Vigo: entrega do premio Concurso Balbino de Relatos a Xosé Alfredo Naz Fernández

O Museo do Mar de Vigo acolle o venres 10 de decembro, ás 18:00 h, a entrega do premio Concurso Balbino de Relatos ao gañador desta edición, o vigués Xosé Alfredo Naz Fernández, nun acto que servirá de presentación da obra premiada, o libro Gumes entre a néboa, publicado por Fervenza.

Presentación da tradución ao italiano dun dos poemarios de Uxío Novoneyra, Tempo di elegie

“O pasado venres 3 de decembro presentouse en Perugia a tradución ao italiano dun dos poemarios de Uxío Novoneyra, Tempo di elegie, publicado pola editorial Aguaplano. O acto estivo organizado polo Centro de Estudos Galegos do Ateneo de Perugia e tivo lugar no Museo Arqueolóxico Nacional de Umbria. Participaron o tradutor, Marco Paone, xunto á filla do poeta, Branca. A conversación entre ambos os dous dou a oportunidade ao público de coñecer o escritor galego, a súa produción poética e o papel da Fundación que leva o seu nome en prol da difusión da súa obra.
Dáse noticia da tradución italiana na revista Insulaeuropea.eu, dirixida polo profesor da Universitá de Perugia Carlo Pulsoni, na que se publica información, entrevistas, investigación e recensións relacionadas coas diferentes literaturas e Europa, entre elas a galega, aquí.”