O
venres 3 de febreiro, ás 20:30 horas, na Casa Dopeso (Rosalía de Castro, 28), As Pontes, terá lugar un concerto comentado do libro-disco Haberá primavera, de César Morán, publicado en Galaxia, baseado en poemas de Álvaro Cunqueiro. No acto o autor estará acompañado por Afonso Morán (contrabaixo) e Roberto Somoza (saxo).
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Betanzos: presentación de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón
A
sexta feira 3 de febreiro, ás 20:30 horas, no Liceo de Betanzos, preséntase Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto, organizado pola Mesa pola Normalización Lingüística, e as asociacións Roxín Roxal e Eira Vella, en colaboración coa Deputación da Coruña, participará o propio autor.
Lugo: presentación de Fornelos & Fornelos, de Xerardo Quintiá
O
venres 3 de febreiro, ás 20:00 horas, na Libraría Trama (Avenida da Coruña, 21) de Lugo, preséntase o libro gañador do XI Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, Fornelos & Fornelos, de Xerardo Quintiá, publicado en Espiral Maior. No acto, organizado pola Agrupación Cultural Ergueitos, participan, xunto ao autor, María Casar, Baldo Ramos e Miguel Anxo Fernán-Vello.
A Coruña: presentación de 101 Falares com jeito, de Fernando Corredoira
A
sexta-feira 3 de febreiro, ás 20:00 horas, na Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, preséntase o libro 101 Falares com jeito, de Fernando Corredoira, publicado por Através Editora.
Pontevedra: presentación de Extramunde, de Xavier Queipo
O
xoves 2 de febreiro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Casa das Campás (Rúa Don Filiberto, 9-11, a carón do Teatro Principal) en Pontevedra, Edicións Xerais e o Ateneo de Pontevedra organizan a presentación de Extramunde, de Xavier Queipo, Premio Xerais de novela de 2011. No acto, xunto ao autor, participa Manuel Bragado.
Madrid: presentación de Tatuaxes, de Manuel Pereira Valcárcel
O
mércores 1 de febreiro, ás 19:30 horas, no auditorio da Universidad de Alcalá (Rúa Eloy Gonzalo, 3-5), preséntase o novo libro de poemas de Manuel Pereira Valcárcel, Tatuaxes, publicado en Follas Novas, nun acto organizado polo Espazo das Linguas Ibéricas.
Ourense: recital-concerto Despois de ti, a chuvia, de Xosé Carlos Caneiro
O
martes 31 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal de Ourense, terá lugar a presentación do libro-disco Despois de ti, a chuvia, de Xosé Carlos Caneiro, publicado en Galaxia, coa participación musical de Emilio Rúa.
Ourense: presentación de Ética e estética de Arturo Noguerol, de Jesús Fernando Román
Cambados: presentación de A pomba dona Paz, de Ramón Caride
O
luns 30 de xaneiro, ás 12:00 horas, na Escola Infantil A Pastora de Cambados, Xerais celebra o Día Escolar pola Paz coa presentación do libro A pomba dona Paz, de Ramón Caride, ilustrado por Pepe Carreiro. No acto, acompañando a autor e ilustrador, participará Manuel Bragado.
Rianxo: presentación de Vivir, unha aventura irrepetíbel, de Mercedes Queixas
O
sábado
28 de xaneiro, ás 12:00 horas, no Auditorio de Rianxo, preséntase a biografía de María do Carme Kruckenberg Vivir, unha aventura irrepetíbel. Biografía de Mª do Carme Kruckenberg, de Mercedes Queixas, publicada en Galaxia. No acto, organizado pola Asociación Cultural Barbantia, participarán, xunto á autora, Francisco Castro e Milagros Torrado. A seguir, terá lugar un recital poético no que participarán Esther F. Carrodeguas, Milagros Torrado e María Xesús Blanco, cunha intervención plástica do pintor Salvador Fernández Laíño. No mesmo emprazamento, ás 20:00 horas, terá lugar unha conferencia de Miguel Anxo Seixas sobre Castelao á luz de Paz Andrade.
