A Estrada: obradoiro intensivo de relato curto de terror Memorias dun esquelete

Orientado a público a partir dos 14 anos, as sesións terán lugar nas mañás dos sábados 4, 11, 18 e 25 de Novembro, en horario de 11:00 a 13:30 horas, na Casa das Letras. O número máximo de participantes será de 15, e terá unha matrícula de 5€.
A inscrición pode facerse aquí.

Obituario de Pepe Veloso de Forgas

Desde aCentral Folque:
“Unha xeración morre mentres unha nova agroma con forza. Un dos últimos brindeiros do Courel, José Veloso Valcárcel de Forgas (Ferreiros, Pobra de Brollón), morreu estes días de outono de 2017 aos 88 anos na Pobra do Brollón. Un bon cantor, de voz clara e firme con rexistro de tenor; tesouro dun repertorio tradicional de cantares e excelente improvisador
Desde aCentral Folque, lembramos a memoria deste singular repentista e recoñecemos a súa arte e personalidade. Fixo parte do Encontro Brindeiro que organizamos en Seoane do Courel no ano 2009 xunto a outros brindeiros e brindeiras da contorna e participou nalgúns Filadóns do Caurel (ver vídeo), festival folclórico da comarca.
O seu nome está incluído no libro “Repente Galego” de Ramon Pinheiro Almuinha e especialmente no libro Os últimos brindeiros de Forgas de Xosé Lois Foxo sobre el e o seu irmán Álvaro, finado recentemente.
Deste xeito, fica en activo o xenial Antonio Río, O Ribeira de Louzarela, o derradeiro brindeiro do Courel.
Podes escoitar no arquivo do APOI varios brindos e cantigas de Pepe de Forgas co seu irmán Álvaro.”

Ribadeo: actos literarios destacados na I Feira Feminista

O sábado 28 de outubro, en Ribadeo, dentro do programa da I Feira Feminista, organizada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade, terán lugar os seguintes actos literarios destacados:
12:45 h. Vermú María Soliña e Versos feministas no bar O Cabás, con María José Fernández.
13:45 h. Vermú María Castaña e Versos feministas no bar O Indiano con Olalla Cociña.

A Coruña: “A doután. Xornadas surrealistas”

O venres 27 e sábado 28, na Fundación Luís Seoane (Rúa San Francisco, 27), na Coruña, terán lugar as Xornadas surrealistas A doután, co gallo da presentación da exposición “A vida dende o outro lado: O surrealismo galego-portugués”, prevista para febreiro-marzo do 2019, na Coruña. Organizan e coordinan: Tono Galán e Xoán Abeleira, co apoio da Concellería de Cultura da Coruña e a Fundación Luís Seoane.
Dentro das súas actividades destacamos as seguintes propostas literarias:

Venres 27
18:00 h. Relatorio de soños. Onilirismo, falando abertamente cos ollos pechados.
19:30 h. Creacións poético-musicais de João Sousa.
20:00 h. Posta en común do libro O pronunciábel dia da súa morte, de Xesús González Gómez (verbo da recepción na Península Ibérica da noticia do pasamento de André Breton) e outras diversas publicacións do Grupo Surrealista Galego.

Sábado 28
18:00 h. ¨A lingua das pedras¨, faladoiro verbo do amor tolo polas pedras no xamanismo, no celtismo, no romanticismo, no simbolismo e no surrealismo. Coios e coídos como plataformas cara ó outro lado. Mostra de pedras intervidas a doután por divers@s convidad@s.
19:30 h. Liberdade poética, liberdade de acción.