Desde O levantador de minas.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Lugo: presentación de Mordida, de Eugénio Outeiro
A cuarta feira, 10 de outubro, ás 19:00 horas, na sala de actos da Escola Oficial de Idiomas de Lugo, preséntase Mordida, o último poemario de Eugénio Outeiro, publicado por Através Editora. No acto, xunto ao autor, participará Joseph Ghanime.
Santiago: presentación da Poesía completa de Valentín Paz-Andrade
O mércores 10 de outubro, ás 19:00 horas, no Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2º andar), en Santiago de Compostela, preséntase a Poesía completa, de Valentín Paz-Andrade, publicado en Xerais. No acto participan o Gregorio Ferreiro Fente, Rosario Álvarez, Xesús Alonso Montero e Manuel Bragado.
Vigo: Pedro Feijoo asina exemplares de Os fillos do mar
O martes 9 de outubro, a partir das 19:30 horas, Pedro Feijoo asinará exemplares da súa novela Os fillos do mar na Casa do Libro de Vigo (Rúa Velázquez Moreno) con motivo da aparición da terceira edición.
Vilaboa: presentación da triloxía Dragal, de Elena Gallego
O venres 6 de outubro, ás 19:00 horas, na Biblioteca Municipal de Vilaboa (Casa da Cultura de Riomaior), preséntase a triloxía Dragal, de Elena Gallego, publicada en Xerais. O acto está organizado por Vilaboa Comunicación e contará coa participación da propia autora.
Illa da Arousa: presentación de A noiva e o navio, de Susana Sánchez Arins
O sábado 6 de outubro, ás 20:30 horas, na Sala de Plenos do Concello da Illa da Arousa, preséntase A noiva e o navio, de Susana Sánchez Arins, publicado por Através Editora. No acto, xunto á autora, participa Ugia Pedreira.
Gondomar: presentación de Saibas cantos estas cartas viren… Álvaro Cunqueiro e Alberto Casal (1955-1961)
O venres 5 de outubro, ás 20:00 horas, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira, 10) de Gondomar, preséntase o Caderno Ramón Piñeiro nº XXIII, baixo o título Saiban cantos estas cartas viren… Álvaro Cunqueiro e Alberto Casal (1955-1961), editado polo Centro Ramón Piñeiro, e coordinado por Luís Cochón. No acto, conducido por Rexina Vega, participan o propio Alberto Casal, César Cunqueiro, Luís Cochón, Luís Alonso Girgado e Valentín García Gómez. Pechará o acto o grupo musical Cordas Novas.
Vigo: presentación de Dezaoito
Vigo: presentación de Prisciliano e priscilianismo, coordinado por Victorino Pérez Prieto
O xoves 4 de outubro, ás 20:00 horas, na Casa do Libro de Vigo (Rúa Velázquez Moreno, 27), preséntase o libro Prisciliano e priscilianismo. Da condena á rehabilitación, coordinado por Victorino Pérez Prieto, publicado en Biblos. No acto, xunto ao autor, participan Tucho Calvo e María José Bravo Bosch.
Vigo: presentación de Antón Reixa. Ghicho distinto, de Xosé Cid Cabido e Manuel Xestoso
O xoves 4 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12) de Vigo, terá lugar a presentación do libro Antón Reixa. Ghicho distinto de Xosé Cid Cabido e Manuel Xestoso, publicado en Xerais. Xunto aos autores, participan Xosé Manuel Pereiro, Antón Reixa e Manuel Bragado.