Trintxerpe, Pasaia: presentación de En castellano no hay problema, de Carlos Callón

O mércores 8 de xuño, ás 20:30 h., na Tenencia de Alcaldía de Trintxerpe (Euskadi Etorbieda, s/n., Pasaia), preséntase o libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, publicado en Xerais. Participarán Filipe Domínguez, presidente do Fato Daniel Castelao e o propio autor.

Santiago: presentación de Fogar impronunciable, de María do Cebreiro

O mércores 8 de xuño, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6), de Santiago de Compostela, terá lugar a presentación de Fogar impronunciable. Poesía e pantasma, o último ensaio de María do Cebreiro, publicado en Galaxia. A autora estará acompañada por Carlos Lema, Ana Salgado e Isaac Lourido.

A Coruña: presentación de as desfeitas do día, de Pedro P. Riobó

O mércores 8 de xuño, ás 20:00 h., na Libraría Couceiro (Praza do Libro) da Coruña, preséntase o libro de poesía as desfeitas do día, de Pedro P. Riobó, publicado en Edicións Morgante. A presentación incorpora un recital audiovisual dunha duración aproximada de vinte minutos. Os convidados son: Diana Sieira e José León, do grupo de teatro Carfax do Burgo (Culleredo).

Santiago: presentación de Materia infinita, de Xoán Carlos Domínguez Alberte

O martes 7 de xuño, ás 20:00 horas, na Sala de presentacións da Editorial Follas Novas (fronte á librería, Rúa Santo Domingo da Calzada, 1 entrechán), de Santiago de Compostela, preséntase o libro Materia infinita, de Xoán Carlos Domínguez Alberte, publicado na colección Libros da Frouma de Follas Novas Edicións. No acto interveñen Luís Alonso Girgado, Anxo Pastor, Baldo Ramos e o propio autor, quen ofrecerá unha lectura dos seus textos.

A Coruña: presentación do número 189 da revista Grial

O luns Grial 1896 de maio, ás 13:00 horas, na Sala de Prensa da Reitoría da Universidade da Coruña (Maestranza, 9), preséntase o número 189 da revista Grial, titulado Valar o común?, publicada en Galaxia. No acto participan Víctor F. Freixanes, Carlos Fernández, coordinador do número, e Carlos Amoedo, profesor de Dereito Administrativo na Universidade da Coruña, e colaborador deste número.

Ourense: actos da fin de semana na Feira do Libro

Remata a XXVII Feira do Libro de Ourense (na Alameda, Rúa do Bispo Cesáreo), con horario de 11:30 a 14:00 h. e de 18:30 a 22:00 horas.

As actividades máis destacadas do sábado 4 son as seguintes:
19:00 h. Presentación do libro Golfiño e os invasores, de Fausto Isorna, publicado por El Patito Editorial.
20:00 h. A escritora e xornalista Elena Gallego Abad asinará exemplares do 2º tomo da súa obra Dragal, a herdanza do Dragón, publicada por Xerais.
20:30 h. O humor na feira do libro. Actuación de Cándido Pazó co seu monólogo humorístico Cunqueiradas, baseado en textos de Álvaro Cunqueiro.

E, no derradeiro día da Feira, o domingo 5, destaca:
20:30 h. Presentación do libro Madeira de Mulher, de Adela Figueroa, con ilustracións de María Celsa Sánchez Vázquez, publicado por Ediciós do Castro.

Santiago: presentación de Nómade, de María Rosendo Priego

O venres 3 de xuño, ás 19:30 horas, na Biblioteca Pública Ánxel Casal (Avenida Xoán XXIII) de Santiago de Compostela, preséntase o poemario Nómade, de María Rosendo Priego, co que gañou a XXIII edición do Premio Nacional de Poesía Xosé María Pérez Parallé, publicado en Espiral Maior. No acto participa a poeta Andrea Nunes Brións.

Ourense: actividades do venres 3 na Feira do Libro

Continúa a XXVII Feira do Libro de Ourense (na Alameda, Rúa do Bispo Cesáreo), aberta até o domingo 5 de xuño, con horario de 11:30 a 14:00 h. e de 18:30 a 22:00 horas.

As actividades máis destacadas do venres 3 son as seguintes:
19:30 h. Presentación dos ensaios sociolóxicos Todo menos o cuiñar, de John Barlow e Rusos como Creso, de Elana Lenina e da novela Dónde está la esperanza, de Fernando Sancho Casal, publicados por Franouren Edicións. Participarán no acto Bárbara Álvarez Fernández e o director da editorial, Manuel Ángel García Fernández.
20:30 h. Fernando Méndez presentará o seu libro Deus xogando aos dados, publicado en Sotelo Blanco Edicións. Ao remate do acto, o autor asinará exemplares do seu libro.