Lugo: presentación de Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez

O venres 12 de abril, ás 20:00 horas, na Librería Biblos (Rúa Salvador de Madariaga, 1, local 4) de Lugo, preséntase Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez, publicada en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Primitivo Iglesias Sierra e Manuel Bragado.

Presentación de novidades de Urco editora

O venres 12 de abril, ás 19:00 horas, na Biblioteca Ánxel Casal (Avenida Xoán XXIII) de Santiago de Compostela, preséntanse as novidades editoriais en fantasía, ciencia ficción e terror de Urco Editora:
O clan dos lupercos, de William Morris.
O anxo da revolución, de George Griffith.
Os botes do Glen Carrig, de William Hope-Hodgson.
Fungos de Yuggoth, poemas impíos de H. P. Lovecraft.
Ninguén Lembra, de Vanesa Santiago.
Contos de Soños e Sombras, de Ariza Piñeiro.

Celanova: acto de presentación da edición facsimilar de LF

O xoves 11 de abril, ás 19:00 horas, na Biblioteca do IES Celanova Celso Emilio Ferreiro, preséntase a edición facsimilar de LF, documento de 1939, pertencente ao arquivo familiar de Celso Emilio, do que realizou unha edición limitada a Fundación Celso Emilio Ferreiro en 2012, e que contén as sinaturas de 544 presos do convento de Celanova. O acto, organizado pola Fundación, en colaboración coa Biblioteca do IES e a Coordinadora comarcal ENDL Terra de Celanova – Baixa Limia, ten o seguinte programa:
Olladas dos homes que ao lonxe espreitanXoán Carlos Domínguez Alberte (profesor e escritor).
A edición de LF. – Luís Ferreiro Loredo (membro da Fundación Celso Emilio Ferreiro).
Ideas coas que non puideron acabar – Xosé Manuel Cid Fernández (profesor, especialista no maxisterio da Segunda República).
Poemas musicados de Celso Emilio Ferreiro – voz, Teresa Elvira López Martínez (alumna da ESO do IES Aquis Querquernis – Bande) / piano, Irma Fernández (profesora de música do IES de Celanova).
Recitado de textos de Celso Emilio Ferreiro – alumnado do IES de Celanova.
Presentación do logotipo do IES Celanova Celso Emilio Ferreiro, elaborado polo poeta e pintor celanovés Baldo Ramos.
Letras da Baixa Limia – presentación do audiovisual elaborado por alumnado de Bacharelato do IES Aquis Querquernis (Bande) sobre o patrimonio literario da Baixa Limia.

Ferrol: presentación da banda deseñada Bóveda, un alegato pacifista contra a inxustiza

O mércores 10 de abril, ás 19:00 horas, no Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena, 202-204, Ferrol) preséntase o libro de banda deseñada Bóveda, un alegato pacifista contra a inxustiza, escrito por María Xesús Arias, con debuxos de Carlos Sardiña.