O
venres 3 de febreiro, ás 20:00 horas, no Ateneo Santa Cecilia, de Marín (Rúa Caracol, 36, baixo), preséntase O espello do mundo, de Ramón Nicolás, publicado por Xerais. No acto haberá un diálogo sobre a novela coa xornalista Paz Castro e o público presente.
Entrevista a Antía Otero no Zig-zag
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Antía Otero preséntanos O cuarto das abellas. Pode accederse á entrevista aquí.”
Isaac Xubín fala sobre A cadencia da fractura
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Isaac Xubín fálanos de A cadencia da fractura, a obra coa que gañou o Premio Manuel Lueiro Rey de poesía. Pode accederse á entrevista aquí.”
Vilalba: presentación de O álbum de Garrincha, de Beatriz Maceda (o acto foi suspendido polo temporal)
Lalín: entrega do XLII Premio Modesto R. Figueiredo
Cangas: presentación de Nos espazos do soño, de Xosé Vázquez Pintor
Oiartzun: Homenaxe a Concha Murguía 2017
O
Excmo. Concello de Oiartzun e o Fato Cultural Galego Daniel Castelao, de Pasaia, organizan a Homenaxe a Concha Murguía 2017, co seguinte programa:
Xoves 2 de febreiro, ás 19:00 horas, na Sala de plenos do Concello:
– Recital poético musicado, vasco-galego, de poemas de Rosalía de Castro e de Antton Kazabon:
· Recitadores: Antton Kazabon e Xosé Estévez.
· Músicos: Edurne Saizar, piano; Haizea Lekuona, frauta; e Oihane Mitxelena, acordeón.
Venres 3 de febreiro, ás 20:30 horas, na Sala de plenos do Concello:
– Presentación do trailer do documental Euskal Herria: sitio distinto, a cargo do seu autor, Davide Cabaleiro, e de Ainhoa Aranburu, ilusionista.
Sábado 4 de febreiro, ás 12:00 horas, na Praza de Santo Estevo e na Sala Manuel Lekuona da Casa de Cultura:
– Ofrenda floral e homenaxe a Concha Murguía Egaña, coas intervencións da Concelleira de Cultura, Dona Iosune Cousillas, e de D. Xosé Estévez, historiador. Actuarán os txistularis Lartaun Txistulari Taldea, de Oiartzun, e o grupo de gaiteiros Trisquele da Casa de Galicia de Donostia. Ao remate do acto os asistentes serán agasallados co galano dun refrixerio.
A Coruña: festa-presentación de Nierikate, de Xoán Abeleira
O
venres 3 de febreiro, ás 20:00 horas, na Fundación Luís Seoane (Rúa San Francisco, 27), na Coruña, terá lugar unha festa poético-musical arredor de Nierikate, obra que recolle traducións para o galego de Xoán Abeleira. No acto participan, xunto ao autor, Silvia Longueira, François Davo, Begoña Paz, Manuel Rivas, Pedro Casteleiro, Blanca Silva e Lino Braxe, entre outras persoas.
Compostela: Na volta da volta. Poesia na roda da Ciranda
Oito escritores e un reto: escribir un conto a máquina na Numax
Artigo
en Sermos Galiza:
“Tac, tac, tac é un proxecto que xorde da colaboración entre o escritor Suso de Toro e a libraría Numax (Rúa Concepción Arenal, 9, en Santiago de Compostela). O escritor será o comisario da proposta TAC, TAC, TAC. Un conto nun lugar nun límite de tempo: unha actividade estábel e periódica que comezará o 1 de febreiro con Margarita Ledo como primeira protagonista e continuará durante oito meses, até novembro deste ano.
Esta cuarta feira [ás 20:00 horas] a escritora chairega -tamén socia fundadora de Numax- inaugurará esta actividade, que comezará cunha charla co propio Suso de Toro na que reflexionarán sobre o acto da escritura, falando dos tempos previos ao mundo dixital. E logo escribirá a máquina un relato dun folio como máximo que non se reproducirá en ningún outro lugar e só se poderá ler alí.
Será un texto único, coa idea de “reivindicar o orixinal en tempos de copias”, tal e como nos contan desde Numax. Ademais poderemos ver unha mostra dunha selección de edicións propiedade da autora que xa non están accesibles ao público.
Nesta actividade participarán un grupo dos escritores e escritoras máis salientables do noso panorama literario cunha característica común: comezaron a escribir dentro dun marco «analóxico». Esta acción quere poñer en valor, en palabras do propio comisario, o que significa «volver facer unha cousa, un folio que sostén palabras escritas, que contén un texto». Nace da reflexión do propio de Toro sobre a experiencia do que é ser escritor: «alguén que vive nunha esfera de linguaxe confrontada coa vida e as súas continxencias fóra, no mundo. O mundo virtual da linguaxe en paralelo ao mundo experiencial».
A intención de de Toro é “darlle unha volta á constatación de Walter Benjamin sobre a perda de aura da obra de arte no tempo da súa reprodutibilidade técnica e, tamén, sobre o valor e o poder da unicidade fronte as reproducións”. “Vén ser un apelo á memoria e a experiencia de quen escribiu a man, a máquina despois, acompañado da percusión dos tipos que batían na fita de tinta e no papel. A soidade de cando non se escribía só texto sen tacto nunha pantalla senón que se fabricaba unha cousa: un papel tintado. A añoranza da mínima fisicidade do oficio, o estrañar manchar os dedos de tinta e sentir o ruído da nosa ferramenta, o lapis, a péna ou as teclas a bater. Naturalmente, tamén ten a ver co fetichismo e co noso desexo creador de cousas sagradas ou ás que lle queremos atribuír carácter máxico”.”



