Arquivo da categoría: Presentacións de libros
María Reimóndez: “A literatura é un medio moi poderoso”
Entrevista
a María Reimóndez en Atlántico Diario:
“María Reimóndez presentou o seu último libro, Corredora, na caseta de Xerais, acompañada por Ramón Nicolás. Conta a historia de superación de Genet Mullugueta, unha moza etíope que atopa no atletismo unha vía de escape. “É ficción, aínda que baseado en circunstacias que acontecen na realidade, por unha banda a tradición atlética que existe en Etiopía que é a saída da pobreza para moitos, e por outra presento a vida das nenas e das mulleres coas que traballamos dende Implicadas”, apunta.
Volveu a escoller unha temática sensible á concienciación cidadá, aínda que ésta non sexa o seu primeiro obxectivo: “Este libro como os outros é literatura, forma parte do discurso público que pode crear un espazo para a reflexión na procura dunha alternativa ou seguir cos valores establecidos; eu escribo dende a óptica feminista e fago pensar para despois actuar, pero non deixan de ser historias; mais a literatura, se está ben escrita, é un medio moi poderoso porque pode chegar pola vía emocional”.
Neste caso, Reimóndez conta a traxectoria dunha moza pobre, Genet, pertencente a unha extracto social que coñece de primeira man: “É imposible dicir cal é a situación das mulleres en Etiopía, o mesmo que non se pode determinar en Galicia, depende dos recursos ou da formación de cada unha; coas que estivemos traballando en Implicadas atópanse nunha situación de pobreza e marxinación social, xa que o país está sometido a moita presión internacional e está sendo explotado economicamente por unha ditadura da que non se fala”. Neste contexto, Reimóndez destaca o esforzo que fan estas mulleres por cambiar as súas comunidades, a través do consenso. (…)”
A Coruña: presentación de A vida sinxela de Marcelo Firmamento, de Vanesa Santiago
Bueu: presentación de O xogo de Babel, de Elena Gallego Abad
A Coruña: presentación de Ser Modou Modou, de Cheikh Fayé
Carballo: actividades do sábado 8 e domingo 9 na Praza dos Libros
Finaliza
esta nova edición da Praza dos Libros, organizada polo Concello de Carballo, que terá lugar no Xardín Municipal do 6 ao 9 de xullo, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h. Dentro dos actos previstos para os días 8 e 9, destacamos os seguintes:
Sábado 8
– 11:00 h. Ruta urbana polos murais dos proxectos de arte urbana carballeses, coa participación de escritores e escritoras autores/as do libro Derrubando muros con pintura (Engaiolarte), que falarán dos seus relatos nos distintos murais sobre os que escribiron.
– 11:30 h. Brinca vai, concerto infantil de Paco Nogueiras (sobre o libro-CD homónimo publicado por Kalandraka).
– 13:00 h. Fernando Cabeza Quiles presenta Galicia, o galego e os galegos, publicado por Toxosoutos.
– 19:30 h. Rosalía Fernández Rial e Diana Varela Puñal asinarán exemplares das súas últimas obras.
Domingo 9
– 11:30 h. Presentación do proxecto Phottic e das súas publicacións Mar de invernía, de Héctor Pose e De Arsenio a Arsenio, de Xan Fraga. Con Manuel Pan.
– 18:30 h. O contador de contos: Alba Bermúdez representa unha peza infantil baseada en relatos do escritor Carlos Casares.
– 20:00 h. Presentación de Devalar sen pel, de Modesto Fraga, publicado por Espiral Maior, que acadou o 19° Premio de Poesía Concello de Carral. Acompañarao o tamén poeta e editor Miguel Anxo Fernán-Vello.
– 21:00 h. Atesourando a palabra. Homenaxe poética e musical ao benquerido Paco Souto, poeta, axitador cultural, político e percebeiro, recentemente falecido.
Ordes: presentación de A relixión do mar, de Xosé Iglesias
O
sábado 8 de xullo, ás 20:00 horas, no Museo do Traxe de Ordes (A Feira, 5), preséntase A relixión do mar, de Xosé Iglesias, publicado polo Instituto de Estudos Miñoranos. No acto, xunto ao autor, participa José Jacobo Ríos.
Carballo: actividades do venres 7 na Praza dos Libros
Chega
unha nova edición da Praza dos Libros, organizada polo Concello de Carballo, que terá lugar no Xardín Municipal do 6 ao 9 de xullo, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h. Dentro dos actos previstos para o venres 7, destacamos os seguintes:
– 12:00 h. Presentación do libro ilustrado Kosmocán, de Alberto Varela Ferreiro, coa participación de nenas e nenos que dramatizarán o conto.
– 18:30 h. Concerto infantil a partir dos libro-discos Teatro de Guiñol e Lucecús, de Pirilampo (Galaxia). Colabora: Ler Conta Moito – Xunta de Galicia.
– 20:00 h. Presentación de Costa do Solpor. O regreso da Illa do Tesouro, de Xosé María Lema, publicado por Xerais. O autor estará acompañado por Xosé Manuel Varela.
– 21:00 h. Presentación de Contos mariños de Carballo, de Xabier Maceiras, publicado polo Concello de Carballo. O autor estará acompañado por Fernando Patricio Cortizo e Xosé Regueira.
Vigo: actos destacados na Feira do Libro para o venres 7
O
xoves 6 de xullo continúa a Feira do Libro de Vigo (na Porta do Sol, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 19:30 h. Isidoro Padín Cortegoso asina Opinións verquidas en Facebook, na caseta da Libraría Nobel Gran Vía.
– 19:45 h. Presentación de O xogo de Babel, de Elena Gallego Abad, publicado por Xerais, acompañada por Ledicia Costas. Ao remate, sinatura de libros.
– 20:00 h. Gogue asina exemplares de Floreano, na caseta da Secretaría.
– 20:30 h. Presentación de Os nenos da varíola, de María Solar, publicado por Galaxia. Xunto á autora, estarán Luisa Martinez Lorenzo, responsable da Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia, e Francisco Castro.
Carballo: actividades do xoves 6 na Praza dos Libros
Chega
unha nova edición da Praza dos Libros, organizada polo Concello de Carballo, que terá lugar no Xardín Municipal do 6 ao 9 de xullo, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h. Dentro dos actos previstos para o xoves 6, destacamos os seguintes:
– 12:30 h. Inauguración e pregón de Manuel Rivas. Coa actuación da Banda Municipal de Gaitas de Carballo.
– 18:30 h. Concerto infantil a partir do libro-disco Fantasía coas palabras, de Papi e Mami, publicado por Galaxia. Con Jorge Juncal e María López (Faltri).
– 20:00 h. Presentación de Lendas da Costa da Morte, de Xan Fernández Carrera, publicado por Embora. O autor estará acompañado por Antonio Reigosa e Xosé Manuel Varela.
– 21:00 h. Presentación de Charamuscas, de Suso Lista, publicado por Embora. Estará acompañado por Mercedes Queixas.



