Arquivo da categoría: Recitais
O retorno ao recital (II)
Reportaxe en Cultura Galega:
“A poesía recitada continúa a reclamar o seu espazo na nosa cultura. A iniciativas como os recitais Poetas Di(n)versos, Picaversos ou Poetas da Hostia, súmanse novas propostas. Os Slams Poéticos están a levar a Arousa e Vigo un torneo de recitados, mentres esta última cidade vía recentemente a segunda edición do seu Festival Polipoético. A poesía pide a palabra.
Sther F. Carrodeguas é a responsable do Slam Poético Arousa, unha iniciativa que chegou este outono á nosa terra. Un Slam poético consiste nun torneo, baseados nas competicións de hip-hop, n o que dous competidores len textos propios sen contar con máis recurso do que a súa voz e presenza, sen música ou obxectos de apoio. De cada unha destas roldas un xurado selecciona un dos participantes ata chegar a unha final, da que sae o gañador da rolda. Segundo explica a coordinadora, o proxecto xurdiu dun obradoiro que deu a poeta catalá Irene La Sen sobre este tema en Rianxo. “Eu xa levaba un tempo traballando na cuestión dos recitais, e esta fórmula pareceume bastante sinxelo de organizar. Entón primeiro pensei en o facer aquí, aos poucos foron empatando as cousas e ao final ampliou a toda a Ría de Arousa”. O proxecto intégrase na liga que se celebra a nivel estatal “vai haber seis sesións cada ano, que é o número imprescindible que permitirá que o finalista poida acudir á final estatal. Decidimos organizar un cada mes, de vila en vila, serán cinco roldas locais e despois unha final que quero que sexa na Illa de Arousa, aínda está por fechar”. O que asista á final estatal terá a opción de recitar en castelán, con subtítulos nunha pantalla ou sen apoio de ningún tipo. (…)”.
Pontevedra: actos literarios no Culturgal para o domingo 2 de decembro
A
Feira das Industrias Culturais, Culturgal 2012, remata esta edición no Pazo da Cultura de Pontevedra, con horarios de 11:00 a 14:30 h. e de 16:30 a 21:30 h., e con entrada libre até completar capacidade. Deixamos aquí o programa: Culturgal 2012, dentro dos que destacamos os seguintes actos literarios para este día:
Domingo, 2 de decembro
– 12:00 h. Redelibros: novos camiños para a edición. NO SALÓN.
– 12:00 h. Cine e literatura: A Esmorga de Blanco Amor na gran pantalla. NO GARAXE.
– 12:30 h. Eloy Varela e Fina Casalderrey: Dúas letras. A curta que arrasa nos festivais galegos, publicada en Galaxia. NO GARAXE.
– 13:00 h. Conversa de María Solar con José Domingo, Xavier Alcalá e dos lectores/as de Espazo Lectura con Agustín Fernández Paz. NO SALÓN.
– 13:00 h. Mesa redonda: O teatro para nenos e nenas en Galicia. Organizada por Escena Galega. NO ESTUDIO.
– 16:30 h. Camilo Franco: Dez obras na vida de Vidal Bolaño. NO SALÓN.
– 17:00 h. Francisco Pillado (coord.): Banqueiros, publicado en Laiovento. O teatro tamén ten algo que dicir ante a imposición da crise. NO SALÓN.
– 17:30 h. A máquina do tempo. Un disco-libro ilustrado que fala da memoria. NO PATIO.
– 17:30 h. Manuel Rivas: As voces baixas. Lectura dun fragmento. Participa, xunto ao autor, Manuel Bragado. NO SALÓN.
– 18:00 h. Presentación da Obra completa de Roberto Vidal Bolaño, publicada por Positivas, e da Asociación Roberto Vidal Bolaño. NO SALÓN.
– 18:00 h. Sinatura no stand de Xerais da triloxía Dragal, de Elena Gallego.
– 18:30 h. Presentación a xeito de recital do libro Monicreques, de Xosé Daniel Costas Currás, acompañado por Ledicia Costas.
– 19:00 h. Conversa de Belén López con Manuel Lourenzo, Teresa González Costa, Teresa Moure e María Reimóndez, sobre Escrita teatral. NO SALÓN.
París: Das que me fan herdeira, encontro poético con Dores Tembrás
A Coruña: presentación de Versus
O
xoves 29 de novembro, ás 19:30 horas, na FNAC (Praza de Lugo) da Coruña, preséntase a escolma poética Versus, con presentación do poeta bergantiñán Óscar de Souto e recitación en directo dos outros autores do libro (Antón Borrazás, Miguel Queipo, Hugo Álvarez e Manuel G. Pombo), actuación poético-musical a cargo do grupo Versus e sinatura de libros ao finalizar o acto.
Ferrol: Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro
Santiago: recital de A hostia en verso
Santiago: recital Con dez poemas por barba, de María Lado e Lucía Aldao
A Matanza, Padrón: presentación de Dezaoito
Santiago: recital Picaversos, Rock and Roll
O
martes 20 de novembro, a partir das 21:00 horas, no Modus Vivendi (Praza de Feixoo) de Santiago de Compostela, chega outra edición do ciclo de lecturas poéticas Picaversos, baixo o título Rock and Roll, coa participación de Lucía Aldao, Alfonso Espiño e Luís Pardo. A entrada custa 2 euros.






