Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Vigo: presentación de No balouçar do vento e As margens do tempo, de Antom Laia
O
xoves 20 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Andel (Avenida das Camelias, 102) de Vigo, preséntanse as obras No balouçar do vento e As margens do tempo; de Antom Laia López. No acto participa, xunto ao autor, Xurxo Souto.
Vídeo da presentación de Vinte fragmentos de mocidade voraz, de Tito Pérez, na Coruña
Compostela: presentación de Vinte fragmentos de mocidade voraz, de Tito Pérez Pérez
Lugo: presentación de De paraugas, de Paco Martín
O
martes 18 de outubro, ás 19:30 horas, na Libraría Trama (Avenida da Coruña, 21), en Lugo, terá lugar a presentación do libro De paraugas, de Paco Martín, ilustrado con fotografía de Daniel Puente Bello, publicado por Xerais. No acto, xunto a autor e ilustrador, participan Xabier P. DoCampo, Xavier Senín e Manuel Bragado.
Ourense: presentación do libro-disco Cousas de papá, de Raúl Gómez Pato
O
sábado, 15 de outubro, ás 12:00 horas, na librería Espacio Lector Nobel, rúa da Concordia, 8, de Ourense, terá lugar a presentación para público miúdo do libro-disco Cousas de papá, de Raúl Gómez Pato, con música de Héctor Lorenzo e ilustrado por Blanca Barrio, publicado por Xerais. No acto participará, xunto cos autores e a ilustradora, Manuel Bragado.
Cuntis: presentación de As horas roubadas, de María Solar
O
sábado 15 de outubro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura Roberto Blanco Torres, en Cuntis, terá lugar a presentación do libro As horas roubadas, de María Solar, publicado por Xerais. No acto, organizado dentro do programa do Mes da Memoria Histórica do Concello de Cuntis, participa, xunto á autora, Encarna Otero.



