Arquivo da categoría: Recitais
A Coruña: Ciclo Poetas di(n)versos, recital de Xavier Seoane e Rosa Alice Branco
O lun
s 17 de xaneiro, a partir das 20:30 h., na Casa da Cultura Salvador de Madariaga (Rúa Durán Loriga, 10, baixo) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, prosegue o ciclo Poetas Di(n)versos, dirixido por Yolanda Castaño, e organizado pola Concellaría de Cultura da Coruña, iniciativa que ten como obxectivo centrarse en achegar a poesía ao público en xeral amosando outra forma de disfrutar a poesía dun xeito case escénico, constituindo o único ciclo estable de lecturas poéticas públicas contando con autores/as de dentro e fóra de Galicia, unha oportunidade única de degustar a poesía producida hoxe en castelán, catalán, éuscaro ou portugués na voz dos propios creadores/as. Os protagonistas do recital deste día son:
– Xavier Seoane (A Coruña, 1954). Dende 1975 ven desenvolvendo a súa actividade nos terreos da creación literaria, da arte e na animación cultural. Así, organiza conferencias e debates, coordina premios ou participa en cursos literarios. Impulsor de innúmeros proxectos de dinamización cultural no noso país, ten comisariado dende exposicións ata libros colectivos, e desenvolveu tanto proxectos videográficos ou mostras de poesía visual como colaboracións escritas en multitude de publicacións periódicas, catálogos de arte, obras colectivas e antoloxías dentro e fóra de Galicia. Poeta con obra traducida a varios idiomas e tamén conferenciante, ten publicado igualmente libros de aforismos, de ensaio, compilacións de textos, novelas, estudos sobre multitude de artistas galegos, reflexións teórico-críticas sobre arte ou escrita, ou obras dirixidas a público infanto-xuvenil.
– Rosa Alice Branco (Aveiro, 1950). Doutora en Filosofía Contemporánea -nas áreas de Filosofía e Psicoloxía da Percepción- pola Universidade Nova de Lisboa. Actualmente ensina Teoría da Percepción na Escola Superior de Artes e Design do Porto (en Matosinhos), mentres dirixe a revista “logovemos” (on line) e fai parte da Unidade de investigación en Design, Media e Cultura (ID+). Ademais diso, ten xestionado publicacións, coloquios e Encontros Internacionais de Poesía. Autora tamén de libros de ensaio, artigos en revistas especializadas e textos traducidos a outras linguas, Rosa Alice Branco participou en encontros e festivais de poesía de todo o mundo e ten libros de poemas publicados no Brasil, Suíza, Luxemburgo, Canadá, Tunicia, Venezuela ou Córcega.
Pódese descargar máis información neste ficheiro en .pdf: Programa Ciclo DinVersos xaneiro 2011.
A Coruña: Opera Aperta (en parte) volume I, con Manuel M. Romón e Julián Hernández
O domingo
16 de xaneiro, a partir das 20:00 h., na Fundación Luís Seoane (Rúa San Francisco s/n.) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, terá lugar Opera Aperta (en parte) volume I, “recital performativo, celebración da palabra, do silencio, da música e do silencio; un diálogo entre a palabra e a música, onde a música ten, significativamente, a primeira e a última palabra; duelo irónico entre os diversos textos que le Manuel M. Romón e os diferentes instrumentos que toca Julián Hernández.
Cangas: presentación do libro Noites, amenceres… e algo máis, de Asun Estévez
O
domingo 16 de xaneiro, a partir das 18:00 h., no Auditorio Municipal de Cangas (Sala de Exposicións), preséntase o libro Noites, amenceres… e algo máis, de Asun Estévez, publicado en Ir Indo. Posteriormente, haberá un recital poético a cargo da propia autora, acompañada á guitarra por Estela Martínez Martínez e Alejandro Lorenzo Díaz.
Vigo: nova edición do Círculo Poético Aberto, do grupo Penúltimo Acto
O
sábado 15 de xaneiro, a partir das 21:00 h., no Café Uf “Negra Sombra” (rúa Pracer, 19) de Vigo, haberá un recital promovido polo Grupo de Acción Poética Penúltimo Acto, no que participarán, ademais dos membros deste colectivo, Iria Bragado, Belém Grandal, Dara Escribano e Simón Cabo.
A Coruña: presentación de A voz da auga, de María do Carme Kruckenberg
O
venres 14 de xaneiro, a partir das 19:00 h., na Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande, 21-24) da Coruña, preséntase o poemario A voz da auga, de María do Carme Kruckenberg, publicado por Edicións Barbantesa. No acto, presentado por María Pilar García Negro, a autora recitará algúns dos seus poemas.
