Arquivo da categoría: Recitais
Esgueva, O Carballiño: celebración do Día da Poesía
O
luns 24 de marzo, ás 11:00 horas, na Insua dos Poetas (Esgueva, Madarnás, O Carballiño), celébrase o Día da Poesía, nun acto coorganizado pola Fundación Insua dos Poetas e o Centro PEN de Galicia, e patrocinado pola Consellería de Cultura, Consellería de Medio Rural e Mar e a Deputación de Ourense. O programa é o seguinte:
– Un alumno/a de cada un dos centros escolares presentes lerá un poema de Nimbos, de Xosé María Díaz Castro.
– Intervirán: Víctor F. Freixanes, Luís González Tosar, Xesús Alonso Montero, Tomás Fernández Couto, Xesús Vázquez Abad e Manuel Baltar.
– Entrega de lotes de libros aos profesores dos centros de ensino presentes.
– Ofrenda floral no monumento Nimbos de luz.
– Plantación de árbores a cargo dos alumnos, profesores, escritores, xornalistas e autoridades.
Ramil, Agolada: I Feira das Artes e das Letras para a Terra
Día de Rosalía 2014 nos centros de ensino (XV)
O
Día de Rosalía 2014 celebrouse no IES Carlos Casares de Vigo do seguinte xeito:
“1) Graffiti no muro que arrodea o centro con motivos alusivos a Rosalía.
2) Dous recitais con poemas de Rosalía:
– 1º ciclo da ESO.
– 2º ciclo: poemas recitados e/ou rapeados por grupos ao unísono e ao final recitado ao unísono por ciclos de Adiós ríos….”
A Coruña: actividades destacadas do venres 21 en CoruñaMayúscula
O
venres
21 de marzo, no Centro Ágora da Coruña, terán lugar estes actos destacados dentro do festival CoruñaMayúscula:
– 11:00 h. Recital de poesía no Auditorio, coa participación de Berta Dávila, Mercedes Díaz-Villarías, Miriam Reyes e Isabel Pérez Montalbán.
– 19:30 h. Conversa sobre Galicia, Terra de Mulleres Poetas, na Aula 9, con Eva Veiga e Carmen Blanco.
Vilagarcía: celebración do Día da Poesía cunha dramatización de poemas de Rosalía de Castro
Desde
Noticieiro Galego:
“A Biblioteca Pública Rosalía de Castro celebra mañá, 21 de marzo, o Día da Poesía, organizando unha actividade que tamén servirá de colofón aos actos programados con motivo da conmemoración do nacemento de Rosalía de Castro. Será a través dunha dramatización de poemas da autora de Cantares Gallegos que correrá a cargo de Ana Hermida e á que asistirá un grupo de alumnos de 3º da ESO. Coincidindo co Día da Poesía clausúrase a exposición sobre Rosalía que se puido visitar na Biblioteca nas últimas semanas. (…)
Segundo a intérprete, Ana Hermida, este espectáculo pretende amosar unha Rosalía actual, como os temas que ela trata, tan vixentes hoxe en día. A relación cos homes, a defensa da muller, da súa terra… O desexo e ansias súas polo teatro “eu quería ser actriz e non me deixaron”. Unha Rosalía, a veces divertida, outras reivindicativa, dura. Unha muller interpretando a outra muller. Poemas, e algunha canción para honrar a nai da nosa terra. A peza baséase integramente en poemas de Rosalía e Miguel Anxo Fernán -Vello. (…)”
Crónica posterior en Faro de Vigo.
Día de Rosalía 2014 nos centros de ensino (XIV)
O
Día de Rosalía 2014 celebrouse no IES Alfredo Brañas de Carballo, do seguinte xeito:
“O luns 24 de febreiro, o Equipo de Dinamización Lingüística organiza un acto en conmemoración do nacemento de Rosalía de Castro. Consistiu nun recitado de poemas de Rosalía por alumnos (en varios idiomas), pais, profesores e persoal de administración; haberá tamén a proxección dun documental, música e canto. Preme aquí para ver o programa completo.”
A Coruña: presentación do libro colectivo Alén do silencio
O
xoves 20 de marzo, ás 20:00 horas, no salón de actos da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18) da Coruña, preséntase o libro colectivo Alén do silencio. No acto participan, entre outras/os, María Luísa Abad, Pepe Ancosmede, Raquel Bello, Rita Bremmer, Mariquinha C., Natalia Concheiro, Carmen Conde, Ana Croas, José Estévez, Anxo Fernández Laxe, María José Fernández López, Xurxo Gago, Beti Guiance, Xosé Iglesias, Ra Iribarnegaray, Antom Laia, Catarina Laxe, Guillerme López, Iria López, Luís Mazás, Miguel Melero, Mila Miguélez, Raquel Naya, María Porta, Marité Prieto, Teresa Ramiro, Paula Sánchez, Paco Souto, Ricardo Souto, Clara Vidal, Ramiro Vidal, e María Xestal. Tamén participa, na parte musical, César Morán.
A Coruña: recital de Antía Otero e Sergej Timofejev no Ciclo Poetas Di(n)versos
O
luns
17 de marzo, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Cultura da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Antía Otero e o poeta en lingua rusa Sergej Timofejev. Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos marzo 2014.
Ourense: presentación do libro colectivo Alén do silencio
O
sábado 15 de marzo, ás 19:30 horas, no Café-Pub Jam Session (Rúa Ramón Cabanillas, 18) de Ourense, preséntase o libro colectivo Alén do silencio. No acto participan, entre outras/os, Sofía Carril, Natalia Concheiro, Estela Dopazo, Asun Estévez, José Estévez, Toño Iglesias, Catarina Laxe, Iria López, Rochi Nóvoa, Carme Simo e Eva Xanín.



