Arquivo da categoría: Presentacións de libros
A Coruña: presentación do libro A néboa amarela, de Rubén Ruibal
O venres
3 de decembro, a partir das 20:00 h., na Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), da Coruña, Rubén Ruibal presenta o seu libro A néboa amarela, editado por Biblos, coa participación, ademais do propio autor, do editor Tucho Calvo e de César Candelas.
A Coruña: presentación de Galiza, obra inédita de Manuel María, e do proxecto da súa Casa Museo
A Coruña: presentación de O imposible de desatar, de Iván García Campos
O
xoves 2 de decembro, a partir das 20:00 h., na sala de conferencias do Kiosko Alfonso da Coruña, preséntase O imposible de desatar, de Iván García Campos, publicado en Galaxia, novela gañadora do Premio Blanco Amor 2010. No acto, acompañando ao autor, participan Carlos Lema e Camilo Franco.
Ferrol: presentación de Galiza, obra inédita de Manuel María, e do proxecto da súa Casa Museo
Santiago: presentación de Os papeis do vagabundo, de Xosé Henrique Rivadulla Corcón
O mércores
1 de decembro, a partir das 20:00 h., na Libraría Pedreira (Rúa do Home Santo, 55) de Santiago de Compostela, preséntase o poemario Os papeis do vagabundo, de Xosé Henrique Rivadulla Corcón, publicado en Espiral Maior. No acto, ademais do autor, participan Miguel Anxo Fernán-Vello e Teresa Moure.
Presentación de Ideoloxía e autonomía no campo literario galego, de Antón Figueroa
O
mércores 1 de decembro, a partir das 20:00 h., na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Ideoloxía e autonomía no campo literario galego, de Antón Figueroa, publicado en Laiovento. No acto participan, co autor, Francisco Pillado e Arturo Casas.
A Coruña: presentación de Os papeis do vagabundo, de Xosé Henrique Rivadulla Corcón
O martes
30 de novembro, a partir das 20:00 h., no local da Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, preséntase o poemario Os papeis do vagabundo, de Xosé Henrique Rivadulla Corcón, publicado en Espiral Maior. No acto, ademais do autor, participan Miguel Anxo Fernán-Vello e Xavier Seoane.
Santiago: presentación de O clamor da rebeldía, de Pilar García Negro
O
martes 30 de novembro, a partir das 20:00 h., na Libraría Pedreira (Rúa do Home Santo, 55) de Santiago de Compostela, a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova organiza un acto público de presentación do libro O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo, de María Pilar García Negro, publicado en Sotelo Blanco. No acto participan a autora, Chus Costoia e Iria Aboi.
A Universidade coruñesa rende tributo a Isaac Díaz Pardo
(Xornal)

