Compostela: presentación de LP, de Lois Pérez
Compostela: XI Curso de Formación Continua: Movementos migratorios na Literatura Infantil e Xuvenil. Visións do feminino, do 1 ao 4 de xullo
O presente curso ten como finalidade formar e informar sobre a evolución das Literaturas Infantís e Xuvenís do marco ibérico e iberoamericano. Esta formación está xeralmente excluída, ou pouco ofertada, nos planos de estudo de licenciaturas, diplomaturas e graos, malia a súa transcendencia en ámbitos básicos como a formación e comprensión lectora e escrita. Analízanse estas literaturas desde un enfoque comparativo para dar a coñecer que axentes literarios se presentan máis débiles en cada ámbito lingüístico, as narracións visuais a partir da ilustración que axuda ou complementa a narración textual e a súa influencia na innovación educativa, tendo en conta sempre as visións do feminino para contribuír á non discriminación por cuestións de xénero. O tema específico a tratar é Movementos migratorios na Literatura Infantil e Xuvenil. Visións do feminino.
A AELG colabora neste curso, mediante o patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, coa Universidade de Santiago neste curso.
– Carga lectiva: 30 horas recoñecidas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria como formación permanente do profesorado.
– Datas de realización: Do 1 ao 4 de xullo de 2014.
– Lugar:
– Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Rúa San Roque, 2, Santiago de Compostela). Día 1 de xullo.
– Biblioteca Novacaixagalicia (Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16, Santiago de Compostela). Días 2, 3 e 4 de xullo.
– Requisitos de acceso: Mestres e profesorado de secundaria e bacharelato. Calquera interesado/a no tema.
– Matrícula: Ata o 30 de xuño de 2014. Descargue aquí a folla de inscrición.
– Formalización da inscrición:
– Por correo electrónico: enviar xustificante de pagamento e folla de inscrición ao enderezo: icesecretaria@usc.es
– Por correo postal: Instituto de Ciencias da Educación. Avda. das Ciencias,s/n. Chalé nº 3 Campus Vida. 15782 – Santiago de Compostela
– Prezo: 50 €
– Nº de conta para efectuar o ingreso: BANCO SANTANDER CENTRAL HISPANO, C/C da USC nº: 0049.2584.90.2214002210. Concepto: XI Curso de Formación Movementos migratorios na Literatura Infantil e Xuvenil. Visións do feminino.
– Prazos de pagamento de matrícula: Un único prazo.
– Número de prazas: 150.
Martes 1 de xullo
Lugar: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Rúa San Roque, 2, Santiago de Compostela).
– 9:30-10:30 h. Recollida do material.
– 10:30-11:00 h. Inauguración: Representante da Xunta de Galicia e do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Directora do ICE. Directora do curso e Director da Biblioteca Novacaixagalicia.
– 11:00-12:30 h. Os movementos migratorios na LIX do ámbito castelán. Visións do feminino. Jesús Díaz (ULL. España).
Os movementos migratorios na LIX do ámbito catalán. Visións do feminino. Caterina Valriu (UIB. España).
Os movementos migratorios na LIX do ámbito vasco. Visións do feminino. Mari Jose Olaziregi (UPV. España).
– 12:30-13:00 h. Pausa.
– 13:00-14:00 h. Os movementos migratorios na LIX do ámbito portugués. Visións do feminino. Sara Reis (UMinho. Portugal).
Os movementos migratorios na LIX do ámbito galego. Visións do feminino. Mar Fernández (ICE.USC.CRPIH. España).
– 16:00-17:00 h. Os movementos migratorios na LIX en Brasil. Visións do feminino. Alice Áurea Penteado Martha e Vera Teixeira de Aguiar (PUC. Rio Grande do Sul. Brasil).
Os movementos migratorios na LIX en México. Visións do feminino. Laura Guerrero (UIA.MX.México) e Marta Neira (ICE.USC.EU-CEU-UVigo.CRPIH. España).
– 17:00-18:00 h. Encontro cos escritores Alfredo Gómez Cerdá e Antonio García Teijeiro. Blanca-Ana Roig (ICE.USC.CRPIH. España).
– 18:00-18:30 h. Pausa.
– 18:30-19:30 h. Encontro co escritor António Mota. Sara Reis (UMinho. Portugal).
– 19:30-20:30 h. Presentación do libro Inmigración/Emigración na Literatura Infantil e Xuvenil. Interveñen: Representantes institucionais, Karina Oliveira (Brasil), Manuel Bragado e Blanca-Ana Roig.
Mércores 2 de xullo
Lugar: Biblioteca Novacaixagalicia (Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16, Santiago de Compostela).
– 9:30-10:30 h. Inmigración/emigración a partir das manifestacións artísticas. Visións do feminino. María Jesús Agra e Carmen Franco (USC. España).
– 10:30-11:30 h. Encontro cos escritores galegos Concha Blanco e Rafael Lema. Carmen Ferreira Boo (ICE. USC.EU-CEU.UVigo.CRPIH. España).
– 11:30-12:00 h. Pausa.
– 12:00-14:00 h. Encontro co escritor galego Fran Alonso. Berta Dávila (ICE.USC.CRPIH. España).
– 16:00-18:00 h. Movementos migratorios: unha proposta de traballo nas aulas de primaria e secundaria. Berta Dávila e Eulalia Agrelo (ICE.USC.CRPIH. España).
– 18:00-18:30 h. Pausa.
– 18:30-20:00 h. Taller de creación literaria. Francisco Castro (AELG).
Xoves 3 de xullo
– 10:00-11:30 h. Taller de ilustración de Inés Fernández Mallada. Presenta José María Mesías (UdC. España).
– 11:30-12:00 h. Pausa.
