O
venres 5 de xullo, ás 21:00 horas, na Casa Dopeso (Rúa Rosalía de Castro, 24) das Pontes, Ofelia López, pertencente ao grupo Alalá, presenta o seu primeiro poemario editado por Edicions Galebook Fume de cerna. No acto, xunto á autora, participa o prologuista da obra, Xulio L. Valcárcel.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Portosín: presentación de Big five, de Manuel Mariño Blanco
Vigo: actos destacados do venres 5 na Feira do Libro
O
venres 5 de xullo prosegue a Feira do Libro de Vigo (na Praza de Compostela), cos seguintes actos literarios destacados para este día:
Venres 5
– 19:00 h. Presentación do libro O señor Corpo quere xogar, de Alicia Borrás Sanjurjo, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Participan no acto Manuel Bragado e a autora do libro.
– 19:00 h. María Reimóndez asinará na caseta de Martín Codax Libraría Universitaria.
– 19:30 h. O escritor Marcos Calveiro asinará exemplares dos seus libros.
– 20:00 h. A noite no deserto. Un diálogo sobre a novela e a construción da memoria, con Chisco Fernández Naval, autor de A noite branca, publicado por Edicións Xerais de Galicia, e Antón Riveiro Coello, autor de Laura no deserto, publicado pola Editorial Galaxia.
– 21:00 h. Teatro Antroido representa Vida e obra de Roberto Vidal Bolaño, charla posta en escena entre a actriz Laura Ponte e o dramaturgo e fillo do autor, Roi Vidal Ponte.
Crónica da presentación en Vento do Sul (Ourense) de As vidas de Nito, de Xabier Paz
Desde
Tempo de Lecer Ourense:
“(…) A Editorial Xerais presentou o xoves 26 de xuño en Ourense o seu último lanzamento editorial: As vidas de Nito, de Xabier Paz. O acto tivo lugar na Livraría Torga e contou coas intervencións do autor da obra e de Manuel Bragado, director de Xerais. Segundo explicou Manuel Bragado, As vidas de Nito “é unha novela escrita cun enorme poder evocativo e cunha vontade estilística arrebatadora”. O libro conta a historia de Casiano Cendán Rocha, un home de idade que vive nunha residencia e que fai memoria da súa vida a través das conversas coa súa neta Aldara, que remexe nel os sedimentos máis íntimos. Canto importa o corpo? Que lle sucede a un neno que non medra como é debido?
Para Casiano, durante a infancia e a puberdade, o seu corpo foi fonte de desacougo e estrañeza. Logo, xa adulto, a súa paixón por África converteuse no referente dunha existencia chea e dorida. As visitas da súa neta actúan como o catalizador de inesperados procesos íntimos. Casiano debulla recordos para compoñer a esquecida historia da súa nenez e puberdade. Desde a chegada da Coca-Cola até a traizón da Transición, é retratada unha época que case todos queren esquecer. Na lembranza desfilarán as angueiras de Nito, un neno de anómalo e lento medrar, a súa perplexidade ante a rareza, a dor da diferenza, a educación relixiosa, a perda da inocencia, o asalto da sexualidade… Aldara recibe estrañada as disertacións do avó, visita tras visita, desde a historia de Papá Noel até a termodinámica da vida, desde a literatura até as vantaxes da morte. Segundo Manuel Bragado, “unha desolada lucidez, non exenta de humor, percorre o texto desta novela na voz do narrador”. (…)”
Betanzos: presentación de Resina de poliéster, de Xabier Correa Corredoira
O
venres 5 de xullo, ás 20:00 horas, na Libraría Carricanta (Rúa Doutor José Fariña, 1) de Betanzos, preséntase Resina de poliéster, de Xabier Correa Corredoira, publicado en Baía Edicións. No acto, xunto ao autor, participan Yolanda Castaño e Sara Seoane, quen acompañará a voz do Corredoira ao piano.
