Héctor Cajaraville Araujo gaña o 7.º Premio Meiga Moira 2016 de Literatura Infantil-Xuvenil convocado por Baía Edicións

“OBasesMoira2016_1 Xurado, formado polas escritoras Andrea Maceiras (gañadora dos 4.º Premio (2010) e 6.º Premio (2014) coa obras Violeta tamurana e Miña querida Sherezade, respectivamente) e Conchi Regueiro, María Dores Fernández López, profesora de Ensino Medio de Lingua e Literatura Galega na Coruña, a tamén escritora Marica Campo, que actuou de Presidenta, e a directora editorial de Baía Edicións, María Belén López Vázquez, como secretaria, reunido o martes día 11 de outubro de 2016 resolveu conceder por unanimidade o 7.º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil-Xuvenil á obra presentada baixo o lema “Briolanxa”.
Abertas as plicas, a mesma resultou corresponder a presentada polo escritor compostelán Héctor Cajaraville Araujo, que leva como título Denébola a Roxa e proposta para lectoras e lectores a partir de 12 anos.
O Xurado manifestou, entre outros aspectos, o seguinte:
«Denébola a Roxa é unha novela de aventuras de estrutura áxil e dinámica, ambientada no século XVII que relata o desafío dunha muller afouta nun mundo de homes.
A protagonista, Denébola, que comparte nome coa estrela máis brillante da constelación de Leo, loitará pola procura dun destino máis luminoso que o que seu pai elixiu para ela.
Marcada desde o nacemento pola superstición asociada á súa cabeleira roxa, tentará rexerse polos seus propios principios e tomar as rédeas da súa propia vida».
A obra será publicada por Baía Edicións na súa colección Meiga Moira antes de finalizar o ano e a autora recibirá 2.500 euros, cantidade coa que está dotado o Premio.
Noutra orde de cousas, o Xurado valorou a alta calidade das obras presentadas, das que catorce alcanzaron a selección final, o que evidencia máis unha vez o extraordinario momento que vive a literatura en galego dirixida ao público infantil e o importante xermolo de escritoras e escritores que está dando o país para seguir facendo avanzar o galego como idioma literario e de uso vehicular entre as nosas nenas e nenos.”

Manuscritos: Avelino Pousa Antelo

Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“O meu agradecemento a David Otero e Nora Pousa pola cesión deste manuscrito, escrito orixinalmente a lapis, de Avelino Pousa Antelo para o “Caderno da crítica” sobre as súas esperanzas e as da mocidade nacionalista nos tempos da República. Abaixo reprodúcese a versión mecanoscrita do texto.”

manuscrito-pousa-antelo“Para falar da miña relación co Sempre en Galiza penso que debo falar da miña relación persoal co galeguismo e co propio Castelao en aqueles ilusionantes tempos da proclamación da 2ª República que para min -para a mocedade galeguista en xeral- abriu unha etapa de ilusionantes proxectos vitaes e unhas novas esperanzas non menos ilusionantes e cecais utópicas para o porvir de Galicia.”

Pontevedra: relatorio arredor de Protexer o invisible, de Xaime Toxo

O14642456_1765902493664913_1992451862718828886_n venres 14 de outubro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra (Rúa do Padre Amoedo Carballo, 3), terá lugar un relatorio arredor do libro Protexer o invisible, de Xaime Toxo, publicado pola Editorial Ancoradouro. No acto participan, xunto ao autor, Xosé Leal, Ramón Rozas, Antón Sobral, Carmen Quinteiro e Jonathan Balbuena. Organizan, xunto á editora, o Ateneo, a Deputación e o Museo de Pontevedra.

Baiona: presentación de Xa non estou aquí, de Iria Misa

Airia-misa sexta feira 14 de outubro, ás 20:00 horas, na Casa da Navegación (Rúa Ventura Misa, 17), en Baiona, terá lugar a presentación do libro Xa non estou aquí, de Iria Misa, novela gañadora do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2016, publicado por Xerais. No acto, xunto á autora, participan Ledicia Costas e Manuel Bragado.

Seixalbo (Ourense): presentación de Philogelos (O amante da risa)

Oimg-20160918-wa00004 venres 14 de outubro, ás 20:30 horas, na Asociación Cultural Agromadas (Rúa Abelardo Arce nº 25, Seixalbo, Ourense), preséntase a obra Philogelos (O amante da risa), de Hierocles e Philagrios, a compilación de chistes máis antiga traducida do grego ao galego por Margarita Seara e Óscar Soto, e publicada por Rinoceronte. No acto participan tradutor e tradutora, así como o director da editora, Moisés Barcia e do coordinador da Colección Vétera, Raúl Gómez Pato. Haberá música grega e petiscos.

Ourense: Ciclo de Literatura Infantil. Música e Poesía dende a primeira infancia, con Antonio García Teijeiro

Abannerciclolix AELG colabora co Ciclo de Literatura Infantil. Música e Poesía dende a primeira infancia ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Todas as sesións comezan ás 17:00 horas na Sala multiusos Emilia Pardo Bazán do Edificio Facultades do Campus As Lagoas (Ourense). A inscrición é gratuíta. Para obter diploma de asistencia pódese contactar neste correo: imocino@uvigo.es

O Ciclo, coordinado por Isabel Mociño e Susa Herrera (Facultade de Ciencias de Educación, Campus de Ourense – Universidade de Vigo), continúa co seguinte relatorio, que desenvolverá a temática que se detalla a continuación:

11 outubro | Antonio García Teijeiro | A poesía e a música nas aulas: unha necesidade e un reto
Creación poética de autor: a importancia da poesía nas aulas.

Obxectivos:
– Continuar co Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil iniciado en outubro de 2015 na Facultade de Ciencias da Educación (Ourense), que tivo unha media de asistencia a cada sesión de 100 persoas.
– Dar a coñecer estratexias, recursos e ferramentas para achegar a poesía e a música á infancia e adolescencia.
– Divulgar experiencias e producións de Literatura Infantil e Xuvenil galega da man das propias creadoras (autoras, ilustradoras), aspecto fundamental entre futuro profesorado da Educación Infantil e Primaria.
– Reforzar as carencias dos currículos académicos en materias específicas para o traballo coa poesía e a música na etapa da Educación Infantil e Primaria.
– Desenvolver coloquios/conversas coas creadoras participantes (autoras textuais, da ilustración, da música que acompaña os libros infantís…) para contrastar as liñas de creación das persoas participantes coa percepción que se ten da súa producción.
– Tomar conciencia entre o alumnado, mediadores e público en xeral da importancia de coñecer a literatura para os máis novos/as, saber recomendar as obras de calidade e sobre todo aquelas que promovan valores en positivo, entre eles a educación estética e musical.
– Visibilizar a poesía e a música para a infancia e adolescencia, incidindo en criterios de selección coherentes e acordes ao coñecemento da evolución histórica destas producións.
– Valorar o papel do profesorado e a escola como axentes dinamizadores, programadores e normalizadores culturais.

Ciclo de música e poesía foto

A Coruña: presentación de Nunca paraíso. Teatro breve (1973-2015), de Manuel Lourenzo

O Manuel Lourenzo AELGxoves 13 de outubro, ás 19:00 h., na FNAC da Coruña (Praza de Lugo, s/n), terá lugar a presentación do libro Nunca paraíso. Teatro breve (1973-2015), de Manuel Lourenzo, publicado por Xerais. No acto participan, xunto ao autor, Xabier P. DoCampo e Manuel Bragado. Ao remate, Elsinor Teatro interpretará as pezas dramáticas do autor “Antes da función” e “Zanzíbar”