A Coruña: presentación de Nocturnia 46, de Pablo Mariño

O 18 de xuño, ás 19:00 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), na Coruña, Pablo Mariño presenta Nocturnia 46. No acto, xunto ao autor, participan Henrique Rabuñal, Francisco Xosé Lafuente “Franki”, Xosé Taboada e Carmen Vázquez. As persoas interesadas deben anotarse previamente aquí.

Redondela: actos destacados na Feira do Libro 2021 para o 17 de xuño

O 17 de xuño comeza a Feira do Libro de Redondela (na Alameda, con horario de 11:00 a 14:00 horas, e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:

19:30 h. Inauguración oficial. Pregón de J. A. Xesteira.
20:00 h. J. A. Xesteira asina Cóntamo outra vez, Rick, publicado por Galaxia.

A Coruña: presentación de O reino medieval de Galicia, de Anselmo López Carreira e Xosé Miguel Andrade, e Celtas, castrexos e romanos, de Francisco Xavier González García