Vigo: actos destacados do xoves 4 na Feira do Libro
O
xoves 4 de xullo prosegue a Feira do Libro de Vigo (na Praza de Compostela), cos seguintes actos literarios destacados para este día:
Xoves 4
– 20:00 h. Presentación do libro Bícame, Frank, de Miguel Anxo Fernández, publicado por Editorial Galaxia. Xunto co autor, participarán no acto Carlos Lema e Gustavo Garrido.
– 21:00 h. Cándido Pazó na feira do libro, co seu espectáculo Historias de sempre para xente de agora.
Versos no Olimpo colleita unha calurosa benvida nas súas presentacións públicas
Desde
a Asociación Monte Pindo Parque Natural:
“A obra poética colectiva Versos no Olimpo. O monte Pindo na poesía galega, microfinanciada e editada grazas á nosa rede de colaboradores, non puido recibir unha benvida máis calurosa nas súas primeiras presentacións en sociedade por parte non só da xente que comprometera as súas achegas para ver este soño literario feito realidade, senón tamén por parte de quen, non tendo formado inicialmente parte do proxecto, desexa facerse con esta xoia literaria nacida da suma de sinerxias de moitísimas persoas boas e xenerosas.
O pasado martes 25 de xuño á tardiña, Versos no Olimpo foi recibido na capital galega por todo o alto. No escenario inmellorábel da libraría Couceiro os seus dous coordinadores, Miro Villar e Francisco Xosé Fernández Naval, asi como Merche Díaz e Xil Caamaño en nome da nosa Asociación, foron debullando tanto os seus aspectos literarios coma os técnicos que levaron a materializar a antoloxía. (…)
O sábado 29 ás 19:00 horas, xusto cando arribaban ao Pindo os participantes da celebrada subida ao Olimpo Celta que nos deixou unha nova marabillosa, producíase outra boa noticia co cheo rexistrado na Confraría de Pescadores do Pindo para participar na presentación do libro no marco das VIII Xornadas de Pesca, a cargo de Chisco Fernández Naval, Merche Díaz, Xil Caamaño e Mario Maceiras, acompañados dalgúns dos 56 autores e das autoras dos 79 textos que de agora en sempre engalanarán as follas de Versos no Olimpo: Marta Dacosta, Estevo e David Creus, Alexandre Nerium, Paco Souto ou Nieves García Centeno, entre outros, foron algúns dos encargados de facer voar os versos do Olimpo no recital poético O Monte Pindo, vixía do mar. (…)”
Santiago: presentación de Arcadia, de Alberte B. Casal
Vigo: actos destacados do mércores 3 na Feira do Libro
O
mércores 3 de xullo prosegue a Feira do Libro de Vigo (na Praza de Compostela), cos seguintes actos literarios destacados para este día:
Mércores 3
– 18:30 h. O escritor Agustín Fernández Paz asinará exemplares das súas obras
– 19:00 h. Presentación do libro Cartas de inverno, novela gráfica de Antonio Seijas, publicada por Edicións Xerais de Galicia. Participan no acto Agustín Fernández Paz, Manuel Bragado e o autor.
– 19:30 h. O escritor Xabier Paz asinará exemplares do seu libro As vidas de Nito, publicado por Edicións Xerais de Galicia.
– 20:00 h. Presentación do libro Inmateriais, de Suso de Toro, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Participan no acto Manuel Bragado e o autor.
Vigo: actos destacados do martes 2 na Feira do Libro
O
martes 2 de xullo prosegue a Feira do Libro de Vigo (na Praza de Compostela), cos seguintes actos literarios destacados para este día:
Martes 2
– 19:00 h. Presentación do libro Faneca Brava, de Manuel Portas, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Participan no acto Ramón Nicolás, Manuel Bragado e o autor do libro.
– 19:30 h. Sinatura e encontro cos lectores de Dragal (a serie do dragón galego), de Elena Gallego Abad.
– 20:00 h. Lectura de As voces baixas, de Manuel Rivas. Ao remate, o autor asinará exemplares dos seus libros.

