Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Allariz: II Festival de poesía Poemagosto
Mugardos: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto
O
xoves 8 de outubro, ás 20:30 horas, na Sociedade Amigos da Paisaxe Galega (Avenida Bello Piñeiro, 5), no Seixo, Mugardos, Xurxo Souto protagoniza a performance interactiva Oceáno para terrícolas, sobre o seu libro Contos do Mar de Irlanda, publicado en Xerais.
Vigo: presentación de Tres feridas, de Manrique Fernández
Compostela: presentación de Moraime. Pequena vila con mar, de Xosé Henrique Rivadulla Corcón
O
xoves 8 de outubro, ás 20:00 horas, no Restaurante María Castaña (Rúa da Raíña, 19) de Santiago de Compostela, preséntase Moraime. Pequena vila con mar, de Xosé Henrique Rivadulla Corcón, publicado en Edicións Positivas. Neste evento tentarase trasladar os relatos de Moraime á oralidade ambiental dunha taberna, acompañados de pipotes de viño e camaradería, e das sorpresas que poidan aparecer.
A Coruña: presentación de Etimologias Obscuras ou Esconsas, de Higino Martins Esteves
Betanzos: presentación de Poemas alumeados, de Luís Seoane
Santa Cruz, Oleiros: presentación do libro-disco Cadros dunha exposición
A Coruña: presentacións de Eli Ríos, Francisco A. Vidal e Uxío-Breogán Diéguez
Compostela: presentación de Agosto de memoria e morte, de Xoaquín Fernández Leiceaga
O
mércores 7 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6), de Santiago de Compostela, terá lugar a presentación da novela Agosto de memoria e morte, de Xoaquín Fernández Leiceaga, publicada en Xerais. No acto participarán, xunto ao autor, Dolores Vilavedra e Manuel Bragado.






