A Coruña: presentación de Obra dramática completa. Sinfonía de escenas, de Luísa Villalta

A cuarta feira 16 de maio, ás 20:00 horas, no local da A. C. Alexandre Bóveda da Coruña (Rúa Olmos, 16-18, 1º), presentarase o volume da Obra dramática completa de Luísa Villalta, subtitulada Sinfonía de escenas, publicado por Edicións Proscritas en colaboración coa Asociación Cultural Alexandre Bóveda. No acto intervirán María Xosé Bravo, Pilar García Negro, Alexandrina Fernández Otero, Manuela Varela e Lino Braxe.

Pontevedra: presentación do monográfico Renacer á descuberta das palabras. María Victoria Moreno

Porriño: actividades destacadas da Feira do Libro do 11 ao 13 de maio

O domingo 13 de maio finaliza a Feira do Libro de Porriño (na Rúa Ramón González), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 21:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para estes días:

Venres 11
19:00 h. Presentación e concerto de Oviravai, co seu último traballo: As andanzas de Paio, publicado en Galaxia.

Sábado 12
18:00 h. Actividade infantil: Teatro na mochila, con Anxo Moure.

Domingo 13
12:30 h. Actuación infantil Cantares das Letras, de Rosalía a María Victoria Moreno, de Luís Vallecillo.
19:00 h. Ledicia Costas asina exemplares de As peripecias de Extravaganzza Pérez e outros libros.
20:00 h. Falando de libros con… Clara do Roxo.

Outeiro de Rei: conferencia-presentación de Cantar na Coruña, con Xosé Manuel Sánchez Rei

O sábado 12 de maio, ás 20:00 horas, na Casa-Museo Manuel María, terá lugar a conferencia e presentación do libro Cantar na Coruña, publicado por Laiovento, co seu autor, Xosé Manuel Sánchez Rei, acompañado por Alberte Ansede Estraviz. Ao finalizar o acto terá lugar unha actuación musical a cargo dos gaiteiros Pepe Vaamonde e Uxío Vaamonde Murias.