O xoves 27 de marzo, ás 19:30 horas, na Libraría Paz de Pontevedra (Rúa Peregrina, 29), preséntanse Ámote Leo A. Destino Xalundes e Ámote Leo A. Estación de tránsito, de Rosa Aneiros, publicadas en Xerais. No acto, xunto á autora, participa Fran Alonso.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Compostela: presentación de A alternativa está aquí, de María Reimóndez
O xoves 27 de marzo, ás 20:00 horas, na Libraría Lila de Lilith (Rúa Travesa, 7) de Santiago de Compostela, preséntase A alternativa está aquí, de María Reimóndez, publicado en Xerais. No acto, xunto á autora, participan Encarna Otero e Manuel Bragado.
Compostela: presentación de Fóra de portas, de Roi Vidal
O mércores 26 de marzo, ás 20:00 horas, no Restaurante Grândola de Santiago de Compostela (Rúa Cardeal Payá, ao lado da Praza de Mazarelos), terá lugar un encontro arredor do libro Fóra de portas. Paseo libre e non moi respectuoso polos tempos e lugares de Roberto Vidal Bolaño, de Roi Vidal, publicado por Positivas.
Bilbao: presentación da tradución de Outono aquí, de Mario Regueira
O luns 24 de marzo, ás 20:00 horas, na ANTI-Liburudenda (Dos de Mayo, 2) de Bilbao, Mario Regueira presenta Las hojas muertas, a tradución publicada por Pulp Books de Outono aquí. No acto, o autor estará acompañado por Íñigo Astiz e Arsenio Iglesias Pazos.
Betanzos: presentación do libro A Burra Ramona, de Paula Carballeira
Vigo: presentación de Argola, de Marta Dacosta
Santiago: presentación de Cartafol de traducións e outros poemas, de Xosé María Díaz Castro, en edición de Armando Requeixo
Compostela: presentación da editora Nóssomos, con José Luandino Vieira
A sexta feira, 21 de marzo, ás 20:00 horas, na Ciranda (Rúa Travesa, 7) de Santiago de Compostela, o escritor angolano José Luandino Vieira presenta a editora Nóssomos, especializada en literatura angolana e nomeadamente na poesía.