presentación de Vento galerno, de Antonio Yáñez Casal e Vaia tropa!, de Antón Cortizas, publicados en Xerais. No acto, xunto aos autores, participa Manuel Bragado.