– 12:00-14:00 h. A Literatura infanto-juvenil no Plano Nacional de Leitura em Portugal. Fernando Fraga de Azevedo (UMinho. Portugal).
– 16:30-18:30 h. Innovación educativa a partir da Literatura Infantil e Xuvenil. Unha proposta. Ana María Porto e María Josefa Mosteiro (ICE. USC. España).
– 18:30-19:00 h. Pausa.
– 19:00-20:30 h. Innovación educativa e narrativa visual. Inés Sánchez Díaz-Marta e Iria Méndez Neira (USC. España).
Venres 4 de xullo
– 10:30-12:00 h. Como contar un conto? Celso Fernández Sanmartín.
– 12:00-12:30 h. Pausa.
– 12:30-13:30 h. Clausura: Reitor ou representante do Reitor. Representante da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Directora do ICE. Representante da AELG. Directora do curso.
– 13:30-14:30 h. Avaliación e entrega de certificacións.
Información:
– Universidade de Santiago de Compostela. Instituto de Ciencias da Educación (ICE). Telf. 881814470/881814475/881814478; icesecretaria@usc.es, blanca.roig@usc.es
– Universidade de Vigo/Universidade de Santiago de Compostela. Marta Neira Rodríguez; marta.neirarodriguez@ceu.es, marta.neira@usc.es
– Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG); oficina@aelg.org
– Biblioteca Novacaixagalicia. Telf. 981 59 34 67; bibliofundacion@caixagalicia.es
Colaboran
– Biblioteca Novacaixagalicia.
– Rede Temática “As Literaturas Infantís e Xuvenís do Marco Ibérico e Iberoamericano” (LIXMI).
– Centro de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes (CIPPCE) – USC.
– Asociacións: ANILIJ-ELOS; ELOS-GALICIA; Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC.
Insula europea publica un balance da narrativa galega do 2013
A web italiana Insula europea, que publica información, entrevistas, investigación e recensións relacionadas coas diferentes literaturas de Europa, entre elas a galega, acaba de dar a coñecer un balance da produción narrativa galega do ano pasado escrito pola crítica literaria Inma Otero Varela. Con este texto, que se pode ler en italiano e galego a través da seguinte ligazón, preténdese inaugurar un novo espazo que recolla un resumo anual de diferentes sistemas literarios, nunha iniciativa coordinada polo profesor da Universidade de Perugia, Carlo Pulsoni. A versión galega pode consultarse aquí.
Lalín: presentación de Penúltimas tendencias, de Carlos Negro
O xoves 8 de maio, ás 20:00 horas, na Libraría Vagalume (Rúa D, 20) de Lalín, preséntase Penúltimas tendencias, de Carlos Negro, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Gracia Santorum e Fran Alonso.
Compostela: presentación de Remontar o río, de Helena Villar
Pontevedra: actividades do xoves 8 na Feira do Libro
O xoves 8 de maio continúa a Feira do Libro de Pontevedra (no Paseo de Odriozola, de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), co seguinte acto literario destacado:
– 20:00 h. Presentación do libro O sangue dos camiños, de Ramón Caride, publicado por Xerais. Xunto co autor, participará no acto Xesús Constela.
Compostela: presentación de Politicamente incorreta, de Teresa Moure
A quinta feira, 8 de maio, ás 19:30 horas, na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago (Praza de Mazarelos, s/n), preséntase Politicamente incorreta. Ensaios para um tempo de pressas, de Teresa Moure, publicado en Através Editora. No acto, xunto á autora, participa Beatriz Suárez Briones.
Tui: A cidade con ollos de poeta
Micropremios de relato e ilustración, na revista Búsola
“Micropremios son un pack de dous concursos de baixa dotación que ten como finalidade a busca de novos talentos para integrar contidos na nova temporada da revista Búsola.
As bases son moi sinxelas:
– Na modalidade de relato enviarase unha historia que teña título e que poida ser inserida no xénero fantástico, entendido como argumento cun tempo na trama de insólito, marabilloso aínda que na resolución que debe ser autoconclusiva teña un explicación final lóxica ou racional. Por tanto comprende ciencia ficción, terror, espada e bruxería, en definitiva relatos que teñan elementos no seu corpo de maxia, sobrenatural, irreal.
Extensión 4 páxinas como mínimo 10 como máximo, escrita en Times New Roman, 12, interlineado 1,5 en arquivo doc ou compatible.
Participantes, galegos ou residentes en Galicia, maiores de 18 anos e menores de 30 anos.
Prazo, dende esta publicación ata o 31 de maio as 23:00.
Texto escrito en galego e enviado xunto con folla de datos persoais e fotocopia de DNI, enviado a susorubio@gmail.com
A dotación correspondente son 80 €, a mesma cifra que cobrarán todos os autores/as na nova Búsola na primeira colaboración, ademais da publicación da obra na revista física.
– Na modalidade de ilustración, o tema será elaborar un cartel de cine que verse sobre películas, reais ou inventadas que se insiran no xénero fantástico arriba explicado.
O tamaño da obra será A4 ou A3, tanto vertical como horizontal en formato jpeg ou tiff a 300 ppp que non sexa superior no seu tamaño a 5 MB.
Igualmente rexe a mesma condición arriba explicada en prazo, requisitos de participante, envio ao mesmo e-mail, unha ilustración como mínimo 3 como máximo.
O mesmo no aplicable a dotación 80 € e publicación na revista física de Búsola correspondente a 2014. Os textos na ilustración (de habelos) serán en galego.
As obras das dúas modalidades deber ser inéditas, non publicadas nin en papel, nin dixitalmente.
O fallo será publicado na web de Búsola e fallado polo Consello de Redacción da Revista.