Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Pilar G. Rego entrevista ao escritor Antón Riveiro Coello, que acaba de sacar ao mercado a novela Os elefantes de Sokúrov, unha historia ambientada na cidade de Santiago, na que se mesturan temas coma o amor, o suicidio ou a crise económica. A entrevista completa pode verse aquí.”
Arquivo da categoría: Televisión
Entrevista a Basilio Losada no Zig-zag
Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“O programa ZigZag-Eirado conta coa presenza do profesor, tradutor e investigador lucense Basilio Losada, primeiro catedrático de Filoloxía Galega na Universidade de Barcelona e nomeado recentemente membro de honor da Real Academia Galega. Con esta distinción, a institución recoñeceu o seu labor incansable na defensa e na difusión da cultura galega tras emigrar cando era un neno a Cataluña, onde desenvolveu unha produción versátil que vai da investigación e o ensaio á crítica literaria, a tradución e a creación. A entrevista completa pode verse aquí.”
Lugo: masterclass sobre guión impartido por Xosé Antón Cascudo
Xosé Antón Cascudo impartirá este venres día 6 de novembro unha masterclass sobre guión de ficción televisiva na Fundación Tic de Lugo (Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n,), de 17:00 a 20:00 horas, con entrada de balde.
Cascudo, que combina a escritura coa investigación -está realizando a súa tese de doutoramento sobre a serie Mad Men– ofrecerá unha visión panorámica sobre o fenómeno da ficción televisiva, que a pesar das mutacións propias da era dixital segue constituíndo o epicentro da industria do entretemento.
Na primeira parte da sesión incidirase nalgunhas das particularidades do guión de ficción concibido para o medio televisivo, como a serialidade, o papel da publicidade, a contaminación xenérica ou o carácter transnacional deste tipo de produtos.
Máis adiante Cascudo centrarase no oficio do guionista e nas ferramentas das que dispoñen para artellar o relato: o deseño de estruturas e personaxes, a elaboración de mapas de tramas, a importancia da documentación ou a interacción entre ficción e historia, sen esquecer outros aspectos como as dinámicas das canles e as estratexias de venta.
Entrevista a Luís González Tosar en Zig-zag
Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Luís González Tosar acaba de ser nomeado académico corresponsal da Real Academia arxentina das Letras en España, en representación de Galicia. A entrevista pode verse completa aquí.”
Entrevista a Érica Esmorís no Zig-zag
Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
Entrevista a Érica Esmorís, arredor de Nena e o mar. Pode verse completa aquí.
Entrevista a Cesáreo Sánchez, presidente da AELG
Entrevistas sobre Morena, perigosa e románica, de Pedro Feijóo
Desde o Galicia por Diante, da Radio Galega:
“O escritor vigués preséntanos o seu novo libro, Morena, perigosa e románica. A entrevista completa pode escoitarse aquí.”
E entrevista en Tempo de Lecer.