Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Betanzos: obradoiro arredor de A historia fascinante da vaca rodante, de Cristina Corral Soilán, Miguel Noval e Aurora Cascudo
Ourense: presentación de Textículos dramáticos e posdramáticos, de Afonso Becerra de Becerreá
Vigo: edición do Círculo Poético Aberto e presentación de libro de Nolim González
O sábado 11 de outubro, ás 22:00 horas, no Café Uf (Rúa do Pracer, 19) de Vigo, terá lugar un novo Círculo Poético Aberto de Penúltimo Acto, onde pode participar o público interesado con poesía, música ou performance. No acto tamén se presentará o libro Almanaque. Um Fim do Mundo Qualquer, de Nolim González.
A Coruña: presentación de Lugo, a cidade dos tesouros encantados, de Lois Diéguez
Compostela: Serán de poesía con Eli Ríos e Silvia Penas, acompañadas por Ugia Pedreira
Pontevedra: Presentación de Ás voltas coa diversidade cultural
O venres 10 de outubro, ás 19:30 horas, na Galería Sargadelos de Pontevedra (Rúa da Oliva, 22), preséntase Ás voltas coa diversidade cultural. As conferencias de Claude Lévi-Strauss para a UNESCO, tradución publicada por Edicións da Curuxa. No acto, organizado pola Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), participan o coordinador do libro, o profesor da USC José M. Álvarez-Castro, e o presidente da SAGA, Rafael Quintía.
A Coruña: presentación de O violín de Rembrandt, de Jorge Llorca
O xoves 9 de outubro, ás 20:00 horas, na Librería Arenas (Cantón Pequeno, 25) da Coruña, preséntase O violín de Rembrandt, de Jorge Llorca, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Xabier P. DoCampo e Manuel Bragado.
A Coruña: presentación de Sabes que mamá quería ser bailarina, de Miguel Sande
O mércores 8 de outubro, ás 19:30 horas, no estudio teatral Casahamlet da Coruña (rúa Afonso VII 11, baixo), preséntase Sabes que mamá quería ser bailarina, de Miguel Sande, publicado en Toxosoutos. No acto, a actriz Chus Álvarez vai dramatizar -a xeito de micropeza- a obra.