Aveiro, Portugal: presentación de poemarios de Xavier Frías Conde

A quinta feira 10 de outubro, ás 21:30 horas, no Espaço Biscoito (Rua Jorge Lancastre, 7) de Aveiro, preséntanse os poemarios Azul memória e El lápiz del fin del mundo, de Xavier Frías Conde, publicados por Lastura. Na presentación, xunto ao autor, participa a Grupo Poético de Aveiro.

Vigo: presentación do número 198 da revista Grial

O xoves 10 de outubro, ás 19:30 horas, na Casa Galega da Cultura de Vigo (Praza da Princesa), preséntase o número 198 da revista Grial. No acto participan Víctor F. Freixanes, codirector da revista, Xosé Carlos Arias, coordinador do tema central da revista, centrada na crise económica, e Ramón Villares, autor dun dos ensaios publicados neste número.

Compostela: presentación de Janela Aberta, de José Alberte Corral Iglesias

A cuarta feira 9 de outubro, ás 20:00 horas, na Livraria Ciranda (Rúa Travesa, 7), de Santiago de Compostela, preséntase o libro de relatos Janela Aberta, de José Alberte Corral Iglesias, publicado por Através Editora. No acto, xunto ao autor, participa Xurxo Nóvoa Martins.

Ourense: presentación de Os xornalistas utópicos, de Manuel Veiga

A cuarta feira 9 de outubro, ás 20:00 horas, na Livraria Torga (Rúa da Paz, 12) de Ourense, preséntase Os xornalistas utópicos, de Manuel Veiga, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan César Lorenzo e Manuel Bragado.

Santiago: presentación de Dióxenes en Dolorida, de Ignacio Vidal Portabales

O martes 8 de outubro, ás 20:00 horas, no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Santiago de Compostela (Campus Norte, Avenida do Burgo, s/n), preséntase Dióxenes en Dolorida, de Ignacio Vidal Portabales, publicado por Xerais, e que obtivo o XXX Premio Blanco Amor de novela. No acto, xunto ao autor, participan Xesús Rábade Paredes e Manuel Bragado.

Rianxo: presentación de Iria, de Anxo Angueira

O venres 4 de outubro, ás 20:30 horas, no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo (Rúa Autores da Rianxeira- Parque de Galicia), terá lugar a presentación de Iria, de Anxo Angueira, publicada en Xerais. No acto, coorganizado polo Concello de Rianxo e a editora, participan, xunto ao autor, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Luís Axeitos e Manuel Bragado.

Pontevedra: presentación de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón

A sexta feira 4 de outubro, ás 20:00 horas, no Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (Avenida Santa María) de Pontevedra, preséntase o libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón, publicado en Xerais. O acto está coorganizado pola Fundación Alexandre Bóveda e a editora.

Santa Comba: presentación de Alturas do Monte Pindo, de Rafael Lema

O venres 4 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Ler de Santa Comba (Rosalía de Castro, 32), preséntase o libro Alturas do Monte Pindo, de Rafael Lema, editado pola Consellería de Cultura e o Concello de Negreira, e que recibira o primeiro premio Xosé Manuel López Ardeiro.

A Coruña: presentación de Eu violei o lobo feroz, de Teresa Moure

A quinta feira 3 de outubro, ás 20:00 horas, no salón de actos da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, preséntase Eu violei o lobo feroz, primeiro poemario de Teresa Moure, publicado en Através Editora. No acto, xunto á autora, participa Rafa Vilar.