Entre
o 15 e o 17 de outubro, en Nova York, Francisco X. Fernández Naval participará en diversos recitais poéticos multilingües. O día 17 tamén se presentará o libro bilingüe galego-castelán Memoria de abril, publicado por Artepoética Press, editado por Teresa Seara. O programa completo pódese descargar aquí: Programa Nova York outubro 2014 Francisco X. Fernández Naval.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Ourense: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto
O
mércores 15 de outubro, ás 20:00 horas, na Asociación Cultural Agalleira (Praza de San Cosme, 1) de Ourense, preséntase Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado en Xerais. No acto participa, xunto ao autor, Xabier Paz.
Betanzos: presentación de Reo, de Xesús Fraga
O
mércores 15 de outubro, ás 20:00 horas, na A. C. Casa Castillo (Rúa Roldán, 2) de Betanzos, preséntase Reo, de Xesús Fraga, publicado en Galaxia. Falarán Francisco Castro, Xosé Luís Mosquera e o autor, e haberá unha demostración de graffiti en directo cos escritores da crew betanceira Camborios Art. Colaboran Editorial Galaxia e a Libraría Biblos.
Compostela: presentación de Cantos de sol a sol, de Xosé Neira Vilas
Betanzos: obradoiro arredor de A historia fascinante da vaca rodante, de Cristina Corral Soilán, Miguel Noval e Aurora Cascudo
Ourense: presentación de Textículos dramáticos e posdramáticos, de Afonso Becerra de Becerreá
Vigo: edición do Círculo Poético Aberto e presentación de libro de Nolim González
O
sábado 11 de outubro, ás 22:00 horas, no Café Uf (Rúa do Pracer, 19) de Vigo, terá lugar un novo Círculo Poético Aberto de Penúltimo Acto, onde pode participar o público interesado con poesía, música ou performance. No acto tamén se presentará o libro Almanaque. Um Fim do Mundo Qualquer, de Nolim González.
A Coruña: presentación de Lugo, a cidade dos tesouros encantados, de Lois Diéguez
Compostela: Serán de poesía con Eli Ríos e Silvia Penas, acompañadas por Ugia Pedreira
Pontevedra: Presentación de Ás voltas coa diversidade cultural
O
venres 10 de outubro, ás 19:30 horas, na Galería Sargadelos de Pontevedra (Rúa da Oliva, 22), preséntase Ás voltas coa diversidade cultural. As conferencias de Claude Lévi-Strauss para a UNESCO, tradución publicada por Edicións da Curuxa. No acto, organizado pola Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), participan o coordinador do libro, o profesor da USC José M. Álvarez-Castro, e o presidente da SAGA, Rafael Quintía.




