O
sábado 30 de decembro, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura da Serra de Outes, Ramón Blanco presenta Se pedra na brétema, co que obtivo o premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón 2016. No acto interveñen, xunto ao autor, Xoán Mariño, presidente da A. C. C. Terra de Outes, Antón Lopo, Manuel del Río e, cunha introdución musical, Pablo Sax.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Allariz: presentación de Long Play, de Lois Pérez
O venres
29 de decembro, ás 19:30 horas, na Galería Circular de Allariz, preséntase Long Play de Lois Pérez, publicado por Xerais. No acto, organizado pola libraría Aira das Letras, Galería Circular, Ben Común e a editora, César Lorenzo Gil falará co autor sobre o seu libro.
Entrimo: presentación de O sol dentro da cabeza, de Suso Díaz
Ferrol: presentación de Querido H. P. Lovecraft, de Antonio Manuel Fraga
Vigo: presentación de Home invisíbel, de Xavier Queipo
O xoves
28 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría Andel (Camelias, 102), en Vigo, preséntase Home invisíbel, de Xavier Queipo, publicado pola A. C. Caldeirón, obra coa que acadou XII Premio de poesía erótica Illas Sisargas.
Monforte: presentación de Long Play, de Lois Pérez
O
xoves 28 de decembro, ás 20:00 horas, no Centro do Viño da Ribeira Sacra (Rúa Comercio, 6), en Monforte, preséntase Long Play de Lois Pérez, publicado por Xerais. No acto, organizado pola Mesa pola Normalización Lingüística, e no que colabora o propio Centro do Viño da Ribeira Sacra, intervirán, xunto ao autor, Xosé Manuel Fernández e Fran Bouso.
Vigo: presentación de Libro dos lugares, de Antón Patiño
O
xoves 28 de decembro, ás 20:00 horas, en Detrás do Marco (Rúa Londres), en Vigo, Antón Patiño presenta Libro dos lugares. No acto participan, xunto ao autor, Graciela Baquero Ruibal, X. Carlos López Bernárdez e Xabier Romero, da Editorial Elvira.
Vigo: presentación de O sol dentro da cabeza, de Suso Díaz
Compostela: presentación de Home invisíbel, de Xavier Queipo
O
mércores 27 de decembro, ás 20:00 horas, en Chan da Pólvora (Rúa de San Pedro, 74), en Santiago de Compostela, preséntase Home invisíbel, de Xavier Queipo, publicado pola A. C. Caldeirón, obra coa que acadou XII Premio de poesía erótica Illas Sisargas. Xunto a el estarán a poeta Rosalía Fernández Rial e Cé Tomé, autor das ilustracións do libro.



