O
sábado 16 de abril, ás 12:00 h., no Centro Cultural Casa da Pedra (Avenida da Coruña, 5) de Camariñas, preséntase o libro A Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte, de Xosé María Lema Suárez (coord. e dir.), Evaristo Domínguez Rial, Xan Fernández Carrera, Roberto Mouzo Lavandeira e Xosé María Rei Lema, publicado en Xerais. No acto participan Manuel Bragado, Manuel Valeriano Alonso e os autores.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Ferrol: presentación de A frecha azul do teixo, de Eva Veiga
O venres
15 de abril, a partir das 20:00 h., na Galería Sargadelos (Rúa Rubalcava, 30-32, esquina rúa María) de Ferrol, e con entrada libre até completar capacidade, preséntase o libro de poemas A frecha azul do teixo, de Eva Veiga, publicado en Espiral Maior. No acto intervirán, coa autora, Miguel Anxo Fernán-Vello e Nicolás Vidal, e finalizará cunha actuación do Grupo Ouriol (Eva Veiga, Fito Ares e Bernardo Martínez).
Pontevedra: presentación e lectura dramatizada de collage, de Esther F. Carrodeguas
O
venres 15 de abril, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos de Pontevedra (Rúa Oliva, 24), terá lugar unha lectura dramatizada sobre o libro collage, de Esther F. Carrodeguas (escritora e actriz), publicado pola editorial Barbantesa. No acto, organizado polo Ateneo de Pontevedra, intervirán a propia autora, Xisela Maneiro (actriz) e Carlos Gálvez (actor).
A Coruña: presentación de Os trobadores de Occitania, de Darío Xohán Cabana
O xoves 14 de abril, a partir das 20:00 h., na Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11, na Coruña), e con entrada libre até completar capacidade, preséntase o libro Os trobadores de Occitania, de Darío Xohán Cabana. No acto intervirán, acompañando ao autor, Martiño Cabana Otero e Xosé Luís Méndez Ferrín.
Santiago: presentación de Cambio de estrela, de Iria Anido Pedreira
O
xoves 14 de Abril, ás 20:00 h., na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o libro de poemas Cambio de estrela, de Iria Anido Pedreira, publicado en 3C3, onde os textos dialogan coas ilustracións de Xan Eguía. No acto intervirán Paula Toimil Mato, Antonio Puentes Chao e a propia autora. Haberá tamén unha actuación musical de Carlos Santos –cantautor e guitarra– e Lázaro Willman –violín–.
Vigo: presentación de Recendos de aire sonoro, de Antonio García Teijeiro
O
mércores 13 de abril, ás 20:00 h., na Libraría Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12) de Vigo, preséntase o libro Recendos de aire sonoro de Antonio García Teijeiro. Ao remate do acto, que contará coa participación de Fino Lorenzo, Román Raña, Paz Raña, Manuel Bragado e o autor, Miguel Castro tocará uns temas coa frauta.
Santiago: presentación de Proceso e encarceramento de Ramón Piñeiro, de Xosé Manuel Dasilva
O
mércores 13 de abril, ás 20:00 h., na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes) de Santiago de Compostela, Xosé Manuel Dasilva presenta o seu estudo sobre o Proceso e encarceramento de Ramón Piñeiro, publicado en Galaxia. Estará acompañado por Víctor F. Freixanes, Xesús Alonso Montero e Miguel Barros. Crónica posterior en Xornal.
Issac Xubín presenta en Euskadi o seu dicionario bilingüe galego-euskara
Redondela: presentación de O señorito da Reboraina, de Ramón Otero Pedrayo
O
luns 11 de abril, ás 12:30 h., no salón de actos do CEIP Santo Paio de Abaixo de Redondela, e organizado pola comunidade educativa do centro, preséntase a edición especial do libro de Ramón Otero Pedrayo O señorito da Reboraina, publicado en Galaxia, e que será realizada por Víctor F. Freixanes.
Ferrol: actividades da fin de semana na Feira do Libro
Dentro do programa da Feira do Libro de Ferrol (no Cantón de Molíns), primeira das Feiras do Libro deste ano en Galicia, destacan as seguintes actividades durante o fin de semana:
Sábado 9:
– 12:00 h. Auditorio da Fundación Caixa Galicia: Elas. Palabras que o vento non leva. Experiencias no mundo da palabra, coa participación de Lucía Aldao, Yolanda Castaño, Adela Figueroa e Aurora Marco.
– 13:00 h. Auditorio da Fundación Caixa Galicia: Actuación poético-musical de Lucía Aldao e María Lado.
– 19:45 h. Carpa Institucional da Feira. Presentación do libro Abrapalabra!, de Antón Cortizas e Carlos Coira, publicado en Galaxia.
Domingo 10:
– 13:00 h. Carpa Institucional da Feira. Presentación do libro Madeira de Mulher, de Adela Figueroa (escritora) e Mª Celsa Sánchez (ilustradora), publicado en Edicións do Castro. Presentan o acto Emilia Seoane e Suso Piñeiro.
– 19:15 h. Carpa Institucional da Feira. Monólogo cómico Cunqueiradas, por Cándido Pazó.