
María Xosé Porteiro: “Hai unha regresión do feminismo polos ataques do patricarcado, tralo 2018 asustamos”
Entrevista de María Solar a María Xosé Porteiro no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“(…) “Non podo crer que aínda teña que levar esta maldita pancarta”. Iso dicía unha manifestante da marcha das mulleres de Toronto no 2017. Onte mesmo, as mulleres volvemos levar a pancarta, e así cada ano. As benfaladas é un ensaio de María Xosé Porteiro que reflexiona sobre a voz das mulleres, analiza a súa presenza e dá alternativas para acelerar o proceso de normalización equitativa. O pasado ano os talibáns prohibiron a voz das mulleres nos espazos públicos. Falar, cantar, ler, recitar. Unha lei condenada pola ONU, pero que se puxo en marcha. Foi o detonante para que María Xosé Porteiro comezara a escribir este ensaio, que, en realidade, leva toda a vida escribindo. A entrevista pode verse aquí.”
Vídeo da presentación na Coruña arredor de Sacho de seda: Unha microhistoria sentimental, de Abraham Pérez
Noelia Gómez: “Quixen poetizar o desenfoque e buscar o sublime dentro da dor”
Entrevista de Pilar G. Rego a Noelia Gómez no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Alguén agarra as miñas mans e pronuncia o frío /
di que pense en algo fermoso/
imaxino a escrita
este é o inicio
Son estes versos de Desenfoque, o último poemario de Noelia Gómez editado por Apiario. Un libro onde as fracturas e a memoria son xeitos de nomear a perda. Porque Noelia Gómez toma a man da cirurxiá e atravesa o proceso da escrita. A entrevista pode verse aquí.”
Compostela: presentación de Os médicos tamén enferman, de Martiño Noriega
Compostela: presentación de Medea. Heracles, de Eurípides, traducido por Iria Pedreira
Compostela: presentación de Sentinelas no limiar das tebras, de Andrés Castro, Ozo Perozo e Alexandre Senande
Bases do XXII Premio de xornalismo Johán Carballeira
A Coruña: presentación da Poesía reunida de Xosé Luís Méndez Ferrín
O 9 de abril, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Coruña, preséntase a Poesía reunida de Xosé Luís Méndez Ferrín, publicada por Xerais, coa presenza do autor desta edición, Anxo Angueira, acompañado por Xosé Luís Axeitos. As persoas interesadas poden inscribirse aquí.