Vigo: actividades destacadas do xoves 29 de maio na Feira do Libro

O xoves 29 de maio continúa a Feira do Libro de Vigo (na Praza de Compostela), con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados para eses días:

– 19:00 h. Sinatura de libros de Ledicia Costas na caseta da Libraría Andel.
– 20:00 h. Inma López Silva presenta o seu libro Maternosofia, publicado por Galaxia. Xunto coa autora, participará no acto María Xosé Queizán e Carlos Lema.

Compostela: presentación de De Vida ou Morte, de Maria José Castelo

A cuarta feira 28 de abril, ás 20:00 horas, na Livraria Ciranda (Rúa Travesa, 7, baixo) de Santiago de Compostela, preséntase o libro de poemas De Vida ou Morte, de Maria José Castelo Lestom, publicado por Editora Humana. No acto participa a propia autora.

Vigo: actividades destacadas do mércores 28 de maio na Feira do Libro

O mércores 28 de maio continúa a Feira do Libro de Vigo (na Praza de Compostela), con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados para eses días:

– 19:00 h. Presentación de 50 anos de Grial, pola Editorial Galaxia. Participan Víctor F. Freixanes, Henrique Monteagudo, Carlos Fernández, Domingo Docampo, Uxío Labarta e Xurxo Martínez.
– 20:00 h. Presentación do libro Pedro Petouto, de Xesús Alonso Montero, publicado por Xerais. Acompañarán ao autor do libro Modesto Hermida, Antón Costa Rico e Manuel Bragado.

Vigo: actividades destacadas do martes 27 de maio na Feira do Libro

O martes 27 de maio continúa a Feira do Libro de Vigo (na Praza de Compostela), con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados para eses días:

– 19:00 h. An Alfaya presenta o seu libro O fío vermello, publicado por Xerais. Xunto á autora, participarán no acto Helena Pérez e Antonio García Teijeiro.
– 19:30 h. O escritor Pedro Feijoo asinará na caseta de Libraría Pedreira.
– 20:00 h. O escritor e xornalista Pemón Bouzas presenta o seu libro A voz do vento, publicado por Xerais. No acto estará acompañado por Manuel Bragado.

Compostela: presentación do número 108 da revista Peonza, dedicada a Agustín Fernández Paz

O martes 27 de maio, ás 19:30 horas, na Biblioteca Novacaixagalicia (Rúa Frei Rosendo Salvado 14-16) de Santiago de Compostela, preséntase o número 108 da revista Peonza, dedicada a Agustín Fernández Paz. No acto intervirán algunhas das persoas que participan na revista: Xabier P. DoCampo, Xavier Senín, Isabel Soto, María Jesús Fernández, Martin Pawley e Miguelanxo Prado, sendo o cerre do mesmo a cargo do proprio Agustín Fernández Paz.

Compostela: presentación de Unha rosa encarnada, de Robert Burns, traducido por Raúl Gómez Pato

O martes 27 de maio, ás 20:30 horas, no Grândola (Cardeal Payá, 18) de Santiago de Compostela, preséntase Unha rosa encarnada, de Robert Burns, publicado por Positivas. No acto participará o tradutor, Raúl Gómez Pato, Ryan McAllister, escocés e asesor para a tradución e o texto orixinal, e Héctor Lorenzo, quen ofrecerá algunha versión musical dos poemas do autor escocés.