Caride en Pontevedra, por Manuel Bragado

DesdeXesus_Constela_Ramon_Caride_Manuel_Bargado_Pontevedra_07-06-2016-e1460104570674-1024x599 Brétemas, o blogue de Manuel Bragado:
“Presentamos na Feira do Libro de Pontevedra Liquidación de existencias de Ramón Caride. O presentador do libro, o escritor Xesús Constela, comezou referíndose ao centro comercial e o polígono outlet como metáforas da sociedade actual, onde todo está rebaixado, onde todo está descatalogado ou de saldo. “Ao polígono outlet van parar todas as excrecencias da sociedade, os seres humanos convértense alí en mercadorías, xente que está de rebaixas como prostitutas, mulleres  maltratadas, desempregadas, estafadas ou desafiuzadas”. “Ese é o espazo onde Caride localiza os seus relatos, todos eles cheos de realidade, en boa parte tirados das noticias dos xornais”. Seguiu Constela referíndose a “Dous de copas”, a micronovela fragmentada ao longo da obra, “onde Caride manexa a intriga, a retranca e a linguaxe dunha maneira perfecta, creando unha atmosfera envolvente para dous rapaces que pretenden dar un golpe que lles solucione a vida”.
Ramón Caride confesou que boa parte dos relatos naceran de noticias do xornal. “O arranque de “Dous de copas” foi un titular que lin na Voz de Galicia referido a dous mozos simpáticos e de boa familia que sufriran un accidente de tráfico”. “Todos os relatos do libros comparten unha atmosfera apocalíptica, onde todo está en venda, tanto mercadorías como persoas”. “Liquidación de existencias é unha tentativa de escribir despois da cicloxénese low cost da crise que nos afectou en todos os ámbitos das nosas vidas, nos culturais e nos outros. Mudaron os séculos, pero seguimos cos mesmos distribuidores. Sei que todo non cabe nos contos, pero as novelas acaban como acaban. Liquidación de existencias supón un berro neste deserto emocional”.

A Coruña: Nacionalismo galego aquén e alén mar, con Uxío-Breogán Diéguez

OUxío-Breogán Diéguez mércores 13 de abril, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo), na Coruña, Uxío-Breogán Diéguez falará sobre Nacionalismo galego aquén e alén mar, sobre a obra homónima publicada en Laiovento, nun acto organizado pola A. C. O Facho.

Pontevedra: actos destacados do sábado 9 e domingo 10 na Feira do Libro

O Feira do Libro de Pontevedra 2016domingo 10 de abril finaliza a Feira do Libro de Pontevedra (na Praza da Ferrería, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para esa fin de semana:

Sábado 9
19:00 h. Jorge Rodrigues asinará exemplares de Frouma de Ruivéns, publicado por Redelibros, na caseta da Libraría Cartabón.
19:30 h. Espectáculo musical O Bigote de Mimí, de Luís Vallecillo e a Banda do Cuberto, baseado no libro homónimo de Manuel María, publicado pola Casa Museo Manuel María.
20:00 h. Buenaventura Aparicio Casado presenta o seu libro A pedra do cervo, publicado por Edicións do Cumio.

Pontevedra: actos destacados do venres 8 na Feira do Libro

O Feira do Libro de Pontevedra 2016venres 8 de abril continúa a Feira do Libro de Pontevedra (na Praza da Ferrería, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados:

19:00 h. Xesús Constela asinará exemplares das súas obras na caseta da Libraría Paz.
20:00 h. Arantza Portabales presentará a súa novela Sobrevivindo, publicada en Galaxia. No acto estará acompañada por Xosé Monteagudo.