A Coruña: Xurxo Souto no programa Recendo, en CUAC FM

O Xurxo Soutomartes 27 de xaneiro, no programa de radio Recendo da A. C. Alexandre Bóveda, transmitido en CUAC FM, estará como convidado Xurxo Souto, quen falará sobre o seu libro Contos do mar de Irlanda, entre outros apartados, dos que destacamos a sección de Literatura, a cargo de Miguel Mato. O programa, que se emite todos os martes de 19:00 a 20:00 horas, pódese escoitar no 103.4 FM na comarca da Coruña, e en directo en internet, na web da emisora, pulsando o botón En directo. En diferido, pódense escoitar todos os programas xa emitidos, en Recendo blog.

Vilaboa (Culleredo): tertulia sobre Rutis nos séculos XVII e XVIII, con Carlos Pereira

O Carlos Pereiramércores 28 de xaneiro, ás 11:30 horas, na Biblioteca Xosé Cardeso Liñares de Vilaboa (Culleredo), terá lugar unha tertulia de historia a cargo de Carlos Pereira Martínez, baixo o título de Rutis nos séculos XVII e XVIII segundo os libros parroquiais. A entrada será libre para o público interesado.

Oiartzun: programa da homenaxe a Concha Murguía Egaña

Xoves, Xosé Estévezquinta feira, 29 de xaneiro, ás 19:00 horas, na Areto Nagusia do Concello de Oiartzun:
– Proxección do documental de Juanba Berasategi: Galizarrak Euskal Herrian.
– Presentación e debate posterior a cargo do historiador Xosé Estévez.

Venres, sexta feira, 30 de xaneiro, ás 20:30 horas, na Areto Nagusia do Concello de Oiartzun:
– Presentación do disco Galiza a cargo do seu autor: Kepa Junkera. Acompañarano no acto os gaiteiros Manu Gómez e Dani Lumbreras.
– A entrada é libre, mais a capacidade restrinxida.

Sábado, 31 de xaneiro, ás 12:00 horas, na Casa de Cultura e Biblioteca:
– Homenaxe floral a Concha Murguía, con intervencións verbais de Asier Legorburu, concelleiro de cultura, e Xosé Estévez, historiador, e con actuacións do Talde “Lartaun” de Txisularis, de Oiartzun, e o grupo de gaiteiros “Trisquele”, da Casa de Galicia de Donostia.
– Ao remate do acto os presentes serán agasallados con un lixeiro e gorenteiro refrixerio.

Organizan: Concello de Oiartzun e Fato Cultural Daniel Castelao de Pasaia.

Carlos Callón: “O activista que loita coas palabras”

EntrevistaCarlos Callón a Carlos Callón en La Voz de Galicia:
“(…) Para tratar de orientar ou axudar a aquelas persoas interesadas en vivir en galego, Carlos Callón publicou tres ensaios sobre o idioma: En castellano no hay problema; Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, e Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez. O ribeirense refírese a este último coma o seu pequeno best seller e razón non lle falta. Tal é a demanda que rexistra esta obra que está a piques de saír a quinta edición.
A maiores, Callón ten outros tres libros publicados: Unha historia que nos pertence, que é un ensaio sobre a figura do poeta Lorenzo Varela; Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media, obra que conta cos premios Vicente Risco e Fervenzas Literarias; e Atravesar o fantasma, unha compilación de poemas que veu a luz a finais do ano pasado e da que se está a preparar unha exposición para o seu lanzamento.
Nesta batalla, na literaria, é na que o ribeirense quere seguir lidando a partir de agora: «Quero dedicarlle tempo a proxectos que levan moito tempo aparcados». Seguirá, como non, defendendo o idioma e a cultura de Galicia, aínda que descarta facelo desde un escano que non sexa o que emprega para escribir.”

ProLingua: “O desleixo lingüístico do Concello de Bueu”

ProLingua,bueu_2 plataforma a prol da defensa e promoción da lingua, presentou esta semana un escrito no rexistro do Concello de Bueu onde se pide que se corrixan erros graves de lingua na sinalización. Son múltiples as queixas recibidas por este desleixo e o concello ten que ser consciente que non só hai que empregar o galego, senón empregalo ben.
Aquí está o texto completo e no axunto unha mostra do que se denuncia”

Eli Ríos gaña o XII Premio Pura e Dora Vázquez de Narración coa obra Bicha

DesdeEli Ríos a Deputación de Ourense:
“A escritora coruñesa Eli Ríos (Londres, 1967) coa obra Bicha (presentada baixo o lema “Pumuqui”), foi a gañadora da XII edición do Premio Pura e Dora Vázquez de Narración, dotado con 1.500 euros, que convoca a Deputación de Ourense. O xurado deu a coñecer o fallo esta mañá trala reunión mantida no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense, destacando da obra premiada “o atractivo dos seus personaxes para o lector e a importancia que o relato da a amizade entre nenos e animais, ademais de axeitarse perfectamente para ser ilustrada dentro do espírito do premio”. De todos os textos presentados ao premio, o xurado destaca a gran calidade literaria e salienta a dificultade que isto supuxo na elección. A gañadora foi seleccionada de entre dúas obras que competiron ata o final, sendo elixida finalmente Bicha por maioría.
Segundo as normas do premio, a obra gañadora será enviada aos interesados en participar no XII Premio Pura e Dora Vázquez de Ilustración, para o cal a Deputación de Ourense abre a convocatoria para este certame dende hoxe. A esta modalidade de ilustración poderán concorrer os ilustradores que presenten os seus traballos, inéditos e orixinais que se axusten ás bases do premio e que tomen como base o texto premiado de Eli Ríos. Nesta modalidade establécese un premio de 1.500 euros, e os traballos terán que estar presentados antes do 30 de marzo de 2015.
O xurado do XII Premio Pura e Dora Vázquez de Narración estivo presidido por Avelino García Ferradal, deputado de Cultura da Deputación de Ourense, e integrado como vogais por José Manuel Fernández López, María Rosa González Méndez, Francis Stella Estrada Mosquera e Xosé Manuel Cid Fernández, actuando como secretaria Ana María Malingre Rodríguez. (…)”

Viveiro: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, e Transfusión oceánica, de Xosé Iglesias

O10919005_910601595647100_4814104450572047118_n sábado 24 de xaneiro, ás 18:00 horas, na Libraría Porta da Vila de Viveiro (Rúa Pastor Díaz, 29), preséntanse Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado en Xerais, e Transfusión oceánica, de Xosé Iglesias, editado pola A. C. Caldeirón. No acto, organizado polo Seminario de Estudos Terra de Viveiro, participan, xunto aos autores, Carlos Nuevo Cal e José Pino González.