Certame de poesía erótica Illas Sisargas: entrega de premios e presentación de libro

Alberte Momán, gañador do II Certame en 2007, viu presentado o libro galardoado. Enma Pedreira, gañadora do certame no ano corrente, recibiu o premio. Os accésits de 2007 e 2008, respectivamente, foron parar a Lino Braxe e Paco Souto, respectivamente. Máis información no blogue de Alberte Momán.

A Coruña: presentación do poemario Da carraxe e da paixón, Xosé Manuel Cairo Antelo

O 19 de novembro ás 20:00 na Galería Sargadelos da Coruña (Rúa Real, 56) terá lugar a presentación do poemario Da carraxe e da paixón, Xosé Manuel Cairo Antelo. Intervirán Xulio Valcárcel, Fidel Vidal, Miguel Anxo Fernán Vello e o autor.

A Coruña: presentación do Atlas Histórico da Galiza, de José Manuel Barbosa

«O Facho tem a bem convida-lo ao lançamento do “Atlas Histórico da Galiza” de José Manuel Barbosa, escritor e historiador, e José Manuel Gonçalves Ribeira, desenhador gráfico. O Atlas Histórico da Galiza é umha obra com mais de oitenta ilustraçons e mapas, combina os materiais gráficos com os textos para oferecer uma visom que abrange, de jeito exaustivo, todas as épocas e momentos históricos da Galiza, desde a Pré-História até a actualidade, e proporciona uma explicaçom detalhada de cada um deles. Este Atlas à parte de ser umha obra de grande interesse, é ultimamente o segundo livro mais vendido do País, segundo a informaçom fornecida polo jornal A Nossa Terra.
Dia: 20 de Novembro de 2008
Hora: 7,30 do serám
Local: Livraria Couceiro
Praça do Livro (Enrique Dequit) n.º 12
A Corunha» (A. C. O Facho)

A Coruña: Presentación do libro O libro das viaxes imaxinarias, de Xabier Docampo e Xosé Cobas

Xabier P. DocampoO xoves 13 de novembro, ás 20:00 na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés, terá lugar a presentación do libro O libro das viaxes imaxinarias, de Xabier Docampo e Xosé Cobas. Tamén será inaugurada unha exposición coas ilustracións de Xosé Cobas. (Biblioteca Pública Nodal Miguel González Garcés)

Compostela: presentación de Migracións, de Rafa Villar

O día 6 de novembro, ás 20:00 na libraría Couceiro de Santiago (Praza Cervantes), terá lugar a presentación do poemario Migracións (Edicións Espiral Maior), de Rafa Villar. O acto contará coa presenza, para alén do autor, de Luís Cochón, Francisco X. Fernández Naval e Miguel Anxo Fernán Vello.

Vilaboa-Culleredo: presentación do poemario Tempo en desuso, de Olga Patiño Nogueira

Olga PatiñoO mércores 5 de novembro, ás 20:00 na biblioteca Uxío Novoneyra de Vilaboa-Culleredo, terá lugar a presentación do poemario Tempo en desuso, de Olga Patiño Nogueira. Paticiparán no acto Miguel Anxo Fernán Vello, Celestino Poza e Carlos Pereira Martínez.

A Coruña: presentación da novela Daniel e a Porta do Ceo, de Xabier Iglesias

O venres día 31, ás 20:30 na libraría Sisargas da Coruña (Curros Enríquez, 9), terá lugar a presentación da novela de Xabier Iglesias Daniel e a Porta do Ceo (Biblos Clube de Lectores). O acto contará coa asistencia do autor, que será presentado por Carmen Abella, profesora de lingua e literatura galegas.

Ferrol: presentación de Ferrol e o que queda por chover, de Alberte Momán

Alberte MománO xoves 23 de outubro, ás 20:00 na Galería Sargadelos de Ferrol (Rubalcava, 30-32, 15402 Ferrol), terá lugar a presentación de Ferrol e o que queda por chover, de Alberte Momán. O evento contará coa presenza do propio autor e de Melba Couto, mestra de literatura e lingua galegas no IES Sofía Casanova.