A Coruña: recital poético Música e poesia, no C. S. Gomes Gaioso
O
venres 14 de xaneiro, a partir das 21:00 h., no C. S. Gomes Gaioso (R. Marconi, 9, baixo) da Coruña, terá lugar un recital poético, baixo o título Música e poesia, coa participación de Iolanda Aldrei, Begoña Paz, Belém Grandal, Rosa Enríquez e María N. Soutelo.
Santiago: programa semestral de actividades de Galicia, ceo das letras. Sábados de autor, da Fundación Cidade da Cultura
O
Ciclo Galicia, ceo das letras. Sábados de autor, que se desenvolverá na Cidade da Cultura, está composto polo seguinte programa de actividades:
– 15 de xaneiro. Rosalía, a voz dun pobo:
12:00 | Relatorio: María do Cebreiro Rábade Villar.
13:00 | Ao raso coas lebres (60’), da compañía CasaHamlet.
– 29 de xaneiro. Manuel Antonio: “venador” de horizontes:
12:00 | Relatorio: Xosé Luís Axeitos.
13:00 | Manuel Antonio e mais dispois (35’). Recital poético-musical de María Lado e o pianista Nacho Muñoz.
– 12 de febreiro. Cela e o seu teatro do mundo.
– 26 de febreiro. Fernando Pessoa: da nosa veciñanza:
12:00 | Relatorio: Carlos Quiroga.
13:00 | Dulce Pontes e Uxía Senlle (40’).
– 12 de marzo. Martín Códax: o son das ondas.
– 26 de marzo. Valle Inclán e a visión estelar.
– 02 de abril. Cunqueiro e a maxia da palabra:
12:00 | Relatorio: Quico Cadaval.
13:00 | Cunqueiradas (45’), por Cándido Pazó.
– 30 de abril. Valente ou a erótica do baleiro:
12:00 | Relatorio: Claudio Rodríguez Fer.
13:00 | Concerto de Mauricio Sotelo, Raquel Rivera e María Luz Rivera (25’).
– 14 de maio. Salvador Espriu: da nosa veciñanza.
– 28 de maio. Torrente e a creación sen límites:
12:00 | Relatorio: Jesús Ferrero.
13:00 | Lecturas musicadas (30’): Charo López, Luis Iglesias Feijoo e Alfredo Conde.
– 11 de xuño. Blanco Amor ou a paixón das marxes.:
12:00 | Relatorio: Bieito Iglesias.
13:00 | Proxección audiovisual (45’). Produción propia da Asociación de Escritores en Lingua Galega (A.E.L.G) que se estrea neste ciclo, como mostra da visión poliédrica dunha serie de escritores/as e estudosos/as sobre o universo literario de Blanco Amor.
Presentan: Cesáreo Sánchez Iglesias, poeta e presidente da A.E.L.G., xunto con Mercedes Queixas Zas, profesora, ensaísta e crítica literaria, así como secretaria xeral da A.E.L.G.
– 25 de xuño. Jorge Luis Borges: da nosa veciñanza.
Becerreá: Noite poetica A Pipa 2010 con Branca Novoneyra
O
domingo 26 de decembro, a partir das 19:00 h., na Casa da Cultura de Becerreá terá lugar a XIX Noite Poética A Pipa 10 con Branca Novoneyra, con este programa de actos:
– Cerimonia de Entrega de Premios do XIX Certame Literario A Pipa 10 da Alta Montaña Luguesa, presentado por Amparo Becerra, Alicia Chao Penela, Xavier Fernández e Rafa Ramos. Interveñen: Branca Novoneyra e os/as representantes das institucións colaboradoras.
– Presentación e conversa coa bailarina e escritora homenaxeada Branca Novoneyra, a cargo de Marta de Sinllán e Afonso Becerra de Becerreá.
– Proxección de pezas de danza de Branca Novoneyra.
– Recital da poesía de Branca Novoneyra.
– Cóctel e brinde.
A Coruña: recital de Olga Novo e Andrés Neuman no Ciclo Poetas di(n)versos
O
luns 20 de decembro, a partir das 20:30 h., na Casa da Cultura Salvador de Madariaga (Rúa Durán Loriga, 10, baixo) da Coruña, retoma a súa actividade o ciclo Poetas Di(n)versos, dirixido por Yolanda Castaño, cun recital de Andrés Neuman, poeta arxentino-granadino, tamén autor de contos e microensaios, xa foi sinalado como un dos nomes clave da literatura do s. XXI por mestres como Bolaño, e Olga Novo, autora de culto das últimas xeracións galegas e unha das poéticas máis desacougantes do panorama contemporáneo, o seu traballo como profesora na Universidade da Bretaña Sur fainos escasas as ocasións de escoitar a forza vivencial e o erotismo. Máis información neste arquivo: Programa Ciclo DinVersos Decembro 2010.
