Arquivo da categoría: Tradición
Publicación do texto íntegro de A esmorga, de Eduardo Blanco Amor
(Galaxia)
Ourense usará a revista Nós para ser Cidade Europea da Cultura
Alonso Montero: “Luis Seoane era un galeguista españolista”
(Xornal)
A Coruña: exposición A Coruña na creación do libro galego
O mércores 13 de outubro ás 19:30 h. inaugúrase a exposición A Coruña na creación do libro galego, que estará aberta até o domingo 21 de novembro (todos os días en horario de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 h.). En 1810, hai agora douscentos anos, imprímese na cidade da Coruña o primeiro libro en galego, tres anos depois edítase o primeiro supervendas da literatura galega, pero é no período 1885-1931 cando se configura nesa cidade a moderna empresa editora. A partir de 1885, a Biblioteca Gallega de Martínez Salazar comeza a formar un público e a seguinte xeración de editores xa é quen de soñar un mercado. Leandro Carré e Ánxel Casal comezan a cadrar os números do libro galego. Sentido empresarial e compromiso ideolóxico están sempre presentes nos editores galegos. A exposición está organizada pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña e a Real Academia Galega. Aquí se pode descargar o folleto da exposición: A Coruña na creación do libro galego.
Padrón: Ao raso coas lebres, de Casahamlet
O venres 8 de outubro, a partir das 20:00 h., na Casa-Museo Rosalía de Castro de Padrón, terá lugar a representación de Ao raso coas lebres, por Casahamlet, coa participación de Manuel Lourenzo, Santiago Fernández e os músicos Manu Clavijo e Brandan Lourenzo, con motivo do 152º aniversario do casamento de Rosalía de Castro con Manuel Murguía. Ao raso coas lebres tenta mostrar a lucidez e a rebeldía dunha muller que, adiantándose ao seu tempo, desvela a situación do pobo e da cultura galega, comezando pola lingua, que ten nela a primeira usuaria con forza suficiente para inaugurar un tempo novo marcado pola consciencia e polo orgullo, así como pola contundencia fronte ás agresións.
Ignacio Vilar levará de novo á gran pantalla A Esmorga
A Real Academia Galega recolle o legado persoal de Xoán Vicente Viqueira
(Xornal, Galicia Hoxe, La Opinión).
Rábade e Outeiro de Rei: actos de homenaxe a Manuel María
Baixo o título Memoria da chaira enteira, a Irmandade Manuel María celebrará o vindeiro 8 de setembro en Penas de Rodas -cerca de Rábade- a homenaxe ao poeta chairego, falecido no 2004. A homenaxe, que comeza 17:00 h., coincide coa axilización dos trámites para constituír a Fundación Manuel María, que terá a súa sede na Terra Chá, na mesma casa onde nacera no 1929. A deputación de Lugo e concellos como o de Monforte, onde pasou parte da súa vida, están directamente involucrados neste proxecto, presentado xa en distintas cidades de Galicia pola súa viúva, Saleta Goi. En Penas de Rodas, distintos poetas recitarán versos de Manuel María como limiar da ofrenda floral, ás 18:00, no cemiterio de Outeiro de Rei, onde está enterrado. Alí, ademais dunhas palabras de lembranza que pronunciará Valentín Arias, haberá tamén unha lectura de textos.
Posteriormente, ás 19:00, na Carballeira de Santa Isabel, realizarase un ritual no que unha personalidade vinculada ao autor de Muiñeiro de brétemas recibe a Navalla de Manuel, coa que cortará o queixo e o pan que comerán os asistentes, este ano acompañados por viño da Ribeira Sacra. A primeira persoa en recibir a ración é, sempre, Saleta Goi. Noutras ocasións, a navalla recaeu, entre outros, en Alfonso Blanco Torrado, Xulio Xiz, Camilo Torres ou Darío Xohán Cabana. Neste último acto, que se celebra nas proximidades da casa natal, participarán Mini e Mero, Miro Casabella e Tino Baz.
A Casa-Museo de Manuel María estará en funcionamento a finais de 2011
(Xornal)